"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Familia romana güelfa, moi influínte na Santa Sé desde finais do s XII ao XVIII, e adversaria da familia xibelina, Colonna. O primeiro membro coñecido foi Giacinto di Pietro Bobo-Orsini , que se converteu en papa co nome de Celestino III e favoreceu especialmente ao seu sobriño, Orso di Bobone . O sobriño deste, Matteo Rosso (morto en 1246), foi senador de Roma e defendeu a cidade contra o Emperador Federico II (1241), aliado dos Colonna. O antagonismo con esta familia continuouno Giovanni Gaetano Orsini , que se converteu en papa co nome de Nicolao III. O fracaso da Santa Sé fronte a Filipe IV de Francia favoreceu os Colonna e dividiu os Orsini, xa que o cardeal Napoleone Orsini estivo ao lado do candidato dos franceses ao papado, Bertrand de Got, futuro Papa Clemente V (1305). O traslado da Santa Sé a Aviñón (1309) fixo decaer a familia, pero recuperou axiña a súa influencia (1378). Giovanni...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, desenvolveu toda a súa actividade xornalística en Galicia, especializado no ámbito político e social. Foi correspondente en Galicia de El Periódico de Catalunya (1993-1999), directivo da Asociación da Prensa de Santiago e delegado de Faro de Vigo en Santiago de Compostela ata 2000, cargo que abandonou para incorporarse como director do xornal La Opinión A Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión cirúrxica de fragmentos dun óso mediante parafusos, placas, cravos ou arames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante de rock. En 1983 formou o grupo Ton Ton Macoute e dous anos máis tarde trasladouse a Londres para gravar o seu primeiro disco The Lion and the Cobra (1987). Co tema “Nothing compares 2 U” conseguiu o número 1 das listas de éxitos de todo o mundo e co seu álbum I do not want what I haven t got (1990) gañou tres premios MTV (1990). Protagonista do filme Hush-A-bye-Bye (1990), outros traballos discográficos salientables son Am I Not Your Girl? (1992), Faith and Courage (2000) e She Who Dells in the Secret Place... (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de compostos 1,4-dicarbonílicos con deshidratantes, aminas ou sulfuros de fósforo, que permite a preparación de derivados do furano, do pirrol e do tiofeno, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de formación de palabras en que interveñen asemade a prefixación e a sufixación (rechamante, re- + chamar + -nte). É un procedemento particularmente produtivo na creación de verbos (abotoar, enxordecer, envaiñar, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á parasíntese.

    2. Que está formado por parasíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi catedrático na Universidad de Granada, na Escola de Artes Industriais da Coruña e da Escola de Belas Artes da Coruña. Retratou a burguesía coruñesa, cun estilo realista, minucioso e veraz. Destaca S. M. el rey Alfonso XIII e La caravana. Foi membro de número da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Acadou unha mención honorífica na Exposición Nacional de Bellas Artes en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político fundado o 7 de abril de 1934 por Ángel Pestaña Núñez, co obxectivo de se converter no partido político da CNT e romper coa tradicional ortodoxia anarcosindicalista. A súa influencia quedou moi limitada e centrouse nun pequeno núcleo en Madrid, Andalucía, Zaragoza, Asturias e na Comunitat Valenciana. O órgano de expresión do partido foi El Sindicalista pero, coa Guerra Civil Española (1936-1939), tamén apareceron en Barcelona Hora Sindicalista e Mañana. Doutrinalmente, o partido defendía que os sindicatos deberían controlar a produción e as cooperativas a distribución, mentres os asuntos públicos deberían estar controlados polos municipios, nunha especie de estado sindicalista. En Galicia, debido ás múltiples afinidades de Pestaña coa Confederación Regional Galaica (CRG), o partido afiliou a recoñecidos sindicalistas desta organización, como Vicente Orro. Non obstante, os contactos con afiliados como Xosé Prego Vieira non prosperaron, feito que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político italiano creado en 1991 durante o congreso de Rimini como sucesor do Partito Comunista Italiano. O seu secretario xeral, Achille Occhetto, decantou o partido cara á socialdemocracia. Nas eleccións de marzo de 1994 foi a forza principal da coalición Progressistas. Por culpa dos precarios resultados electorais daquel ano, A. Occhetto dimitiu da secretaría xeral, cargo que foi ocupado por Massimo D’Alema que o revalidou no I congreso (1997). D’Alema, liderou a coalición L’Ulivo con Romano Prodi, e a vitoria desta coalición nas eleccións xerais de 1996 posibilitou a entrada no goberno desta formación. Ao final de 1998, a causa da crise de goberno provocada por Rifondazione Comunista, R. Prodi dimitiu do seu cargo de xefe de goberno e foi substituído por D’Alema. En 1998 pasou a formar parte, xunto con outras formacións, de Democratici di Sinistra (DS), que á súa vez forma parte da coalición electoral L’Ulivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sindicalista. De ideario republicano federal, foi un dos principais alicerces do obreirismo en Santiago de Compostela ata a Ditadura de Primo de Rivera. En 1916 presidiu a Federación de Sociedades Obreiras e Agrícolas de Santiago de Compostela. Detido e encadeado no castelo de Santo Antón (1917), dirixiu o semanario Lucha Social ata 1920, ano en que a incorporación dos principais sindicatos composteláns á CNT provocou o seu afastamento progresivo do obreirismo militante. Formou parte da Federación Republicana Gallega e foi perseguido durante o Franquismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe lateral de drive ou de revés que consiste en pasar a pelota pegada a unha das bandas laterais da pista de tenis e así superar o xogador que subiu á rede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aberración cromosómica numérica que consiste na trisomía autosómica do cromosoma 13. Presenta uns 30 signos, como o atraso mental, malformacións auriculares, microcefalia, microoftalmia, polidactilia, unllas hiperconvexas e anomalías viscerais, dos xenitais e dos dermatoglifos. Presenta unha incidencia de 1/10.000 neonatos vivos. Denomínase tamén trisomía 13 e trisomía D.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • protopectinase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome caracterizada por un desenvolvemento precoz dos xenitais externos, con crecemento anormal dos ósos longos e signos de hidrocefalia interna, a causa dunha lesión da epífise.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta herbácea que presenta moitos estolóns, finos, con follas de pequeno tamaño, oblongas ou lanceoladas, con pelos glandulares. A inflorescencia é un capítulo único que ten as lígulas de cor amarela. Florece entre xuño e setembro. En Galicia pódese atopar en zonas do interior. Emprégase como planta medicinal polas súas propiedades diuréticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Salvador dividida entre os concellos de Gomesende e Ramirás, onde ten a súa cabeceira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Parroquia do concello de Ramirás. baixo a advocación de San salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima proteolítico, illado por primeira vez por J. H. Northrop, que cataliza a hidrólise dos enlaces peptídicos que presentan un grupo carbonilo pertencente a algún dos seguintes aminoácidos: fenilalanina, triptófano, tirosina, leucina, ácido aspártico ou glutámico. Segrégao a mucosa gástrica dos mamíferos en forma dun precursor inactivo (pepsinóxeno), que se converte en pepsina mediante a súa propia acción catalítica en presenza do ácido clorhídrico que contén a mucosa gástrica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Precursor inactivo do enzima pepsina, segregado pola mucosa gástrica. Activado polo ácido clorhídrico das células parietais das glándulas gástricas (chamadas oxínticas), dá lugar á pepsina.

    VER O DETALLE DO TERMO