rabia
rabia
(< lat rabia)
-
s
f
[PAT/VETER]
Enfermidade infecciosa aguda, producida por un virus, que o home contrae xeralmente pola trabada de animais infectados. O prognóstico da enfermidade adoita ser fatal unha vez instaurada, polo que son dunha grande importancia as medidas profilácticas. Os primeiros éxitos en vacinacións antirrábicas débense ao biólogo francés Louis Pasteur.
Sinónimos: hidrofobia. -
s
f
Sentimento que leva a enfrontarse a algo con máis forza e coraxe.
Sinónimos: carraxe. -
s
f
Estado de excitación nerviosa producida por un acontecemento adverso.
Sinónimos: carraxe. -
s
f
Sentimento de xenreira e antipatía cara a algo ou alguén.