"Martin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 595.

  • PERSOEIRO

    Xeógrafo. Profesor titular de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, das súas obras destacan La Transición morfoclimática en la cuenca del Ulla (1982) e La inversión en el sector agropecuario de Galicia: estrutura y objetivos (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, quizais fillo de Martin Perez do Casal e Gracia Fernandez Portugal, mencionados no segundo Livro de Linhagens. Posiblemente foi testemuña en dous documentos localizados en Santarém en 1289 e 1294, e puido participar nas campañas andaluzas. Atribúenselle tres cantigas de amor e tres de amigo; delas, dúas de amor só teñen unha estrofa, polo que deben estar incompletas. Tamén en dúas cantigas de amor, “Que muyto ben fez Deus à mha senhor” e “Ora, senhor, muy [ben] leda ficade” sinala a entrega do corazón do namorado á amada, á que lle pide que corresponda. A terceira cantiga de amor, “Dized’, amigo, se prazer vejades”, reproduce un estraño diálogo entre a amada e o seu namorado, separados por unha longa distancia. En canto ás composicións de amigo, dúas forman unha secuencia, nun ton optimista e de confianza. En “Rogo-te, ay Amor, que queyras migo morar”, a doncela solicítalle ao amor que quede con ela mentres o amigo está en Granada, mentres que en “Muyt’ey, ay...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. Activo no último cuarto do s XIII, nos inicios do reinado de don Denís, pertenceu á familia do arcebispo de Braga Martinho Peres de Oliveira e do bispo de Lamego Martinho Peres de Oliveira. Por outra banda, ao casar con Sancha Anes de Sandin, tiña parentesco tamén co seu irmán e trobador Martin Perez Alvin, e posiblemente sexa o Rui Martinz de Oliveira localizado no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Atribúenselle tres cantigas de amigo e unha de amor; en tres delas, incluíndo a de amor, trata o tópico da morte de amor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Centrou os seus estudos no campo da paleografía e a diplomática. Escribiu El Monasterio cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): estudo histórico (1137-1310) (1989) e A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (Ourense): (1025-1399) (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado en Ortoá (Sarria).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador e administrador. En 1550 chegou a Perú e en 1552 a Chile, onde Rodrigo de Quiroga nomeouo o seu tenente xeneral. Acompañou a este na primeira expedición ás terras de Arauco e na conquista de Chiloé, que chamou Nueva Galicia e onde fundou Santiago de Castro (1567). Foi xustiza maior de Arauca e Tucapel e, en 1577, Quiroga nomeouno gobernador do reino, cargo confirmado polo vicerrei en 1581.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Axente comercial e industrial adegueiro. Formou parte da corporación municipal de Vigo, presidida por Tomás Pérez Llorente (1950). Foi pioneiro na elaboración dun mellor viño do Rosal, ao que se dedicou plenamente desde 1978. Foi presidente de axentes comerciais, colexiado de honra dos aseguradores, membro da Enxebre Orde da Vieira, membro da confraría dos Enófilos da Bairrada-Portugal (1982), confrade de mérito dos Amigos da Cociña Galega (1987) e Gran Adegueiro do País Galego (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e astrónomo británico. Traballou no Cavendish Laboratory de Cambridge e foi profesor na University of Cambridge. Foi membro da Royal Society e do Trinity College. En 1974 recibiu, con A. Hewish, o Premio Nobel de Física pola súa técnica de síntese de abertura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo francés. Coñecido como o filósofo descoñecido, o seu pensamento está asociado á reacción espiritualista que preparou o romanticismo en Francia. Das súas obras destacan Des erreurs et de la verité (1775), L´homme de désir (1790), Lettre à un ami ou Considérations politiques, philosophiques et religieuses sur la Révolution française (1795), Le nouvel homme (1796) e Le ministère de l´homme-esprit (1802).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante. Autodidacta e admirador do debuxante estadounidense Frank Robbins, especializouse en cómic e humor, e foi un dos primeiros creadores en achegar erotismo ás publicacións españolas con rapazas semiespidas. Colaborador con tiras de política de actualidade en El Correo Gallego, Diario de Ferrol, El Ideal Gallego, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños, os seus traballos foron publicados en diversos países, como España, Portugal, México, Colombia, Polonia, Irán, Rusia, Francia, Holanda, EE UU, Austria e Alemaña. Ademais, traduciuse a súa obra ao inglés, portugués, polaco e persa. Parte da súa obra foi recompilada en nove libros publicados. Para a revista de cómics El Globo creou a súa famosa serie “El Edén”, que sobreviviu á censura. Ademais, realizou diversas exposicións individuais e colectivas en diversos países europeos, Rusia e EE UU, dos que cómpre destacar o celebrado na igrexa Marktkirche de Hannover e o do XXVI Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro, informático e matemático. É autor de varias obras, como Vibraciones aleatorias en la Ingeniería Civil (1974), Interdependence among housing, heating and transportation in cities (1979), Cálculo de Estruturas de Puentes de Hormigón (1983), Resistencia de Materiales (1995) e Proceedings de la International Conference on Impact-Contact Problems (1997). Elixido membro estranxeiro da Real Academia de Ciencias da Enxeñaría de Suecia, recibiu a medalla conmemorativa da Presa del Atazar (1972) e o Premio José Torán (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Destacou na composición de música relixiosa, óperas e sonatas a tres. Contribuíu a formar a sinfonía, a partir de obras con tres movementos para corda e algúns instrumentos de vento. O seu irmán Giuseppe Sammartini (Milán 1693?-Londres 1750) foi concertista de óboe e compuxo sonatas para frauta, concertos, concerti grossi e outras pezas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Perú (51.253 km2; 692.408 h [estim 1998]). A súa capital é Moyobamba (31.256 h [1998]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título nobiliario concedido por Fernando VII en 1817, co vizcondado previo de Parada, a Xosé María de Prado e Neira (Lugo 1774-Madrid 1838), rexedor perpetuo da cidade de Lugo e militar destacado na Guerra da Independencia. Sucedérono o seu fillo José María de Prado e Ozores (? 1830-Santiago de Compostela 1849), II marqués de San Martín de Hombreiro, o fillo deste Benito de Prado e Ozores (? 1849-Madrid 1859), III marqués de San Martín de Hombreiro, sucedido pola súa tía María Ramona de Prado e Ozores (Madrid 1836-A Coruña 1897), IV marquesa de San Martín de Hombreiro. Sucedeuna Xaime Ozores de Prado , V marqués de San Martín de Hombreiro (A Coruña 1877-1927), Xurxo Ozores Marquina (A Coruña 1903-? 1998?), VI marqués de San Martín de Hombreiro, e José Antonio Ozores Souto , VII marqués de San Martín de Hombreiro desde 1998. Trae por armas as mesmas ca as dos Prado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao S da capital e regado polo río Jarama (11.635 h [2001]). Na súa economía destaca a agricultura, a gandaría e a industria de materiais da construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pol baixo a advocación de san Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título concedido por Afonso XII en 1884 a María Manuela Vázquez de Quiroga Queipo de Llano e Prado (?-1910), filla dos marqueses de Torre Novaes de Quiroga. O II conde de San Martín de Quiroga foi o seu neto Xosé Quiroga Velarde (Viloira, O Barco de Valdeorras 1873 -? 1935?), deputado polo distrito de Valdeorras (1907-1908) e gobernador civil de Ávila (1908). Os seus sucesores foron Rafael Quiroga de Abarca (Santander 1907 -?), III conde de San Martín de Quiroga, e Rafael Quiroga Seguí , IV conde de San Martín de Quiroga desde 1992. Trae por armas, en campo de goles, cinco paus de prata, recortados e aguzados en punta. No timbre, coroa condal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Fonsagrada baixo a advocación de san Martín.

    VER O DETALLE DO TERMO