Sigiriya
Sigiriya
Localidade de Sri Lanka, situada ao O de Polonnaruwa (estim 500 h). Consérvanse as ruínas dun palacio fortificado sobre unha montaña rochosa de 200 m de altura. Mandouno construír o Rei Kasyapa, cara a finais do s V. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1982).