"cc" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 617.
-
-
Mellorar unha cousa achegándoa todo o posible á perfección.
-
olverse mellor algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade ou actitude de perfeccionista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen tende a mellorar continuamente o que fai na procura da perfección, podendo chegar á obsesión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores, da familia das fitolacáceas, ao que pertence o ombú.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Giacomo Ceruti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección producida por pneumococos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamentos entre as tropas invasoras francesas e os labregos. A depredación que practicaban os franceses a comezos de 1809 na rexión comprendida entre Betanzos e Ferrol, esixindo contribucións de cebada, palla, trigo e viño, e tomándoo pola forza no caso de non recibilo, provocou a resistencia dos labregos, que adoptaron o sistema de guerrillas. O día 6 de febreiro capturaron algúns soldados franceses das tropas do mariscal Ney e queimáronos en Andrade (Pontedeume). Entre o 20 e o 21 de febreiro de 1809 os habitantes da zona realizaron un ataque durante a noite e mataron a todos os oficiais e á tropa francesa. Posteriormente enterráronos nos piñeirais, mentres que os cabalos foron conducidos ata Ribadavia e entregados ao marqués de La Romana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución de Roma fundada polo monxe cisterciense Desiderio d’Auditorio (1543) xunto cun grupo de artistas. Os seus membros foron designados co nome de virtuosos por cultivar as belas artes por decoro e pola gloria da fe. Organizaban unha exposición anual de pintura, cunha atención especial á arte sacra. O seu estatuto data de 1947 e consta de 60 membros residentes e 60 correspondentes, entre os que se admite a mulleres, ao contrario do resto das academias pontificias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución da curia romana que ten a súa orixe na Accademia Nazionale dei Lincei (1603-1630). A súa estrutura foi reformada por Pío XI (1936). Ten como finalidade o estudo das ciencias físicas, matemáticas e naturais, así como a súa historia. É a única academia con carácter supranacional e está composta por oitenta académicos de nomeamento pontificio, pertencentes a diversos países, elixidos sen discriminación de ningún tipo entre os máis insignes cultivadores das ciencias matemáticas e experimentais. A eles únense os académicos perdurante munere, por razón de oficio, e os académicos de honra, por razón de méritos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción que se emprega para detectar o indicán nos ouriños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cocción que se fai antes da cocción normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Afección especial a unha persoa ou unha cousa que se prefire ás outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elección previa ou anticipada.
-
-
Escolla provisional ata outra posterior.
-
Operación mediante a que se sintonizan previamente as distintas frecuencias nun aparato de radio ou televisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Realizar unha preselección.
-
-
Infección que ten lugar por primeira vez.
-
Infección primeira ou orixinal.
-
-
FAMILIAS
Familia de pintores italianos dos ss XVI e XVII. Entre os seus membros destacou Ercole Procaccini o Vello (Boloña 1515-Milán 1595), pintor e gravador. Os seus fillos foron Camillo Procaccini (Boloña 1551?-Milán 1629), pintor e gravador, Carlo Antonio Procaccini (Boloña 1555?-Milán 1605), pintor, e Giulio Cesare Procaccini (Boloña 1570?-Milán 1625), pintor e escultor, membro destacado da escola lombarda. Ercole Procaccini o Novo (Milán 1596-1676), fillo de Carlo Antonio, tamén foi pintor, igual ca o derradeiro membro da familia, Andrea Procaccini (Roma 1671-San Ildefonso 1734?).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Conxunto de operacións e técnicas destinadas á localización de xacementos de hidrocarburos, de minerais ou depósitos subterráneos de auga, baseadas no estudo dos caracteres superficiais do terreo. A partir da década de 1920, co afán da busca de minerais -en particular de petróleo-, comezaron a se adaptar cada vez máis as técnicas xeofísicas que, orixinariamente, foran ideadas para investigar a estrutura profunda da Terra, ata que foron aplicadas ao problema das estruturas xeolóxicas pouco profundas, en traballos de enxeñaría civil. O seu obxectivo é detectar e localizar corpos, estruturas ou superficies xeolóxicas e, cando sexa posible, determinar as dimensións, a profundidade, ou algunha das súas propiedades físicas. Os métodos xeofísicos máis empregados son gravimétricos, magnéticos, eléctricos e sísmicos, segundo se estude e midan as perturbacións do campo gravitatorio terrestre ou do seu campo magnético, as variacións da condutividade eléctrica no subsolo ou as ondas captadas ou producidas...
-
Conxunto de operacións e técnicas destinadas á localización ou identificación de xacementos arqueolóxicos. Dos medios utilizados destacan o traballo con fontes documentais (fontes escritas, debuxos, fotografías), orais (folclore, toponimia), e de diversos métodos de recoñecemento: visuais, fotográficos, eléctricos, magnéticos, acústicos ou xeoquímicos.
-
-
-
Acción e efecto de protexer ou de protexerse.
-
-
Cousa ou persoa que protexe.
-
protección de menores
Órgano xurisdicional integrado no poder xudicial coa denominación de xulgado de menores, ao que corresponde o exercicio das funcións reformadoras establecidas polas leis para os menores de idade, autores de feitos que a lei tipifica como delito ou falta. En todas as lexislacións foron abolidas as penas para os menores delincuentes e substituíronse por medidas educativas e de reintegración social.
-
protección diplomática
Dereito que un estado exerce no estranxeiro en proveito dos seus propios súbditos ou doutras persoas de estados protexidos ou considerados protexidos.
-
-
Axuda ou amparo que recibe alguén.
-
Conxunto de medidas establecidas para salvagardar a actividade económica nacional.
-
Sistema que detecta e elimina calquera defecto ou anomalía que se pode producir nunha liña, máquina ou instalación eléctrica.
-
Operación que consiste na transformación dun grupo funcional noutro máis estable ao longo da secuencia sintética á que se somete unha molécula, e que se pode converter no grupo funcional orixinal, mediante unha desprotección. Normalmente, lévase a cabo unha protección mediante a introdución dun grupo protector, o que ten que cumprir as condicións de ser fácil de inserir mediante unha reacción de mecanismos coñecidos e que as condicións desta non alteren os outros grupos funcionais presentes, ser estable nas condicións ás que hai que someter o substrato ao longo da secuencia sintética e ser facilmente eliminable, sen alteración do resto da molécula. Os grupos protectores empréganse na síntese de estruturas complexas, como o son a maioría das dos produtos naturais, e constitúen un dos elementos de control que máis se empregan en síntese orgánica.
-
Pezas ou estruturas que, nalgúns deportes, serven para protexerse contra os golpes.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Política económica dirixida a protexer a economía dun estado, defendendo os seus produtos da competencia estranxeira. Esta política pode ir desde a prohibición da importación ou a exportación, ata a utilización dos aranceis como instrumentos desta protección, graduando a subida dos dereitos segundo a intensidade proteccionista que se queira asegurar. Esta foi a política escollida polos estados nacionais nacentes e por países menos desenvolvidos, e tivo a súa expresión no mercantilismo (ss XVI e XVII). Tratábase de gravar as entradas de produtos manufacturados e as saídas das materias primas.