"Ain" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 537.

  • PERSOEIRO

    Deseñador ruso. Coñecido como Erté, estableceuse en París e en 1912 comezou a traballar co modista Paul Poiret. Os seus primeiros debuxos en branco e negro deixan patentes influencias dos vasos gregos e das miniaturas persas e hindús. Traballou para diversas revistas de modas e ilustrou interiorismo. En 1917 colaborou no espectáculo Les mamelles de Tirésias, creado, entre outros por G. Apollinaire e Pablo Picasso. En 1977 comezou a cultivar a litografía e seguiu traballando para o teatro, a ópera, as revistas musicais e o cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo francés. Especializado en temas de socioloxía industrial, deu importancia ao proceso de traballo. Escribiu, entre outras obras, Sociologie de l’action (1965), La conscience ouvrière (1965), La société postindustrielle (1969), Prodution de la société (1973), Pour la sociologie (1974), L’après-socialisme (1980), Le Mouvement ouvrier (1894) e Critique de la modernité (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Líder revolucionario haitiano. Fou un escravo negro que en 1791 se uniu aos insurrectos de Buckman. Converteuse nun dos xefes da revolta e combateu os franceses (1793-1794). Comandante en xefe das forzas haitianas e gobernador xeral vitalicio semiindependente (1801), as necesidades sociais da economía azucreira de Haití fixeron fracasar o seu goberno revolucionario. En 1802 foi derrotado polo xeneral Charles Leclerc e deportado a Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparello de pesca constituído por unha rede de grandes dimensións, de forma aproximadamente rectangular, con cortizas e chumbos e cuns aneis polos que pasa un cabo que, ao estiralo, converte a rede nunha bolsa na que quedan presos os peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Embarcación de remos que se empregaba para pescar con traíña.

    2. Embarcación deportiva de banco fixo, longa e estreita, cunha tripulación de doce remeiros, un proeiro e o patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embarcación deportiva de banco fixo, de dimensións medias, cunha tripulación de seis remeiros e o patrón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello de cerco para a pesca da sardiña máis grande ca a traíña.

    2. Embarcación antiga para a pesca da sardiña, ancha pola popa e estreita pola proa, que tiña un remo lateral amodo de temón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De nome Samuel Langhorne Clemens, os recordos da súa infancia e os labores en que traballou na zona do Mississippi foron o elemento principal das súas obras. Destacan The Adventures of Tom Sawyer (1876), Huckleberry Finn (1882) e Life on the Mississipi (1883). Caracterizadas polo humor, escribiu tamén The Innocents Abroad (1869), Roughing It (1872), The Prince and the Pauper (1882) e A Connecticut Yankee In King Arthur’s Court (1889). Tras a morte da súa muller entrou nunha etapa pesimista que o levou a escribir Letters from the Earth (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Taiwán (176 km2; 725.985 h [2004]). Situada ao SO da illa, ten industrias alimentarias azucreiras e fariñeiras, e produción de cemento. Foi capital da illa ata 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hsien de Taiwán (2.016 km2; 1.120.394 h [2000]). A súa capital é Hsinying.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Glicósido cardíaco que inhibe o transporte activo do sodio catalizado pola Na/K ATPase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Oriental, que limita ao N con Bielorrusia, ao N e ao L con Rusia, ao S co Mar de Azvov e o Mar Negro, a SO con Moldavia e Romanía, e ao O con Hungría, Eslovaquia e Polonia (603.700 km2; 48.547.000 h [2001). A capital é Kiev.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Ucraína esta formada por un baseamento de rochas cristalinas (granito e gneis), recuberto de materiais sedimentarios, o chamado macizo ucraíno-voliniano. Sobre este zócolo esténdense un conxunto de chairas que ocupan a maior parte do territorio e constitúen o extremo meridional da gran chaira rusa, pero que aquí ofrece varias rexións bastante diferenciadas. A montaña só ocupa unha pequena parte ao O e no extremo S de Crimea. No N e no centro distínguese unha ampla chaira dunha altitude de 200 m formada por materiais fluvioglaciares e arxilas, regada no N polos afluentes da dereita do Prip’at’ e no centro polo Dniéper, e que se caracteriza...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Ucraína, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Ucraína.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ucraíno.

      2. Individuo do pobo ucraíno.

      3. Pobo eslavo establecido nas terras meridionais do que posteriormente foi o Reino de Kiev. Aquí chegaron os varegos ou rus, que se fusionaron coas tribos eslavas. Esta terra chamouse Rus’ e posteriormente Rutenia, denominación empregada por Roma, o Imperio Austrohúngaro e Rusia (a partir do grego Rõssía), que acabou por designar as terras da antiga Moscovia. A denominación empregouse sobre todo a partir da formación do Principado de Moscova, e acabou designando os habitantes orixinais da antiga Rus’, do Reino de Kiev.

    1. Lingua eslava oriental que pertence á familia lingüística baltoeslava do phylum indoeuropeo. Fálase en Ucraína e en zonas de Rusia e escríbese en alfabeto cirílico. Presenta tres grupos dialectais: o do norte, arcaizante (Polesia), o do suroeste, moi diferenciado (Volinia, Podolia, Galitsia, cos seus subdialectos, e Bucovina) e o do sueste, máis unitario, que ten a súa orixe nos esforzos de colonización dos ss XV-XVIII para repoboar as rexións esteparias despoboadas polas invasións nómades. A partir de 1790 a moderna lingua ucraína escrita desenvolveuse sobre a base do dialecto dos territorios de Poltava e Čerkasy.

    2. Arte desenvolvida en Ucraína. A creación do Reino de Kiev deu orixe a unha arquitectura de formas grandiosas e austeras, con mosaicos e pinturas ao fresco nos interiores das igrexas (catedral de Santa Sofía, en Kiev). Nas imitacións bizantinas aparecen motivos locais (igrexa de San Miguel, en Kiev, s XII), e tamén nas miniaturas dos manuscritos (Evanxeliario de Ostromir, s XI). Na época das invasións, as igrexas pequenas foron adaptadas a finalidades de defensa (igrexa-fortaleza de Sutkivci, en Volinia, do s XIV), e construíronse fortalezas (Kamjanec Podils’kyj, s XIV). Na pintura impúxose unha interpretación propia e popular dalgúns temas e desenvolveuse tamén a arte do manuscrito (Evanxeliario de Peresop, s XVI) e do libro impreso (S. Fiol 1491; I. Teodorovič, 1574). Xurdiu tamén a pintura de cores de carácter realista de Rutkeviě e Kondzalevič. Durante os ss XVI e XVIII fixéronse grandes construcións de pedra (praza Rynok, en L’viv) e igrexas, de estilo...

    3. Literatura cultivada en lingua ucraína. As súas orixes, en eslavo antigo, corresponden ao fondo común da literatura rusa. Cómpre diferenciar entre textos relixiosos, a miúdo traducidos do grego, e textos profanos, como a Poucenie (Ensino) de Vladimir Monòmac, a Crónica de Néstor (que vai ata 1110) e literatura cabaleiresca e feudal, como Slovo o polku Igorevi (Canción da hoste de Igor, finais do s XII). Coas invasións tártaras a literatura culta decaeu ata finais do s XIX. O primeiro libro, datado en 1491, é un salterio escrito en ucraíno, e a Biblia de Ostrog imprimiuse en 1580. A unión con Roma (1596) produciu abundante literatura relixiosa de carácter polémico entre ortodoxos e católicos. A academia de Kiev (1632) introduciu un sistema de ensino copiado dos xesuítas, do que saíu a literatura barroca tardía. A produción de crónicas continuou tamén sendo importante durante todo o s XVIII. A finais deste século a lingua ucraína foi fortemente combatida,...

    4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Madhya Pradesh, India (366.787 h [1991]). Situada na vertente NO dos Vindhya Parvata, é un centro comercial e un núcleo industrial téxtil e alimentario. É unha das sete cidades sagradas hindús. Antiga capital do Reino Avanti (ss VI-IV a C) e do de Mālwa (800-1200), pasou posteriormente aos maratha.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa xurdida en 1967 da reunificación entre a Union Démocratique du Travail (UDT) e a Union pour la Nouvelle République (UNR), ambas de orientación gaullista e que se dividiran polas diferenzas con respecto á descolonización de Alxeria. Dirixida por G. Pompidou (1969-1974), adoptou unha posición conservadora baixo a dirección de Jacques Chirac e en 1976 converteuse en Rassemblement pour la République (RPR).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Estoxo da folla dunha espada ou doutras armas brancas e de certos instrumentos cortantes ou punzantes, como tesoiras ou punzóns.

    2. Envoltura membranosa e laminar que cobre as sementes de certas plantas, como as fabáceas.

    3. Funda de forma alongada.

    4. Dobrez no bordo dunha peza de roupa, por onde se fai pasar unha fita ou unha goma.

    5. Dobrez que se fai no bordo dunha vela por onde pasa un cabo para reforzala.

    6. Estrutura anatómica, máis ou menos tubular, que envolve total ou parcialmente un órgano. É o caso das envolturas dos tendóns, vaíña tendinosa, dos músculos, vaíña muscular, ou de axóns, vaíña de Schwann.

    7. Base máis ou menos ensanchada das follas, que envolve en parte ou totalmente o talo sobre o que se insire.

    8. Parte do cartucho onde se aloxa a carga de protección da bala.

    9. Tubo estanco que, nunha estrutura de formigón, se destina a aloxar alí os cables tensores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Celso Emilio Ferreiro Míguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Liana con raíces adventicias, follas elípticas e carnosas, flores de cor amarela verdosa e froitos en cápsula longa. É orixinaria das zonas tropicais de México.

      2. Froito desa planta, que posúe interese culinario e medicinal.

    1. Substancia aromática que se obtén deste froito e que se emprega en confeitaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico exipcio situado á beira occidental do Nilo, á altura de Luxor e a 1,5 km do Val dos Reis, ao SO. Comprende oitenta tumbas, do tipo hipoxeo, das dinastías XIX-XX, de raíñas na súa maioría. As máis importantes son as da Raíña Nefertiti e a de Thiti, esposa dun dos Ramsés da dinastía XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Publicou os seus primeiros poemas na revista La Conque, baixo a influencia de S. Mallarmé. Abandonou a poesía (1892) e publicou Introdution à la méthode de Léonard de Vinci (1895) e Une soirée avec Monsieur Teste (1896), en que analiza o poder da intelixencia. Continuou conciliando a súa vida como funcionario coa investigación e a reflexión persoal para, co tempo, volver ao cultivo da poesía con La jeune parque (1917) e Cimetière marin (1920). Grazas a L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922) conseguiu certo renome e ingresou na Académie Française. Autor de Variété (1924-1944), en 1937 foi nomeado titular da cátedra de Poética no Collège de France.

    VER O DETALLE DO TERMO