"Rab" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 681.

  • PUNTA

    Punta da costa atlántica situada na parroquia de San Mamede de Carnota (Carnota).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e médico francés. Educouse no mosteiro franciscano de Fontenay-le-Comte e cos beneditinos de Maillezais, para abandonar a vida monástica en 1527. Estudou medicina en Montpellier e exerceu en Lyon, onde publicou Horribles et épouvantables faits et prouesses du très renommé Pantagruel (1523). Acompañou ao bispo Jean du Bellay a Italia, e á volta publicou o segundo volume, Vie inestimable du grand Gargantua, père de Pantagruel (1534). Doutorouse en Montpellier (1537) e logo emprendeu unha vida aventureira. A súa obra traduce dun xeito festivo as ideas fundamentais do pensamento humanista, destacando unha condena drástica do ascetismo e da superstición, e un sentimento de confianza na natureza humana e no progreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe que se dá co rabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover o rabo un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que move moito o rabo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao animal que non ten rabo ou que o ten moi pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar algo a rentes da base e por completo.

    2. Cortar o rabo dos animais.

    3. Cortar algo máis do debido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘pene’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título dado aos doutores da lei xudía (s I a C). A partir do s I foi a designación oficial dos doutores en Palestina.

    2. Ministro do culto xudeu e xefe espiritual da comunidade, cun título conferido polas escolas rabínicas. Nos reinos cristiáns da Península Ibérica o cargo, electivo e remunerado, era xeralmente confirmado polo soberano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico polaco. Trasladouse coa súa familia en 1899 a EE UU. Estudou física na Cornell University e doutorouse na Columbia University en 1927, cunha tese sobre as propiedades magnéticas dos cristais, e obtivo a nacionalidade estadounidense. Traballou sobre as propiedades magnéticas e eléctricas do átomo, e ideou o método da resonancia magnética nuclear. En 1944 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa aguda, producida por un virus, que o home contrae xeralmente pola trabada de animais infectados. O prognóstico da enfermidade adoita ser fatal unha vez instaurada, polo que son dunha grande importancia as medidas profilácticas. Os primeiros éxitos en vacinacións antirrábicas débense ao biólogo francés Louis Pasteur.

    2. Sentimento que leva a enfrontarse a algo con máis forza e coraxe.

    3. Estado de excitación nerviosa producida por un acontecemento adverso.

    4. Sentimento de xenreira e antipatía cara a algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de rabiar.

    2. Que está moi enfadado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentir rabia.

    2. Anhelar unha cousa con moita intensidade.

    3. Padecer a enfermidade da rabia.

    4. Ter un sabor moi picante un alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de rabicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite entre as parroquias de Lobeira e Santa Cruz de Grou (Lobeira). O seu cumio acada os 850 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nabo moi pequeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á rabia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro franciscano situado en Palos de la Frontera (Huelva). Construído entre os ss XIV e XV, cobrou importancia polo apoio que prestaron os seus monxes frei Antonio de Marchena e frei Juan Pérez a Cristovo Colón, os cales conseguiron que puidese realizar o seu proxecto de viaxe ás Indias, ao intervir no seu favor diante de Isabel I a Católica. Foi declarado BIC en 1856.

    VER O DETALLE DO TERMO