cumano -na

cumano -na

(< lat cumanu)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo cumano.

  2. s

    Individuo do pobo cumano

  3. s m pl

    Pobo nómade de orixe turca, coñecidos tamén como kipchaks ou polovtses, orixinario da rexión da conca media do río Obi. A mediados do s XI emigraron cara ao O e chegaron a dominar os territorios situados ao N do Mar Caspio e do Mar Negro dende o 1065. Mantiveron frecuentes enfrontamentos cos eslavos de Kiev durante o s XII e saquearon esta cidade no 1204. Durante eses anos recibiron importantes influencias rusas e estableceron unha alianza con algunhas das familias reais, pero no 1222 foron sometidos polos mongois. Derrotados de novo por unha segunda vaga mongol (1237), os sobreviventes emigraron cara ao O e establecéronse nos territorios das actuais Bulgaria e Hungría, na rexión de Cumania, onde foron cristianizados.

Palabras veciñas

cum laude* | cumáceo -a | Cumaná | cumano -na | cumarina | cumarona | cumarú