"Icía" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 672.

  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis e tamén do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘nugalla’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘nugalla’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Corrientes a partir do 1 de decembro de 1926. Subtitulada “Folla Galeguista”, estivo promovida pola sociedade do mesmo nome e dirixida por Valvanera I. de Malvárez. De periodicidade quincenal, quixo aglutinar aos galegos da provincia de Corrientes e dos territorios do norte arxentino. Incluíu información sobre a asociación e os seus propósitos, animando a integrarse nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista. Discípula de Frank Marshall, a partir de 1940 iniciou unha brillante carreira como concertista internacional. En 1956 fundou un dúo co violoncelista Gaspar Cassadó, e dirixiu a Academia Marshall desde 1959. Recibiu numerosas distincións, das que destacan os Premios Nacionais de Música da Generalitat (1985 e 1991), o premio Grammy para o rexistro dos Cuadernos de Iberia de Albéniz (1989) e o Premio Príncipe de Asturias das Bellas Artes (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación ou estado de ánimo de agrado e felicidade producida por algún acontecemento favorable.

    2. Aquilo que provoca este sentimento ou estado de ánimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome latino Laetitia (‘ledicia’). Presenta a variante Leticia. Era un nome augural romano, tomado da deusa da fertilidade e da abundancia, Laetitia. Houbo tamén unha santa e virxe Leticia. A súa festividade celébrase o 13 marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Ledicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio concedido pola Xunta de Galicia co que se pretende recoñecer e recompensar os méritos daqueles que pola súa actividade no ámbito das letras e das artes engrandeceron e afirmaron os valores culturais de Galicia. Recibírono Antón Fraguas (1995), Xosé Filgueira Valverde (1996), Domingo García-Sabell (1997), Francisco Fernández del Riego (1998), Luís Tobío (1999), Pura Vázquez (2000), Francisco Xavier Río Barja (2001), Xosé López Calo (2002) e Isaac Díaz Pardo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga rexión do SO de Asia Menor, comprendida entre os golfos de Fethiye e de Antalya. Estivo habitada desde a Antigüidade e as primeiras testemuñas históricas remóntanse á súa conquista polos exércitos de Ciro (546 a C). Unida a Persia, conservou unha certa autonomía ata que foi sometida por Alexandre o Grande. No s III a C organizouse unha confederación licia que seguiu o modelo das confederacións gregas e despois dun breve período de submisión aos rodios, mantivo a súa independencia ata que foi anexionada ao Imperio Romano polo emperador Claudio en 43.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • litotripsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e cantante. Vinculada ao grupo Chévere, realizou espectáculos como Annus Horribilis, Órbita Mutante e Ana Pudor. Tamén traballou co CDG, Pífano Teatro, Moucho Clerk e Teatro do Aquí. Recibiu o Premio Compostela de Interpretación (1995) e o María Casares (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Lugo, Meira, Outeiro de Rei, Pol e Rábade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Sada a partir de xullo de 1985 por Ediciós do Castro, do Grupo Sargadelos. Desde 1994 apareceu baixo o subtítulo “Revista de liberdades, crítica e cultura”. Dirixida por Manuel Rivas, tivo como redactores a Xabier Seoane, Lino Braxe e Antón Baamonde. Entre os seus colaboradores contou con varias xeracións de escritores e ensaístas, como Xavier Alcalá, Vicente Araguas, Xan Bouzada, Bieito Iglesias e Suso de Toro. Tamén destaca a achega de fotógrafos, como Xurxo Lobato, Delmi Álvarez e Vari Caramés, e de ilustradores, como Luís Seoane, Reimundo Patiño e Maside, que lle deron á publicación unha gran calidade artística. Se ben nun principio saíu con carácter trimestral, a partir de 1997 converteuse en anual, aínda que mantivo unha periodicidade irregular. Inclúe artigos literarios e análises moi críticas da actualidade, contribuíndo á renovación da prensa cultural galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña en setembro de 1882. Problablemente tivo unha segunda época entre 1895 e 1913 e, posteriormente, reapareceu en 1900 e cesou en 1942. Estivo dirixida por Augusto Milón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mala intención con que se fai ou di algo.

    2. Actitude da persoa que sospeita ou pensa mal de algo ou alguén.

    3. Picardía ou agudeza para lograr algo.

    4. Falta de inxenuidade de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sospeitar algo.

    2. Perverter a alguén para que obre de maneira incorrecta.

    3. Interpretar de forma negativa algo.

    4. Sospeitar de algo ou alguén.

    5. Perverterse ou cambiar para mal unha persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballo de investigación realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entre 1992 e 1996. Para a súa elaboración realizáronse un total de 38.897 entrevistas entre a poboación residente en Galicia de máis de 16 anos de idade. A enquisa constaba de 148 preguntas, algunha delas con subdivisións internas, polo que se obtiveron un total de 170 variables, como a competencia lingüística do galego, as actitudes e prexuízos lingüísticos ou os datos de identificación persoal do entrevistado. O traballo foi publicado pola Real Academia Galega en tres volumes (1994, 1995 e 1996) e nel recóllense datos significativos da situación sociolingüística de Galicia. En xeral, o estudo amosa que os galegos teñen unhas actitudes positivas cara ao galego, especialmente entre os máis novos e os galegofalantes. O galego é a lingua maioritaria do país, malia observarse unha liña de descenso constante no seu uso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Bueu e Marín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lilian Alicia Marks.

    VER O DETALLE DO TERMO