endoblasto

endoblasto

(< endo- + -blasto)

s m [BIOL]

Capa celular interna do embrión, que se forma durante o proceso de gastrulación a partir de células que proveñen do blastoderme. No transcurso da organoxénese dá lugar á maior parte do aparato dixestivo e glándulas anexas, ao timo, á tiroide, aos pulmóns e ás fendas branquiais.

Sinónimos

Palabras veciñas

endobasidiado -da | endobasidial | endobasidio | endoblasto | endocardio | endocardite | endocarpio