Cumas

Cumas

Cidade antiga da Campania, situada ao O de Nápoles. Os gregos orixinarios de Calcis fundárona entre os anos 750-725 a C e foi unha das colonias gregas máis antigas da Península Itálica. Baixo o goberno do tirano Aristodemo, a comezos do s V a C, acadou a súa maior expansión aínda que foi conquistada polos samnitas (421 a C). Caeu en mans dos romanos no 334 a C e participou nas guerras púnicas; posteriormente quedou eclipsada pola cidade de Nápoles. En 1203 foi destruída polos napolitanos.