émbolo
(< lat embŏlu < gr ἕμβολος)
-
[TECNOL]
-
s
m
Peza de certas máquinas, de forma cilíndrica, que se pode accionar cun movemento alternativo no interior dun cilindro. O émbolo vai unido a unha barra ou a un mecanismo de biela-manivela, que se move solidariamente con este e que serve para transmitir o movemento. Nas máquinas motrices (motor de combustión interna, máquina de vapor, etc), a forza que lle comunica o movemento ao émbolo está producida pola presión dun fluído. Nas máquinas de impulsión (bomba hidráulica), o émbolo serve para transmitir a un fluído a enerxía producida por unha máquina motriz. Os émbolos tamén se utilizan nos dispositivos que transforman a presión existente nun circuíto pneumático ou hidráulico nunha forza mecánica. O émbolo pode ser de efecto simple, cando o traballo se fai por unha soa cara, ou de efecto dobre, cando se fai sobre as dúas.
-
émbolo rotativo
Órgano do motor rotativo ou motor Wankel formado por tres lóbulos, que xira con movemento planetario, impulsado pola forza de expansión do combustible en ignición.
-
s
m
-
s
m
[PAT]
Corpo de orixe xeralmente orgánica que pode ser arrastrado pola corrente sanguínea a través das arterias e das veas. A natureza do émbolo varía considerablemente; pode ser de fibrina, materiais ateromatosos, graxa, pus, bacterias, células tumorais, líquido ámnico e incluso aire.