Sabatini, Francesco
Sabatini, Francesco
Arquitecto italiano. En Roma foi discípulo de L. Vanvitelli, co que interveu na construción do palacio de Caserta (Nápoles). En 1760 trasladouse a España e traballou para Carlos III en reformas de edificios, como os palacios reais de Madrid e de Aranjuez, e na construción doutros novos en estilo neoclásico como a Puerta de Alcalá (1764), La Aduana (1769), a Puerta de San Vicente (1775) e a Casa de los Ministerios (1776), todos en Madrid.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Palermo -
Deceso
Lugar : Madrid