"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa celular interna do embrión, que se forma durante o proceso de gastrulación a partir de células que proveñen do blastoderme. No transcurso da organoxénese dá lugar á maior parte do aparato dixestivo e glándulas anexas, ao timo, á tiroide, aos pulmóns e ás fendas branquiais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de transporte polo que algúns materiais penetran no interior da célula sen atravesar a membrana. A membrana forma unhas dobras que engloban o material fóra da célula, formándose unha vesícula, que contén o material e que sofre unha invaxinación. A vesícula dentro da célula pode abrirse e liberar o seu contido no citoplasma, ou pode quedar en forma de vesícula para a súa posterior utilización. Tanto a fagocitose como a pinocitose son formas de endocitose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estrutura interna que presentan numerosos seres vivos que serve, principalmente, de sostén e para conformar a súa estrutura básica. Nos vexetais, constitúeno os tecidos, de células engrosadas e endurecidas, como son o colénquima e o esclerénquima. Nos vertebrados confórmao o conxunto de ósos e cartilaxes, e nos artrópodos son proliferacións internas do exoesqueleto nos que se insiren os músculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ser vivo que se desenvolve, nalgún momento do seu ciclo, dentro dun vexetal. Emprégase comunmente para especies patóxenas de fungos e bacterias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de duplicación do número de cromosomas, sen formación do fuso, nin movementos cromosómicos, nin alteracións da membrana nuclear, de xeito que nin a célula nin o núcleo cheguen a dividirse. Ten lugar, de forma habitual, nas glándulas salivares das moscas do xénero Drosophila, e orixina os chamados cromosomas xigantes ou politénicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao parasito que vive no interior do seu hospedeiro. Recibe o nome de endófito se o hospedeiro é un vexetal, e de endozoo se é un animal. Habita nas cavidades internas do corpo que están en comunicación co exterior, como o tubo dixestivo, a vexiga ou o sistema respiratorio, ou ben na cavidade xeral. Tamén se denomina parasito endófago.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpúsculo arredondado ou alongado, rico en proteínas, presente no centroplasma das esquizofíceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama interna dos apéndices birrámeos dos artrópodos que parte da base do protopodito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao insecto, ou ao seu ciclo vital, no que as alas só están presentes na fase adulta, á que chega logo dunha metamorfose, sendo as formas larvarias totalmente ápteras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Toxina presente nas paredes bacterianas que se libera durante a lise ou en determinados períodos de crecemento. As endotoxinas son polisacáridos resistentes á calor, ao alcohol e aos ácidos diluentes. De acción emetizante e piroxénica, debilitan as defensas, especialmente as fagocitarias, provocando alteracións nos sistemas cardiovascular, gastrointestinal, inmune e nervioso.
-
-
Acción e efecto de endurecer.
-
Proceso que sofre o cemento ao fraguarse, no que adquire resistencia mecánica.
-
Operación para darlle dureza a un metal que se realiza mediante a aplicación de certos tratamentos mecánicos, físicos ou químicos, como a deformación permanente, a fatiga, o desgaste superficial, o avellentamento, o tempero (total ou parcial), a carburación, a nitruración, a carbonitruración, a sulfinización e o achegamento metálico, como a soldadura, a metalización ou a cromaxe dura. Pode ser superficial ou total, segundo o tratamento. Con este proceso dificúltase a migración de dislocamentos no interior dos metais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
enervación.
-
PERSOEIRO
Político e xornalista. Desenvolveu o seu labor xornalístico no Jornal do Comércio, na Gazeta do Porto e no Correio da Noite. Foi director de O País e fundou en 1887 O Dia. Como político, foi ministro de Mariña e do Ultramar e comisario real en Moçambique (1891-1896), onde realizou un labor de modernización na administración colonial. En 1896 ocupou o posto de ministro de Portugal en Brasil. Entre as súas obras destacan A Irmã de Caridade e Caminho errado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
enfaixadura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enfardar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enferruxar ou enferruxarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao lugar que é empinado e de difícil acceso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de enfeudar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao enfisema.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enforcar ou enforcarse.