"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
CIDADES
Cidade do ken de Saitama, na illa de Honshū, Xapón, situada ao NO da aglomeración de Toquio (162.472 h [1997]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema montañoso de Asia central, situado entre Siberia Meridional e Mongolia, o altiplano do lago Baikal e o extremo noroeste dos montes Altai. Fórmano unha serie de serras paralelas, con alturas desde os 500 m ao N e 900 m ao S, ata máis de 3.000 m na parte central (Munku-Sardyk, 3 491 m).
-
PERSOEIRO
Teólogo e esexeta xudeu. Foi un dos máximos expoñentes da escola babilónica de Sura. Traduciu a Biblia ao árabe, lingua en que escribiu a maior parte da súa obra. Foi autor de tres tratados polémicos contra os caraítas, de obras filosóficas e de estudos talmúdicos e gramaticais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece a London Metropolitan Police, corpo policial inglés. Fundado en 1829, o seu ámbito de actuación está circunscrito a Londres e aos seus arrabaldes. O nome provén do lugar onde estaban situados os seus cuarteis xerais, Great Scotland Yard, en Whitehall Place.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria, drenado polo río Pisueña, afluente do Pas (1.948 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Creador do alfabeto cherokee. Dedicouse á elaboración e ensino do cherokee.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Progresista, ao caer Espartero tivo que se exiliar (1843-1845 e 1848-1849). Rehabilitado no Bienio Progresista, foi gobernador militar de Zaragoza e de Madrid. En 1868 foi deportado a Canarias e, liberado pola Revolución de Setembro, foi director da Garda Civil (1869-1872) e ministro da Guerra (1874).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Hunan, China, na rexión Centro-Sur (247.227 h [1990]). Está situada á beira do río Zi Shui, ao NO de Hengyang.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ ãfa ẓ a de Exipto (4.180 km2; 4.281.100 h [1996]). A súa capital é Al- Zaqāziq.
-
PERSOEIRO
Escritor e político chinés. Coñecido como Mao Dun, foi ministro de Cultura Popular (1949-1965) e director da revista Zhonggu Wenxue. Perdeu todos os seus cargos coa Revolución Cultural, e foi rehabilitado en 1977. A súa obra máis coñecida é A eclipse, en tres volumes, onde fala dos problemas formulados pola revolución na sociedade chinesa desde unha perspectiva revolucionaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do sheng de Liaoning, en Manchuria, China (3.603.712 h [1990]). Situada á beira dereita do Hun He, afluente do Liao He, é un centro agrícola e de mineral de ferro e carbón, cunha importante industria pesada. Capital do imperio manchú (1625-1644), durante a Guerra Ruso-xaponesa tivo lugar a Batalla de Mukden (1905). En 1931, preto da cidade, tivo lugar a voadura da liña férrea surmanchuriana, provocada probablemente polos xaponeses, que empregaron o incidente como pretexto para a ocupación de Manchuria. En 1948 foi ocupada polos comunistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Tanzania (50.781 km2; 2.092.000 h [estim 1994]). A súa capital é Shinyanga (100.724 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do sheng de Heilongjiang, China, situada á beira dos contrafortes setentrionais das montañas Wan-ta (386.081 h [1990]). Naceu ao redor das minas de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador e guionista cinematográfico hindú. Coñecido como M. Night Shyamalan, da súa filmografía destacan Wide Awake (1998), The Sixth Sense (1999) e Signs (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e gramático. É autor dunha vintena de obras, das que destacan al-Iqtidāb fī šar ḥ Adab al-kuttāb, comentario á Guía dos secretarios de ibn Qutayba; e Kitāb al- Ḥ adā’iq, unha obra de iniciación ás doutrinas filosóficas, que influíu no xudaísmo e que constituíu o primeiro intento en Al-Andalus por harmonizar o pensamento grego coa teoloxía islámica.
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade de Sri Lanka, situada ao O de Polonnaruwa (estim 500 h). Consérvanse as ruínas dun palacio fortificado sobre unha montaña rochosa de 200 m de altura. Mandouno construír o Rei Kasyapa, cara a finais do s V. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Siālkot.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Donets’k, Ucraína, situada á beira do Kaz’onnyj Torec, afluente do Don (125.217 h [1999]). Ten xacementos de sal e industrias de produción de soda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Anouk Aimée, traballou en La Dolce Vita (1959) e 8 1/2 (1962) de Fellini; Un homme et une femme (1966) de C. Lelouch; Prêt à porter (1985) de R. Altman, e De particulier à particulier (2005) de B. Cauvin, así como en diversas producións para televisión, como Napoléon (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xaponés do estreito de La Pérouse.