cumarina

cumarina

(

  1. s f [QUÍM]
    1. Substancia aromática extraída das sementes do cumarú de olor semellante ao da vainilla. En estado puro preséntase en forma de cristais incoloros, lixeiramente solubles en auga, que se funden a 69°C. Emprégase como perfume e axente oloroso.

    2. Cada un dos derivados estruturais da cumarina. Están presentes na pel de certos cítricos e nas follas doutros vexetais. Pode localizarse na estrutura de moitos branqueadores ópticos sintéticos.

  2. s f [MED]

    Substancia anticoagulante derivada do dicumarol. Impide a formación de protrombina no fígado. Por esta acción e pola súa fórmula pódese considerar como a antivitamina K.

Palabras veciñas

cumáceo -a | Cumaná | cumano -na | cumarina | cumarona | cumarú | Cumas