"BOL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 626.

    1. Sacar da bolsa ou do bolso.

    2. Pagar ou subministrar alguén unha cantidade de diñeiro do seu peto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de desembolsar.

    2. Cantidade desembolsada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao diabo.

    2. Que actúa con instinto perverso.

    3. Que presenta gran complicación ou dificultade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoguete formado por un carrete, normalmente de madeira, que se fai rodar, se lanza ao aire e se recolle cunha corda, unida polos seus extremos a dous paos que se manexan coas mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación na Idade Media do triton, intervalo que contraviña as regras da melodía e mais da harmonía da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Atleta que lanza discos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escultura clásica grega realizada por Mirón no s V a C en bronce. Representa o atleta no momento de iniciar o lanzamento do disco despois de abalalo cara a atrás. Coñécese polas copias romanas feitas en mármore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que foi coñecida Ana de Mendoza de la Cerda y Silva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título co que foi coñecido Ruy Gómez de Silva y Teles de Meneses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poñer bólas na extremidade dalgunha cousa que remate en punta para evitar que pique.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Intervención cirúrxica consistente na extracción do émbolo ou coágulo que obstrúe a luz vascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obstrución brusca dun vaso sanguíneo arterial, venoso ou capilar, por un émbolo que circula pola corrente sanguínea, que, ao ter maior tamaño ca o vaso, impide que o sangue circule polo mesmo. Isto provoca que a zona próxima ao vaso afectado quede sen fluxo sanguíneo e sen osíxeno, feito que ocasiona danos nos tecidos. Dependendo de onde teña lugar a oclusión, os cadros varían e tamén as manifestacións clínicas. Cando o émbolo se para nunha arteriola, a miúdo a circulación colateral restablece o fluxo sanguíneo; se a arteria obstruída é dun calibre importante ou a rexión irrigada efectúa funcións esenciais, o trastorno pode ser mortal. A embolia cerebral prodúcese por unha obstrución dunha arteria do cerebro, que causa un abrandamento da parte irrigada pola mesma e produce unha perda das funcións nerviosas centrais da zona; a embolia pulmonar prodúcese pola obstrución dunha ou máis arterias pulmonares, principais ou periféricas, e ocasiona o infarto pulmonar. O émbolo pode ser de natureza...

    2. Tipo de gastrulación que presentan os ovos con segmentación total e igual. Prodúcese unha invaxinación que transforma a mórula en gástrula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ano lunar do calendario xudeu composto por trece meses lunares, en lugar dos doce ordinarios. Engádeselle un mes suplementario de trinta días co obxectivo de restablecer a concordancia entre os anos lunares e os solares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adición dun certo número de días á duración dun ano para que coincida o desenvolvemento dos anos lunares cos solares.

    2. Ampliación dun texto por medio dunha frase ou dun parágrafo engadidos, xeralmente, ao final. É un exemplo típico a oración que, na liturxia, segue ao Noso Pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Peza de certas máquinas, de forma cilíndrica, que se pode accionar cun movemento alternativo no interior dun cilindro. O émbolo vai unido a unha barra ou a un mecanismo de biela-manivela, que se move solidariamente con este e que serve para transmitir o movemento. Nas máquinas motrices (motor de combustión interna, máquina de vapor, etc), a forza que lle comunica o movemento ao émbolo está producida pola presión dun fluído. Nas máquinas de impulsión (bomba hidráulica), o émbolo serve para transmitir a un fluído a enerxía producida por unha máquina motriz. Os émbolos tamén se utilizan nos dispositivos que transforman a presión existente nun circuíto pneumático ou hidráulico nunha forza mecánica. O émbolo pode ser de efecto simple, cando o traballo se fai por unha soa cara, ou de efecto dobre, cando se fai sobre as dúas.

      2. émbolo rotativo

        Órgano do motor rotativo ou motor Wankel formado por tres lóbulos, que xira con movemento planetario, impulsado pola forza de expansión do combustible en ignición.

    1. Corpo de orixe xeralmente orgánica que pode ser arrastrado pola corrente sanguínea a través das arterias e das veas. A natureza do émbolo varía considerablemente; pode ser de fibrina, materiais ateromatosos, graxa, pus, bacterias, células tumorais, líquido ámnico e incluso aire.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gardar algo en bolsas.

    2. Gañar ou percibir unha cantidade de diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de embolsar.

    2. Cantidade embolsada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encebolar.

    2. Aplícase ao guiso de calquera vianda que se prepara con moita cebola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Guisar a carne ou outra vianda, xeralmente cortada en anacos e mesturada con abundante cebola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma contracta do cuantificador entrambos(as) + a segunda forma do artigo determinado los, las.

    VER O DETALLE DO TERMO