"RM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2589.

  • Procedemento empregado para obter uranio, plutonio e torio, consistente en reducir con calcio compostos destes elementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político salvadoreño. Doutorado en Xurisprudencia e Ciencias Sociais pola Universidad de El Salvador fundou, en 1981, o partido Alianza Republicana Nacional (ARENA). Deputado na Asamblea lexislativa en 1985, alcalde da cidade de San Salvador entre 1988 e 1994, chegou á presidencia da República no ano 1994, nas primeiras eleccións libres que se produciron en El Salvador tras doce anos de Guerra Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten a forma dun cáliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (37-41). Fillo de Xermánico e de Agripina a Vella, criouse seguindo ao seu pai polos campamentos militares; neles recibiu o alcume de Calígula, diminutivo do lat calĭga ‘calzado militar que empregaban os soldados romanos’. Sucedeu a Tiberio como emperador coa axuda de Sertorio Macrón. Durante os primeiros meses inaugurou unha política de tolerancia, abolindo a Lex Maiestatis, reducindo o imposto sobre as vendas, devolvendo o poder de elección aos comicios e gobernando de acordo co Senado. Despois, afectado por unha enfermidade, o seu comportamento dexenerou e gobernou despoticamente. Á fronte do exército emprendeu campañas paródicas nas Galias e na Xermania, nomeou cónsul o seu cabalo e cando esgotou o tesouro imperial dedicouse ao asasinato de membros destacados da aristocracia aos que lles requisaba os seus bens. Chegou a proclamarse deus e recibiu culto en vida. Morreu asasinado polo tribuno da cohorte pretoriana Casio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Despois de realizar estudios eclesiásticos, comezou a colaborar en 1887 como xornalista no periódico El Libredón, de Santiago de Compostela. Posteriormente dirixiu El Áncora (1897), de Pontevedra, La Voz de Vigo (1909) e Diario de Orense (1917). Publicou Discursos de don Hermenegildo Calvelo (1885).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Estableceuse en Santiago de Compostela e caracterizouse pola difusión de ideas anti-liberais. Titulado como “impresor del Colegio Mayor de Fonseca”, dos seus obradoiros saíron numerosas publicacións, entre elas, a Memoria de D. Santiago Pastoriza (1827) e un Breve resumen de la vida de S. Luis de Gonzaga (1843).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de campá.

    2. Fenómeno asociado a uns tipos cerámicos incluídos na chamada “cultura do vaso campaniforme” que se difundiu por Europa occidental (Península Ibérica, Francia, Países Baixos e Illas Británicas), central (Bohemia, Polonia, etc) e por varias illas do Mediterráneo e no litoral do N de África (Marrocos, Alxeria) dende mediados do III milenio a C ata comezos do II milenio a C. Dende os primeiros estudios, iniciados por Á. del Castillo, P. Bosch Gimpera e, posteriormente, por E. Sangmeister, entre outros, non hai coincidencia sobre a definición do campaniforme; foi considerado como un fenómeno, unha civilización, un conxunto de varias culturas -ou mesmo como unha única cultura, un pobo- ou, simplemente, como unha moda cerámica. As hipóteses propostas oscilan entre as históricas, que se basean na idea de que o conxunto cerámico é unha produción doméstica que reflicte a unidade dunha poboación determinada, e as socioantropolóxicas, que reducen aos Países Baixos e a Gran Bretaña a existencia dunha...

    3. Tipo de cerámica característico do Calcolítico. A súa forma lembra á dunha campá invertida. A súa decoración é diversa, variando dende a incisa (puntillada) ata estilos mixtos (puntillado-xeométricos), que, no caso da Península Ibérica, deu lugar a dous estilos característicos: Palmela e Ciempozuelos. Respecto á súa orixe, suponse que o vaso campaniforme sería un obxecto de intercambio en determinados grupos sociais polo seu prestixio, unha vez descartada a hipótese que o relacionaba cunha cultura en expansión por Europa. Distínguense un estilo internacional (2300-2100 a C) e diferentes estilos rexionais (2100-1800 a C). En Galicia recuperáronse vasos campaniformes en diferentes xacementos, entre os que destacan o das Pontes de García Rodríguez, Parxubeiras, Tecedeiras ou Maus de Salas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político escocés. Coñecido como sir Henry, foi deputado do partido liberal desde 1868. Como ministro de Guerra (1886 e 1892-1895) opúxose ao enfrontamento cos bóers. Sendo primeiro ministro (1905-1908), liberou as actividades sindicais da acción da xustiza mediante a Trade Disputes Act (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo asinado o 17 de outubro de 1797 entre Francia e Austria na localidade de Campoformio, no Friul, que puxo fin á campaña de Napoleón Bonaparte en Italia. Austria cedeu a Francia os seguintes territorios: Bélxica, un sector das terras alemanas á esquerda do Rin; e ademais permitiu a creación da República Cisalpina (Milanesado). Francia, a cambio, cedía a Austria a marxe esquerda do Àdige, xunto con Venecia, Istria e Dalmacia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enólogo e xornalista. Diplomado en maxisterio, especializouse en temas de gastronomía e consumo. Na prensa escrita traballou no Diario de Pontevedra, El Pueblo Gallego, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego e O Correo Galego. No Faro de Vigo creou o suplemento ConSumo Gusto, pioneiro en información turística, gastronómica e de cultura popular orientada ao consumidor en Galicia. Dirixiu a revista Consumidores e Paradores, la revista del viajero. Creou e dirixiu a revista Andares Gozosos e foi director das publicacións Hostelería Galega & Turismo e Lareira. Correspondente en Galicia da revista Club de Gourmets, foi ademais inspector da guía gastronómica Gourmetour e crítico gastronómico na revista Vino y Gastronomía. Colaborou na Guía de Quesos de España e na Guía de Vinos del Gourmet. Traballou para Radio Pontevedra, foi correspondente en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción histérica que provoca que o paciente flexione, estaticamente, o tronco cara a diante e que non sexa quen de se endereitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten forma de cancro.

    2. Que ten forma de cangrexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Rita Hayworth, a súa carreira, iniciada en 1935, acadou o seu punto culminante con Gilda (1946), ao lado de Glenn Ford. Dende aquela converteuse nun dos mitos eróticos da posguerra. Protagonizou tamén Only Angels Have Wings (Só os anxos teñen ás, 1939), Blood and Sand (Sangue e area, 1941), The Lady from Shanghai (A dama de Xangai, 1947), dirixida por Orson Welles, e Separate tables (Mesas separadas, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo común na polifonía dos ss XIV a XV que designa unha melodía de canto plano ou unha melodía que serve de base a unha composición polifónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten forma de capítulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do froito ou órgano vexetal que se asemella a unha cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baños públicos construídos polo Emperador Caracalla en Roma entre o 206 e o 217, situados ao SL do Aventino. Unha vía porticada monumental permitía o acceso ao edificio, de planta cadrada con bóvedas de grande altura e moi decorado. Situadas na parte central, as termas tiñan as tres estancias características destes establecementos romanos: o frigidarium, o tepidarium e o caldarium. O conxunto completábase cun parque público, bibliotecas, un estadio, cisterna e salas para masaxes e unción de aceites.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás caradriformes.

    2. Ave da orde dos caradriformes.

    3. Orde de aves, ligadas a medios húmidos, da superorde dos neognados á que pertencen as familias dos álcidos, burínidos, carádridos, chionídidos, dromádidos, escolopácidos, esterocoráridos, falarópidos, glareólidos, hematopódidos, láridos, recurvirróstridos, rincópidos, rostratúlidos, tinocóridos e dos xacánidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe feminina infantil protagonista do conto popular do mesmo título. Na versión Le petit chaperon rouge de Perrault, incluída en Contes de ma mère l’Oye (1697), a nena, chamada así pola súa vestimenta, leva nun cestiño agasallos para a avoa; polo camiño atopa o lobo, que a engana co fin de chegar antes á casa da avoa e, así, comelas ás dúas. Na versión dos irmáns Grimm a meniña e a avoa son rescatadas por un cazador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Formou parte da compañía de María Guerrero durante dous anos e tamén das compañías de Catalina Bárcena, Ernesto Vilches e Margarida Xirgu. En 1932 creou o seu propio grupo con Antonio Vico e desde 1968 entrou a formar parte do Teatro Nacional de Barcelona. Entre as súas interpretacións destacan as da alta comedia e as realizadas en Senyora àvia vol marit (1962), de Pous i Pagès e Una altra Fedra, si us plau, de Salvador Espriu (1978). Gañou dúas veces o Premio Nacional de Interpretación (1959 e 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO