"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • Mioma con elementos sarcomatosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dicir misa o sacerdote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Pedras en Lesón (A Pobra do Caramiñal). Data do s XIV e está construída en cantaría e cachotaría con arcos de medio punto. Ten un só van e sitúase no antigo Camiño Real do Caramiñal a Lesón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se comporta como un fibrosarcoma e que ten a estrutura do tecido mucoso. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e xornalista. Director do Instituto Cervantes (2004), licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid e diplomouse en Lingua e Literatura Italiana pola Universidade de Peruggia. Director do Círculo de Bellas Artes (1996-2004) e da revista de poesía La alegría de los naufragios, foi responsable da área de cultura e do suplemento Culturas do xornal Diario 16, e colaborador de Cuadernos para el diálogo, El País, La Vanguardia ou La Voz de Galicia. Da súa extensa obra como poeta destacan Épica: cuadernos de poesía, incompleta (1974), Las ruínas del mundo (1991), Para no ir a parte alguna (1994), Poemas (1995) e Olas en la noche (2001). Como ensaísta publicou Sobre el liberalismo y otros escritos de literatura portuguesa (1990), Sobre la inutilidad de la poesía (1995) e Nostalgia de la nada perdida: ensayo sobre narrativa contemporánea (1996). Tamén realizou traducións ao castelán, como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista inglés. A súa primeira novela foi Think of Tomorrow (1934). Tamén publicou The Cruel Sea (1951), coa que obtivo un notable éxito; The Story of Esther Costello (1953), The Tribe that Lost Its Head (1956) e Running Proud (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e actor cinematográfico portugués. Formouse na London School of Technique (1963) e vinculouse ao Cinema Novo en Portugal. Considerado como un dos directores máis excéntricos e provocadores do cine europeo, da súa filmografía cómpre salientar Quem espera por sapatos de defunto morre descalço (1969), Recordações da casa amarela (1989, Leone d Argento na Mostra de Venecia), A comédia de Deus (1995, premio especial do xurado na Mostra de Venecia), Branca de Neve (2000) e Vai e vem (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica e cantante. De nome María Antonia Abad Fernández, deuse a coñecer durante a segunda metade da década de 1940 en películas como Te quiero para mi (1944) ou Empezó en boda (1944). Posteriormente, rodou algúns filmes en México que lle permitiron dar o salto a Hollywood, onde protagonizou Vera Cruz (1954), Serenade (1956) e Run of the Arrow (1957). De volta a España, participou en El último cuplé (1957), La violetera (1958) ou Varietés (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño de guerra e escritor. Iniciou a carreira náutica aos 13 anos. Participou na loita contra os indíxenas de Mindanao en Filipinas e no combate de Callao en Perú. Foi nomeado secretario de Méndez Núñez e capitán de fragata, xeneral, contraalmirante e comandante en Filipinas durante a Batalla de Cavite (1898). Derrotado, foi suspendido dos seus cargos polo Consejo Supremo de Guerra y Marina de Madrid. Das súas publicacións destacan Manual naútico enciclopédico e León Aldao (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, foi membro fundador do grupo musical Agra. Colaborador de diversos medios de comunicación con estudos filolóxicos e de crítica literaria, das súas obras destacan O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro, a música dos discos compactos O pobo da noite (1998), en colaboración con Manuel Rivas, e Río de son e vento (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso, fillo de Lope de Moscoso Osorio, conde de Altamira e sobriño do duque de Lerma. Como segundo fillo desta familia nobre, nomeárono cardeal en 1615. Foi bispo de Jaén (1619) e arcebispo de Toledo en 1646. En Santiago de Compostela axudou aos dominicanos a reabrir o Estudio Xeral (1665), para o que doou importantes cantidades, que serviron para construír novas dependencias e a fachada pincipal de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero que pertence á familia dos sorícidos, da orde dos insectívoros, de tamaño pequeno que presenta o fociño alongado e en punta, os ollos moi pequenos e as orellas ocultas polo pelo, que é moi brillante. A maioría das especies presentan glándulas de almiscre que lles serven de defensa. Son moi activos e cazan invertebrados e pequenos vertebrados constantemente, non hibernan. A musaraña común (Sorex araneus) e a musaraña miúda (Sorex minutus) habitan por case toda Europa; a musaraña etrusca (Suncus etruscus) é o mamífero máis pequeno de Europa; a musaraña de auga (Neomys fodiens) habita nas beiras das correntes lentas de auga; a musaraña doméstica ou muraño (Crocidura russula) e a musaraña campesiña ou dos xardíns (Crocidura suaveolens) están presentes en Galicia, viven nos bosques, matogueiras e zonas algo urbanizadas, aliméntanse principalmente de insectos e os seus principais depredadores son as rapaces nocturnas e algúns carnívoros.

    2. Mamífero insectívoro de 3,6 a 5,2 cm de lonxitude, cunha cola de aproximadamente 2,5 cm e 3 gramos de peso. É un dos micromamíferos máis pequenos do mundo. Ten o pelame grisáceo e o fociño afiado con grandes bigotes. É moi voraz, polo que come a maior parte do día, aliméntase de insectos, de lombrices e doutros invertebrados, incluso de maior tamaño que ela. Non pode pasar máis de 12 horas de xaxún porque morrería de inanición. Habita en terreos abertos, xardíns, muros de pedra e zonas de cultivo.

    3. Mamífero insectívoro que vive nos xardíns, lindeiros dos bosques ou campos abertos ata os 1.600 m de altitude. É de hábitos nocturnos, aliméntase de insectos, e ten como principais inimigos a curuxa, a avelaiona e a donicela. OBS: Tamén se denomina muraño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo fundado en 1975 e instalado na sancristía e no claustro da colexiata de Santa María a Real de Sar (Santiago de Compostela). Os seus fondos están formados por documentos, restos arquitectónicos, esculturas, ornamentos litúrxicos e pezas de ourivaría. Organízase en diversos espazos expositivos dedicados ás orixes do priorado, á vida parroquial entre os ss XVII e XIX e á Agrupación Folclórica Colexiata do Sar. No claustro consérvanse sartegos e distintas pezas arquitectónicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Sargadelos (Cervo) no lugar onde se mantivo en funcionamento ata 1875 a Real Fábrica de Fundición e Louza. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creado en 1987, conserva os altos fornos, a presa, o pazo, o paseo dos namorados e a casa da administración. Móstranse pezas de cerámica decoradas á man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da antiga fábrica de cerámica. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Babilonia (626-605 a C). Fundou a dinastía caldea. Xefe dos arameos do sur de Mesopotamia, independizouse primeiro de Asiria (626 a C) e despois, aliado cos medos, iniciou en 616 a C unha decidida política antiasiria contra Sir-Šar-Iškun (628-612 a C), que culminou coa toma de Nínive (612).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comisariado do Pobo para os Asuntos Internos, en que se integrou o GPU (1934). Foi dirixido por Genrikh Grigor’evič Jagoda, Nikolaj Ivanovič Ježov e finalmente por Lavrentij Pavlovič Berija. Foi o organismo a través do que se promoveron os procesos de Moscova. En 1943 o NKVD foi dividido e a seguridade do estado foi confiada ao KGB.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de mutacións musicais que se poden facer co órgano e que producen un son nasal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía nasarita.

    2. Membro da dinastía musulmá que reinou entre 1231 e 1492 no Reino de Granada. Despois da desfeita almohade en Las Navas de Tolosa (1212), Muḥammad ibn Yūsuf ibn Naṣr conseguiu, mediante a vasalaxe de Fernando III o Santo, crear un estado musulmán en Granada, Málaga e Almería. Os intentos dos golpes de estado marcaron o goberno da familia e diversos membros dela morreron asasinados. Posteriormente iniciouse unha época de atonía política (1344-1396) e dun gran desenvolvemento económico e cultural. A unidade conseguida polos Reis Católicos e a guerra civil xurdida entre os derradeiros representantes da dinastía, Abu-ḷ-Ḥasan’ Alī de Granada e Muḥammad XI de Granada, provocou a entrada dos cristiáns na capital en 1492.

    3. Arte que se desenvolveu no Reino de Granada durante o reinado da dinastía nasarita (ss XIV-XV). Caracterizouse polo total predominio da decoración. Na arquitectura, distinguiuse pola lixeireza nos elementos sustentadores e a utilización de falsos arcos de xeso. Os teitos están decorados con falsas voltas de mocárabes, co que conseguían unha perfecta unión coa natureza. Foi tamén un gran momento para a cerámica, os tecidos de seda, os coiros traballados e a ourivaría en traballo de filigrana. Destacan a Alhambra e o Generalife.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos detritívoros, da clase dos gasterópodos, que presentan unha cuncha pequena, alongada e de cor escura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Gujarāt, India, situada ao S de Sūrat (125.980 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO