"bat" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 561.
-
REXIÓNS
Rexión natural de Portugal situada no centro do país e atravesada polo río Tejo, que abrangue case todo o distrito de Santarém.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Ribatejo ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ribatejo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de combates que, a finais da Segunda Guerra Mundial, e para atravesar o Rin e ocupar o O e o centro de Alemaña, libraron os exércitos aliados contra as forzas da Wehrmacht. Os aliados conquistaron a beira esquerda do Rin (febreiro de 1945), cruzaron o río en Remagen (7 de marzo), ocuparon o Ruhr e, avanzando cara ao L, chegaron ata máis alá do Elba.
-
-
Relativo ou pertencente aos rinobátidos.
-
Peixe da familia dos rinobátidos.
-
Familia de peixes condritios, da orde dos raiiformes, de corpo alongado e deprimido, con cabeza en forma de guitarra. As súas aletas peitorais fusiónanse lateralmente coa cabeza, e teñen dúas aletas dorsais iguais e a caudal ben desenvolvida. Costeiros e bentónicos, habitan nos fondos de area e lama e aliméntanse doutros peixes e de invertebrados. En Galicia danse as especies R. cemiculus e R. rhinobates.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate librado entre as forzas francesas e as españolas ante a cidade de Rocroi nas Ardenas o 19 de maio de 1643. As tropas españolas integradas polos terzos e comandadas polo militar portugués Francisco de Melo, gobernador de Flandres, asediaron Rocroi a causa do seu interese estratéxico e das poucas tropas de que dispoñía. A derrota representou o fin do espírito da ofensiva española en Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combate lendario contextualizado en Roncesvalles en 778. Referiuse á derrota da retagarda do exército de Carlomagno, encabezada por un dos seus cabaleiros, Roldán, ao volver da súa fracasada expedición contra Zaragoza. Historicamente este exército foi obxecto dun ataque de sarracenos, conducidos por Matru ḥ e Aišũn, entre o Ebro e Pamplona co obxecto de liberar ao pai destes, Sulaymān ibn Yaq ṯ ãn al-Arabĩ, gobernador musulmán de Barcelona e Girona, cousa que conseguiron; despois os gascóns sorprenderon a retagarda do exército ao atravesar os Pireneos e desfixérona. Estes feitos serviron de punto central de cristalización do chamado ciclo do Rei da épica francesa, no que destacou a Chanson de Roland.
-
PERSOEIRO
Relixioso e filósofo italiano. Coñecido como Rosmini, foi duramente criticado nos círculos católicos polo carácter filosoficamente innovador das súas doutrinas e pola súa posición política. Afirmou que a idea do ser se atopa en todo home dunha maneira inmediata, e que nela se fundamentan tanto o coñecemento científico coma a vida moral. Escribiu Nuovo saggio sull’origine delle idee (1830).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tempo que non se segue rigorosamente para que poida ser reducido ou alongado, cando se estende máis alá do permitido matematicamente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cavidade resoante destinada a producir oscilacións de frecuencia moi elevada, que se emprega en diversos tubos osciladores especiais, como o clistrón.
-
PERSOEIRO
Etólogo. Doutor en Filosofía e Letras na especialidade de psicoloxía pola Universitat de Barcelona, da que foi catedrático de etoloxía. Introduciu en España os estudos de etoloxía e foi pioneiro universal na investigación sobre os grandes primates africanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustrador e autor de banda deseñada. Foi o creador de Los grandes inventos del TBO, protagonizados polo Profesor Franz de Copenhague.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ciclo mixto entre o ciclo de Otto e o ciclo Diesel en que, despois da fase de compresión adiabática, vén, coma no ciclo de Otto, unha fase de combustión a volume constante e, despois, coma no ciclo Diesel, unha fase de combustión a presión constante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao sábado.
-
PERSOEIRO
Teólogo francés. Profesor de dogmática en Estrasburgo (1863-1873) que fundou en París a École Libre des Sciences Religieuses (1877), futura facultade protestante da Sorbonne. Das súas obras destacan Esquise d’une philosophie de la religion d’après la psychologie et l’histoire (1897) e Les religions d’autorité et la religion de l’esprit (1903).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico francés. Estudou a acción dos catalizadores metálicos sobre a hidroxenación de diversos compostos e publicou La catalyse en chimie organique (1913). Recibiu, xunto con Grignard, o Premio Nobel de Química (1912).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador francés. Discípulo de L. A. Sabatier e de E. Renan, foi pastor calvinista e adicou a súa vida ao estudo de san Francisco de Asís, que presentou como un renovador da Igrexa en Vie de Saint François (1883).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e crítico. Director da revista La Cassette, colaborou en numerosos diarios e revistas. Publicou as novelas Boulevard (1956), Les noitteses sauvages (1974), Les années secretes de la vie d´un homme (1984), as coleccións de poesía Les fêtes solaires (1955) e Écriture (1993), ademais de oito volumes de Histoire de la poésie française (1975-1982). Destacan tamén Le Souris Verte’(1990), Le Livre de la déraison souriante (1991) e Olivier et ses amis (1993). Pertence á Académie Goncourt (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Oficio relixioso propio do sábado e dedicado á Virxe no catolicismo.
-
Lección a xeito de debate que os estudantes daban o sábado para recapitular as ensinanzas de toda a semana e aprender a argumentar.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. En Roma foi discípulo de L. Vanvitelli, co que interveu na construción do palacio de Caserta (Nápoles). En 1760 trasladouse a España e traballou para Carlos III en reformas de edificios, como os palacios reais de Madrid e de Aranjuez, e na construción doutros novos en estilo neoclásico como a Puerta de Alcalá (1764), La Aduana (1769), a Puerta de San Vicente (1775) e a Casa de los Ministerios (1776), todos en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tenista. Iniciouse no tenis desde moi nova. Gañou diversos certames deportivos, como o Másters (1988 e 1994) e o Open de EE UU (1990) e a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl (1988). En 1996 retirouse do tenis profesional.
VER O DETALLE DO TERMO