"BAL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1242.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deporte de oposición que se disputa entre dous equipos de sete xogadores que teñen como obxectivo introducir un balón no interior dunha portería defendida polo equipo contrario. O terreo de xogo é un rectángulo de 40 m de longo por 20 m de ancho. No centro dos lados máis curtos sitúanse as porterías, de 3 m de ancho por 2 m de alto. A unha distancia de 6 m da portería trázase unha liña que delimita a superficie da área de portería, espazo que só está autorizado a ocupar o xogador que actúa como porteiro. Os xogadores poden tocar o balón con calquera parte do corpo agás cos pés ou coas pernas por debaixo dos xeonllos; só o porteiro, no interior da súa área de portería, pode tocar o balón cos pés en accións defensivas. Permíteselles aos xogadores camiñar co balón agarrado un máximo de tres pasos e mantelo no seu poder un máximo de tres segundos; despois deberán botar o balón, pasalo ou lanzalo á portería. As dimensións do balón oscilan entre os 54-56 cm de circunferencia para as mulleres...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que apareceu en Lugo en 1985 e que editou dous números. Estivo sen saír durante máis dun ano para reaparecer en decembro de 1986. Subtitulada “Órgano informativo de la Federación Gallega de Balonmano”, foi dirixida por Xosé Luís Otero Feijoo. O sumario contiña seccións como “Escuela Territorial de entrenadores” e “Objetivo 92”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que lle gustan moito as balocas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de conidios e hifas de fungos que se desenvolven sobre materia orgánica e teñen aparencia de peluxe. SIN: mofo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Criar ou cubrirse de balor algo, xeralmente un alimento. SIN: amofarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está cuberto de balor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estruga molar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bala de pequeno calibre -inferior a 5 mm- empregada nas armas de aire comprimido.

    2. Bóla feita de estopa ou papel coa que enredan os rapaces, disparándoa por un canto de cana ou polo oco dunha póla de sabugueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘pataca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpear cunha estaca.

    2. Golpear as ondas do mar contra as rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Xordania (1.100 km2; 301.300 h [estim 1996]). A súa capital é Salt.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cavidade no chan que se enche de auga, natural ou artificialmente. SIN: poza.

    2. Dorna grande para fermentar as uvas e facer viño. SIN: balseiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma feita de táboas e pólas atadas con cordas que se utiliza para transportar mercancías ou persoas, xeralmente nos ríos e lagos.

    2. Árbore duns 20 m de altura, de follas palmeadas e flores brancas e pilosas, que vive nas selvas chuviosas de América, dende o sur de México ata o norte de Perú. Aínda que existen plantacións (Costa Rica), a maior parte da madeira procede de árbores salvaxes.

    3. Madeira da árbore do mesmo nome, branca, moi lixeira (peso específico 0,21-0,25) a causa do aire que enche os seus abundantes poros, e notablemente resistente. Pola súa flotabilidade foi empregada dende a Antigüidade na construción de embarcacións, boias, salvavidas, etc. Tamén se utiliza en maquetería e aeromodelismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do Anllóns. Nace na parroquia de Seavia, concello de Coristanco, da confluencia dos regos de Seavia e Segufe. Percorre as parroquias de Seavia e Oca no concello de Coristanco, levando unha dirección N-S. Desemboca no lugar do Muíño de Cepeira, onde o Anllóns fai a fronteira de Oca coa parroquia de Sísamo, concello de Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica que remite á voz balsa de orixe prerromana e que, neste caso, tería o significado de ‘lugar enchoupado de auga’. Documéntase xa no s XIII: “Iohannem Arie de Balsa” (doc ano 1220 en E. Rivas Quintas Onomástica persoal do noroeste hispano, 1991, p 523).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e crítico de arte. Na súa xuventude participou en varias exposicións pitóricas, pero despois decantouse pola crítica de arte e a tradución. É autor, entre outros, dos cadros: Retrato de Emilia Pardo Bazán, Devotos de Santa María de Arcos e Un rato de conversación, este último presentouno na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887. Colaborou na Ilustración Española y Americana e en Blanco y Negro. Así mesmo, publicou Artistas y críticos españoles: siluetas de pintores, escultores, críticos (1891), Orfebrería gallega: notas para su historia (1912) e Pisa: su influencia en el Renacimiento italiano (1913). Fixo a tradución ao castelán das novelas de Emilio Salgari (Sandokán ou La mujer del pirata) e a antoloxía de prosistas e poetas Noruega literaria de Jacques Coussange (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Triacastela baixo a advocación de san Breixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Muras baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO