"Rin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1743.

  • Fundador do templo de Apolo Esminteo, en Crisa (Misia). Merecedor da cólera divina, Apolo castigouno enviando unha praga de ratos aos seus campos. Pero, unha vez que o deus descendeu a terra, ao ser moi ben acollido por Ordes, pastor de Crinis, acordou levantarlle o castigo e el mesmo matou os ratos coas súas frechas. Ademais, ordenoulle a Crinis que consagrase un santuario a Apolo dos ratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Autólise dos grans de secrección producidos pola célula nunha cantidade superior á habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos crinoideos.

    2. Equinodermo da clase dos crinoideos.

    3. Clase de equinodermos, do subfilum dos pelmatozoos, constituída por animais mariños de simetría radial. Presentan o corpo con forma de disco, do que parten cinco divisións principais que se ramifican en novos brazos e en numerosísimas proliferacións de pequeno tamaño e transversais. O corpo aparece protexido por placas calcarias e pode ser de cor verde, vermella, amarela ou branca. Os brazos teñen un suco lonxitudinal onde se dispoñen os pés ambulacrais, transformados en tentáculos, que transportan o alimento á boca. Tanto a boca coma o ano dispóñense, no centro dos brazos, cara a arriba. Con estes tentáculos e, ás veces, con secreccións mucosas, filtra pequenos animais planctónicos. Fíxanse ao substrato mediante un pedúnculo articulado, unido á parte inferior do disco que pode presentar pequenas prolongacións transversais. Cada animal pertence a un único sexo. As formas larvarias son de vida libre ata que se fixan ao substrato e sofren a metamorfose. Algunhas especies acadan os 30 cm de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido moi estreito, co fío de algodón e trama de crina, que se emprega na fabricación de peneiras ou en xastrería como reforzo, ademais doutros usos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que designa a materia colorante do sangue na medicina clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión alxébrica formada por catro monomios.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Culler pequena, coma as de sobremesa ou as de café, que ten diversos usos.

      2. Cantidade dun líquido ou dun alimento ou condimento que colle nunha culleriña.

    1. Utensilio de pesca deportiva constituído por un anzol de tres puntas e unha pa que atrae os peixes polo súa cor brillante e polo seu movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Substancia aromática extraída das sementes do cumarú de olor semellante ao da vainilla. En estado puro preséntase en forma de cristais incoloros, lixeiramente solubles en auga, que se funden a 69°C. Emprégase como perfume e axente oloroso.

      2. Cada un dos derivados estruturais da cumarina. Están presentes na pel de certos cítricos e nas follas doutros vexetais. Pode localizarse na estrutura de moitos branqueadores ópticos sintéticos.

    1. Substancia anticoagulante derivada do dicumarol. Impide a formación de protrombina no fígado. Por esta acción e pola súa fórmula pódese considerar como a antivitamina K.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político portugués. En 1931, afiliouse ao Partido Comunista Português (PCP) cando era estudante de dereito en Lisboa e, en 1935, foi elixido secretario xeral das xuventudes do partido. Debido ás súas actividades políticas na clandestinidade durante a ditadura de Salazar (en 1936 entrou a formar parte do Comité Central do partido), foi apresado en numerosas ocasións: a primeira entre 1937 e 1938, a segunda en 1940 e a derradeira entre 1949 e 1960, data en que logrou fuxir da prisión para partir cara ao exilio. En 1961 foi elixido secretario xeral do PCP, cargo que permanecía baleiro dende 1942, e o seu mandato renovouse ata 1992. En 1974, tras a Revolução dos Cravos, regresou a Portugal. Entre 1974 e 1975 foi ministro sen carteira e en maio de 1977 abandonou o seu escano no Parlamento. Foi membro do Conselho de Estado dende 1982. As súas intervencións públicas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alcaloide do curare que se emprega en cirurxía como coadxuvante da anestesia xeral e para evitar convulsións en diversas enfermidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa. Entre 1922 e 1939 emigrou a Praga, Berlín e París, por mor da Revolución e da Guerra Civil do seu país. Na súa poesía, clasificada como simbolista, detéctanse influencias da poesía popular e de movementos máis modernos. Publicou, entre outras obras, Večernij al’bom (Álbum de solpor, 1911) e Car-devitsa (A raíña virxe, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos ciprínidos ao que pertence a carpa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras e carpinteiro. Traballou na catedral de Tui nas obras do claustro (1415).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron no s XIX os principados de Moldavia e Valaquia no Congreso de París (1856). Na Conferencia de París (1858), aceptouse o nome de Principados Unidos de Moldavia e Valaquia e, coa subida ao trono dos dous principados de Alexandru Ion Cuza (1859), produciuse a fusión que orixinou a creación do novo estado de Romanía (1861).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. danzador.

    2. Que ou quen se move de forma continuada dun sitio para outro.

    3. Profesional da danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor e xornalista. Emigrou moi novo ao Brasil, onde estudiou e fundou o semanario A Lei (1896). En 1903 regresou e estableceuse na Guarda, onde fundou o semanario Heraldo Guardés (1905), que se converteu no decano da prensa agraria galega e no defensor do redencionismo e a loita contra o caciquismo. A súa defensa das tendencias liberais orixinou numerosos procesos xudiciais por delitos de imprenta. Defendeu a campaña do Directorio Antiforista de Teis e participou habitualmente como orador nos mitins redencionistas. Trala súa morte, como homenaxe e desagravio pola nova orientación do periódico, os seus discípulos editaron o Nuevo Heraldo, semanario republicano independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa e escritora. Comezou a publicar baixo o pseudónimo de Unha muller rusa e foi responsable da saída do prelo do primeiro gran dicionario de ruso. Contribuíu á entronización de Catarina II, foi directora da Academia Rusa de Ciencias (1783) e fundadora da Academia Rusa da Lingua. Colaborou na revista Nevinnoje upražnenije. Tamén escribiu Memoirs of the Princess Dashkow Written by Herself (Memorias da princesa Dashkow escritas por ela mesma, 1840), obra escrita orixinariamente en francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e directora de escena. Desenvolveu unha longa actividade no apartado do teatro para a infancia e a mocidade. En 1970 fundou a compañía La pomme verte, coa que realizou espectáculos como La chasse au Snark (A caza do Snark, 1971) ou La rêve du papillon (O soño da bolboreta, 1976). Desde entón mantivo unha intensa actividade como directora e en 1996 participou no corenta aniversario do Festival de Aviñón. No terreo da pedagoxía teatral, publicou diversos traballos, entre os que destaca o volume L’enfant, le théâtre, l’école (O neno, o teatro, a escola, 1975), escrito en colaboración con Yvette Jenger e Josette Voluzan.

    VER O DETALLE DO TERMO