"Arra" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 638.
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, na rexión de Toscana, Italia, situada ao pé dos Alpes Apuanos, a 5 km do Mar Tirreno (66.097 h [2001]). A súa economía está baseada na tradicional industria do mármore, complementada con novas industrias como a mecánica, a química e a construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da rexión de Toscana, situada en Italia (1.157 km2; 197.411 h [2001]). A capital é Massa-Carrara.
-
-
raticida.
-
Comida ou bebida de moi mala calidade.
-
-
GALICIA
Artista plástica. Cultivou a escultura, o gravado, a cerámica e a pintura, caracterizada polo uso de imaxes fragmentadas nun ambiente predominantemente abstracto. Destaca o traballo Earth (1998) dentro da serie Patróns xenéricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Foi alcalde maior de Ferrol (1835), xuíz en Madrid (1836) e maxistrado en Zaragoza (1837). Foi deputado a Cortes por Ontinyent (València), ministro de Gracia e Xustiza (1843-1846) e presidente do Congreso (1848-1851). Nomeado ministro de Estado en 1854, retirouse da política durante o Bienio Progresista (1854-1856), ata que volveu ser ministro de Gracia e Xustiza (1864).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Estudou latín e humanidades no convento franciscano de Herbón e realizou a carreira eclesiástica no seminario de Santiago de Compostela. Colaborador das publicacións Galicia e Suevia, das súas obras cómpre salientar Presbítero. Poesías (1905), Pío X (1906), 12 de Octubre. Evocaciones. Canto secular (1910), Pro Aris et focis (1912), Hermosa y fuerte (1912) e Vox Clamantis (1915).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Estableceuse en Barcelona en 1944 e especializouse na pintura hispánica do Renacemento, en Josep de Ribera, Francisco de Goya e Pablo R. Picasso. En 1985 dirixiu unha Historia Universal del Arte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante humorístico. Foi o máximo representante do humor burgués da posguerra. Comezou a traballar en La Codorniz aos 27 anos e fundou o semanario Don José (1955). Debuxante en ABC, creou os personaxes de Gundisalvo e Hombres-piedra. Publicou libros de humor gráfico, como Historia de la gente (1954), creou guións para teatro, radio e televisión e realizou curtametraxes. Publicou as novelas Las Palmeras de Cartón (1948) e Adelita en su Desván (1991). Membro da Real Academia Española (1987), recibiu numerosos galardóns como a Medalla de Oro de las Bellas Artes, o Premio Larra (1962), o Premio Ondas (1976) e o Premio Nacional de Periodismo (2003). Desde 1967 o grupo Prensa Española outorga o Premio Mingote ao mellor traballo de periodismo gráfico do ano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.
-
PERSOEIRO
Novelista inglés. A súa primeira novela foi Think of Tomorrow (1934). Tamén publicou The Cruel Sea (1951), coa que obtivo un notable éxito; The Story of Esther Costello (1953), The Tribe that Lost Its Head (1956) e Running Proud (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Morquecho, amosou por primeira vez a súa obra en Pontevedra en 1972. Formou parte do grupo Nome e residiu en Nova York. As súas primeiras obras achegáronse ao fauvismo, ao impresionismo e á pintura de Goya. Interesado pola natureza, comezou a destacar como paisaxista. A mancha é solta e rápida pero as súas obras tamén amosan o dominio do debuxo. As cores son vivas e brillantes como o verde, o amarelo ou o prateado, das que se desprenden a luz e coas que lles deu ás obras certa sensación de acuosidade. Da súa produción destacan Recordos (1993) e Petouto (1993) e as paisaxes realizadas durante a súa estancia en Nova York. Realizou exposicións individuais en Galicia e España e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Ten obra no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, na Colección Caixanova e noutras coleccións galegas e españolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rabino. É autor dunha tradución anotada e comentada da Biblia, denominada a Biblia de Alba (1422-1430).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa e poboación homónima do estado de Bahrain (17,4 km2; 74.254 h 1991]), situada no Golfo Pérsico e unida coa capital (Al-Manāma, na illa principal) por un dique.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. A súa obra Tres libros de música en cifra para vihuela (1546) comprende fantasías, pavanas, tientos, motetes, vilancicos, salmos, cancións e sonetos, escritos orixinariamente para viola ou transcritos de obras italianas, flamencas ou hispánicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar paquistaní. Participou nas guerras indo-paquistanís e en 1998 nomeárono xefe do exército paquistaní. Dirixiu un golpe de estado en 1999 e converteuse no presidente dunha xunta militar. Asumiu os cargos de comandante en xefe das forzas armadas e xefe do executivo e en 2001 autoproclamouse presidente do país. Aínda que se celebraron eleccións lexislativas en 2002 mantén importantes poderes, entre outros, destituír o presidente e disolver a Asemblea Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
narrable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode narrar ou contar.
-
-
Acción e efecto de narrar.
-
Creación literaria en prosa dunha extensión superior á do conto e inferior á da novela.
-
Parte máis extensa do discurso retórico en que se expoñen os feitos para a aclaración do asunto de que se trata e para facilitar a consecución dos fins do orador, por medio da brevidade, da claridade e da verosimilitude.
-
-
-
Que narra.
-
Persoa que realiza unha narración.
-
Persoa que ten a función de contar a historia que se nos presenta na obra narrativa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expoñer de xeito detallado algún feito real ou fiticio, tanto de forma oral como escrita.