"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1974 con domicilio social en Oviedo e que antigamente se denominaba Banco de Langreo. Pertence ao grupo Banca Sabadell.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Bilbao no ano 1857 e que tivo, ata o ano 1874, funcións de banco comercial e de banco emisor. Foi promovido pola xunta de comercio de Bilbao coa intención de convertelo nun instrumento de apoio ás empresas vascas. O seu crecemento asentouse na liña da banca mixta: unha rede de sucursais e unha carteira de valores industriais, na que destacan os sectores tradicionais do País Vasco: a siderometarluxia e o transporte marítimo e ferroviario. A crise bancaria que afectou a España no tardofranquismo e durante a Transición, deulle a oportunidade de adquirir algúns bancos afectados: tres do grupo Rumasa (Banco de Extremadura, Banco del Noroeste e Banco Latino), un galego (Banco de La Coruña), un valenciano (Banco de Promoción de Negocios) e un catalán (Banca Mas Sardà). No ano 1988 fusionouse co Banco de Vizcaya para formar o Banco Bilbao Vizcaya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo, constituído en Madrid no ano 1962 como sucesor do Instituto de Crédito para a Reconstrución Nacional, creado no ano 1939 para financiar a reparación dos danos materiais da Guerra Civil española. No 1982 foi disolto debido á súa absorción polo Banco Hipotecario de España (BHE); en 1991 á súa vez integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1964 como continuadora do Servicio Nacional de Crédito Agrícola, fundada no ano 1925. Ata o 1962, o servizo actuou con cartos da banca privada e das caixas de aforros, e tiña por obxecto conceder préstamos para investimentos no agro. No ano 1964, cando cambiou o seu nome para Banco de Crédito Agrícola, quedou subordinado ao ministerio de Finanzas; en 1991 integrouse en Argentaria (Corporación Bancaria de España).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Holding bancario creado no 1972 polo paquistaní H. Abedi. Con presenza en sesenta e sete países, foi suspendido no 1991 e conducido á liquidación por mor das súas actividades fraudulentas e ilícitas (droga, terrorismo, corrupción, branqueo de diñeiro).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1964 con domicilio social en Santiago de Compostela. Anteriormente, recibía o nome de Banco Hijos de Olimpio Pérez (1847), que modificou logo de absorber o Banco de Crédito e Inversión, que tiña a súa sede social en Barcelona e unha sucursal en Madrid. Foi o primeiro banco galego que contaba cunha estrutura territorial en Catalunya. En 1988 pasou a denominarse Banco Gallego; dende 1997 pertence á Caixa de Aforros de Vigo, actualmente no grupo Caixavigo e Ourense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a medio e longo prazo constituído no ano 1920 en Madrid. O seu obxectivo é o de conceder préstamos para novas industrias ou para a ampliación das existentes. Operou ata que foi absorbido polo estado (1962), mediante contribucións do tesouro e pola emisión de cédulas. Dende entón depende do Instituto de Crédito Oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade oficial de crédito a longo e medio prazo creada en Madrid no ano 1925 coa finalidade de facilitar créditos ás corporacións locais. Ata a lei de reforma bancaria do 1962 o banco estivo financiado mediante a emisión de cédulas de crédito local. Depende do Instituto de Crédito Oficial (ICO), integrado en Argentaria (Corporación Bancaria de España) en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo financeiro español dependente do estado que cumpre as funcións de banco central. Ata o 1782 non se conseguiu a fundación dun banco oficial, o Banco de San Carlos, que foi substituído no 1829 polo Banco español de San Fernando. Logo de fusionarse co Banco de Isabel II (que fora fundado en 1844) orixinou o Novo Banco Español de San Fernando, e foille concedido o privilexio da emisión de billetes para todo o estado, feito que lle foi outorgado en monopolio, no 1874, por un período de 30 anos. No ano 1856 recibiu a denominación actual. Nesa época estableceu as súas primeiras sucursais en Galicia: na Coruña en 1874 e en Vigo en 1875; en 1886 abriunas en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense e Pontevedra. Coa lei de reforma bancaria do 1962, o banco quedou estruturado como columna vertebral do sistema financeiro do estado español. Foi absorbido polo estado e convertido nun organismo público autónomo, dependente do Ministerio de Finanzas, coas funcións de asesorar e executar a política...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Banque de France.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Montevideo o 25 de xullo de 1956 por un grupo de galegos residentes en Uruguai.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria con domicilio social en Vigo fundada no ano 1973. A súa orixe remóntase a 1918, data na que se creou a sociedade comanditaria Viñas Aranda y Compañía. No ano 1920 adoptou o nome de Banco Viñas Aranda, S A e no 1953 o de Banco de Vigo - Viñas de Aranda, S A, antes de denominarse Banco de Vigo no 1957. Este último, promoveu a absorción do Banco de Lugo, que sucedía ao Banco de Soto (1964) de Chantada, en 1971. Pertence ao Grupo Banco Popular dende o ano 1969.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Montevideo, o seu primeiro número saíu o 1 de marzo de 1956. De periodicidade irregular, cesou no número 10 en xullo de 1966. Tiña como subtítulo “Boletín para toda España y América”. Foi publicada case exclusivamente en castelán aínda que acolleu algún texto literario galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Bos Aires o 6 de novembro de 1905 por un grupo de financeiros galegos entre os que cómpre salientar a Manuel Casas e Juan G. Molina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bank of England.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1988, denominada antigamente Banco de Huesca. Foi adquirido polo Hypovereinsbank o 29 de xaneiro de 2000 adoitando o nome de Banco Inversión Hypovereinsbank.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída na cidade da Coruña o 1 de xullo de 1858. Obtivo a condición de banco emisor de moeda, que mantivo ata o decreto gobernativo que creaba o Banco de España e que lle outorgaba en exclusiva a este a competencia emisora; deste xeito, o Banco de La Coruña cesou as súas actividades en novembro de 1875. Un grupo de accionistas non conformes con esta nova situación crearon unha nova entidade, o Crédito Gallego (1875-1905).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída o 8 de decembro de 1917 por iniciativa de Dionisio Tejero Pérez, quen logrou que a súa iniciativa fose apoiada por importantes comerciantes e industriais coruñeses. Malia que tiña unha estrutura territorial ben asentada (50 sucursais e 12 axencias), non puido superar a crise financeira dos anos setenta, polo que foi absorbido o 17 de novembro de 1970 polo Banco de Bilbao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria domiciliada en Barcelona e constituída no 1978. Está composta por sociedades de xestión de fondos de investimento, distribución de accións, leasing e financiamentos entre outros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1971, denominada antigamente Banco de Soto (1964) de Chantada. Nese mesmo ano foi absorbido polo Banco de Galicia, do grupo Banco Popular Español.