"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • Éster cíclico formado intramolecularmente a partir dun hidroxiácido. As lactonas atópanse amplamente distribuídas na natureza, especialmente entre os vexetais. As máis frecuentes son as de cinco e seis membros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disacárido natural que por hidrólise dá lugar a D-galactosa e a D-glicosa. Sintetizada nas glándulas mamarias, está presente, como única fonte natural coñecida, no leite dos mamíferos. Cando o leite fermenta pola acción das bacterias, como os lactobacilos, transfórmase en ácido láctico. OBS: Tamén se denomina azucre de leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato óptico que se emprega para determinar a concentración, en graxa, do leite. Un dos máis empregados é o de Fesser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de lactosa na urina. É frecuente durante o embarazo e a lactancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que favorece a segregación láctea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das asteráceas, ao que pertence a leituga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Zume leitoso que se obtén da leituga. Pode presentarse en forma de trozos irregulares de látex desecado, de cor verde a amarela escura. Foi empregado en forma de xarope como hipnótico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disacárido que non é hidrolizado no intestino delgado e chega intacto ao intestino groso, onde é atacado pola flora bacteriana. Pertence á familia dos laxantes osmóticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos opistobranquios, da familia dos litorínidos, que presentan unha cuncha en forma cónica con bandas de cor parda e superficie lisa. Habitan nos mares fríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás lagoas.

    2. Que está provisto de lagoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cavidades dun casetonado.

    2. Cavidade de forma xeométrica coa que se decora un sofito, o intradorso dunha bóveda ou arco, ou a cara inferior do lintel. É consecuencia do cruce das trabes ou molduras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: lacunar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lagos.

    2. Que se atopa nos lagos.

    3. Que habita nos lagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Destinado a Canarias co grao de capitán (1799), foi expulsado do exército e marchou a Francia, onde ingresou no exército napoleónico co que loitou en Alemaña. Destinado a España, desertou e reincorporouse ao exército español. Capitán xeneral de Catalunya (1811-1813), reorganizou o exército trala perda de Tarragona, e emprendeu expedicións no S de Francia. As diverxencias políticas provocaron a súa substitución e destinárono a Galicia (1813-1814). Trala restauración absolutista foi destituído e retirouse a Vinaròs. En 1817 dirixiu unha conxura para proclamar a Constitución en Barcelona que fracasou. Trasladado a Palma de Mallorca, morreu fusilado no castelo de Bellver.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Defecto de dicción que consiste na pronuncia incorrecta do l, transformándoo nun ll ou na pronuncia do r como un l.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación diferencial en derivadas parciais que se expresa pola fórmula Äf=0, onde Ä é o laplaciano. As funcións que son solución da ecuación de Laplace denomínanse funcións harmónicas, e teñen unha especial aplicación na teoría do potencial. No caso de que f sexa unha función da variable complexa z=x+iy, a ecuación de Laplace expresa a condición necesaria e suficiente para que f sexa derivable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Leis que establecen as relacións entre os campos magnéticos e as correntes que circulan por condutores situados baixo a súa influencia. A primeira lei establece que a forza exercida por un campo magnético B sobre un elemento lineal diferencial de d l dun circuíto por onde circula a corrente I, vale d F =Id l Ä B . A segunda lei, formulada tamén por Ampère e derivada da lei de Biot-Savart, establece que a indución magnética d B creada por un elemento d l dun condutor percorrido por unha corrente I está nun punto do espazo situado nunha posición r respecto do elemento,

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: laplaciano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo, matemático e físico, marqués de Laplace. En astronomía destaca por unha teoría sobre a orixe do sistema solar, que se basea na teoría de Kant, e é coñecida como hipótese de Kant-Laplace. Investigou a traxectoria dos planetas e a estabilidade do sistema solar. Desenvolveu o cálculo de probabilidades e unha teoría da capilaridade e formulou dúas leis do electromagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dada unha función real f tal que f(t) = 0 para t<0, función F (s) definida pola expresión F(s) = c∞0 f(t)e-stdt, sendo s un número complexo. Desígnase a miúdo por L(f) ou ben por Lf Permite transformar ecuacións diferenciais en ecuacións alxébricas e emprégase na análise de circuítos eléctricos e de servosistemas.

    VER O DETALLE DO TERMO