"ovi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 688.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de ovíparo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal que, en forma embrionaria, se desenvolve no interior da estrutura denominada ovo, onde ten todas as substancias nutritivas que necesita para o normal desenvolvemento, unha casca protectora máis ou menos gorda e, ás veces, un reservorio de aire e unha bolsa onde se acumulan as defensas da respiración. Son case todos os animais, agás a maioría dos mamíferos, se ben nalgúns como en determinas quenllas, hai viviparismo total ou parcial. Do ovo, segundo a cantidade de vitelo que teña, pode saír xa o animal perfectamente formado ou cunha forma aínda embrionaria, a larva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
oviscapto.
-
-
Realtivo ou pertencente aos ovirraptóridos.
-
Animal fósil da familia dos ovirraptóridos.
-
Familia de animais fósiles, bípedos e pequenos, similares ás aves, de ata 2 m de lonxitude. Presentaban cabeza curta, cunha protuberancia nasal, pico sen dentes, patas longas, con tres dedos con fortes garras, e cola baixa e curta. Viviron durante o Cretácico Superior, en Mongolia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos, da familia dos bóvidos, ao que pertence a ovella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membrana que envolve o folículo de Graaf, constituída por dúas capas, a interna, que presenta máis células con función endócrina; e a externa, que ten máis tecido conxuntivo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación típica das femias dalgúns grupos de insectos, como por exemplo os odonatos, os ortópteros e os himenópteros. É o órgano empregado para poñer os ovos nos lugares adecuados segundo os grupos (os odonatos nas plantas acuáticas, os ortópteros baixo terra e os himenópteros dentro de plantas e animais) e, polo tanto, está adaptado en cada caso como órgano perforador ou escavador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tese proposta principalmente por Malpighi e Swammerdam (s XVII) que, baseada nas teorías do preformacionismo, identifica o óvulo co xerme e reduce o papel do espermatozoide a unha simple función estimuladora do óvulo.
-
-
Relativo ou pertencente ao ovismo.
-
Partidario do ovismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se nutre de ovos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ovífero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fosfoproteína da xema do ovo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ovoviviparismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de reprodución dos ovovivíparos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao animal ovíparo en que o ovo permanece no interior do aparato reprodutor da nai ata que o embrión acada o desenvolvemento total e, abrindo o ovo, sae ao exterior xunto cos restos da casca. O ovoviviparismo ten como finalidade aumentar a protección do embrión.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Programa de reformas imposto polos nobres a Enrique III de Inglaterra, en 1258, que pode ser considerado a primeira constitución escrita do país. O documento creaba un consello de quince nobres para controlar a política do goberno, obrigaba ao rei a convocar o Parlamento tres veces ao ano e reducía os seus poderes sobre a administración local e o sistema de impostos. Foron abolidas en 1266.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política que tiña como nome orixinal Kommunističeskaya Partija Soveckogo Sojuza (KPSS). Ten a súa orixe na Unión para a Loita pola Emancipación da Clase Obreira, fundada por Lenin en Peterburgo en 1895 e que en 1898 se transformou no Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (POSDR). O programa e estratexia que Lenin impuxo no POSDR provocou a división entre bolxeviques e menxeviques. Despois de asumir todos os poderes debido á Revolución Rusa, o sector bolxevique do POSDR adoptou o nome de Partido Comunista de Rusia (marzo de 1918), que en 1952 cambiou polo de Partido Comunista da Unión Soviética. Un dos seus primeiros obxectivos foi a transformación da Revolución Rusa en revolución mundial, e con este fin, en marzo de 1919, constituíuse a Terceira Internacional ou Komintern. O ascenso dos réximes autoritarios obrigaron ao abandono desta política e á adopción da política do “comunismo nun só país”, sustentada por Stalin, secretario xeral do partido desde 1922. Despois da morte...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Xeneral (1813), participou nas campañas contra Francia e recibiu o mando do exército na guerra contra Persia (1827) e contra Turquía (1829). Dirixiu a represión contra a revolta polaca, foi nomeado gobernador de Polonia e Príncipe de Varsovia (1832) e, posteriormente, venceu os patriotas húngaros (1849).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e tradutor. Doutorouse en Filosofía e Filoloxía pola Universidade de Moscova. Influído por R. M. Rilke, os seus primeiros poemas teñen un marcado carácter simbolista, como os publicados en Bliznec v tucakh (Un xemelgo nas nubes, 1914), Poverkh bar’erov (Máis alá das barreiras, 1917) e Sestra moja zizn (Miña irmá, a vida, 1922). As obras posteriores caracterízanse pola visión individual da realidade, a complexidade das imaxes e o refinamento da linguaxe, como Lejtenant Schmidt (O tenente Schmidt, 1926), Dev’at’sot p’atyj god (O ano 1905, 1927) e Vtoroje rozdenije (O segundo nacemento, 1932). En 1956 publicou Doktor Zhivago, retrato dos anos da guerra e da revolución. Como tradutor, realizou versións dalgunhas traxedias de Shakespeare, do Faust: Eine Tragödie de Goethe e de obras de poetas xeorxianos. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1958).
VER O DETALLE DO TERMO