"ECA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 560.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Valadouro baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de secar.

    2. Situación climatolóxica anormal dun clima que consiste na escaseza de chuvia, humidade ou auga freática, producindo un desequilibrio hidrolóxico. Maniféstase en función do tempo, e distínguese da aridez, concepto aplicado a un espazo xeográfico. Encontramos os distintos tipos de seca: a seca meteorolóxica, que afecta aos niveis de precipitación; a seca hidrolóxica, que afecta aos niveis de auga nos encoros; e a seca agrícola que afecta á disponibilidade de auga para os cultivos.

    3. Oscilación periódica do nivel dun lago ou mar nun entrante da costa, golfo ou baía. Provocada pola diferenza de presión atmosférica entre dous sectores dunha masa de auga estacionaria ou pola acción dos ventos.

    4. Parte dun areal que queda descuberta na marea baixa.

    5. Temática da literatura brasileira baseada no período en que a ausencia e carencia de chuvia ten como consecuencia graves problemas socioeconómicos, que provocaron fortes migracións na zona brasileira do sertão. Este problema reflectiuse na literatura brasileira polos escritores neorrealistas incluídos no ciclo do sertão.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Arousa situada na parroquia do Caramiñal, no concello da Pobra do Caramiñal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de secar.

    2. Modificación que experimenta unha película de pintura ou verniz ao pasar de estado líquido a sólido. Inclúe, ademais da evaporación do disolvente, a oxidación lenta dalgúns aceites nas pinturas e a polimerización do aglutinante no caso dalgunhas resinas sintéticas.

    3. Operación que consiste en separar un líquido do sólido que o retén fisicamente por procedementos non mecánicos. Na industria, o secado forma parte de moitos procesos, como operación diferenciada ou como efecto dunha operación máis complexa, co propósito de eliminar líquido, xeralmente auga, retida por moitas materias, por causas naturais (madeira) ou por causa dalgún tratamento anterior (téxtiles, coiros). Na madeira, o secado pode ser natural, acelerado e artificial. O secado natural consiste en expoñela á atmosfera natural, amontoándoa pero sen que estean en contacto entre elas nin coa terra. O secado acelerado consiste en somerxer, previamente, a madeira en auga, disolvendo o zume e facilitando así a evaporación. O secado artificial consiste en forzar a eliminación da auga por procedementos térmicos ou mediante a acción de axentes químicos. Nos materiais téxtiles, o secado consiste en quitar toda ou a maior parte da auga que conteñen cando sofren operacións como o branqueado, a tinguidura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar habilitado para o secado de certos materiais de xeito natural ou artificial.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que seca ou serve para secar.

    2. Aparato que serve para secar algunha cousa, especialmente os cabelos e as mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo, máquina ou instalación que serve para secar algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brétema seca con moito frío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sigla para designar o sistema francés de televisión en cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está moi seco.

    2. Terreo de cultivo moi seco que só se rega con auga de chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que seca, absorbe líquidos ou serve para secar.

    2. papel secante.

    3. Emulsión de aceite, xeralmente de liñaza ou esencia de trementina, cun sal metálico (chumbo, manganeso, zinc, cobalto) que ten a propiedade de acelerar a oxidación dos aceites empregados en pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao par de liñas ou de superficies que se cortan.

      2. Aplícase á recta que corta unha circunferencia en dous puntos.

      3. Aplícase á recta que corta unha curva nun punto sen ser tanxente.

      4. Aplícase ao plano que corta unha superficie esférica segundo unha circunferencia.

      5. Aplícase ao plano que corta unha superficie ou unha curva sen ser tanxentes.

    1. Función sec: O q {(2k + 1) ð, k? M} D O definida por asignación x D 1/cos x, onde cos é a función coseno.

    2. Inversa de coseno dun ángulo: sec á =1/cos á.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir de novembro de 1942. Cesou en xaneiro de 1944. Subtitulada “Órgano estudantil del Plantel Concepción Arenal” e sucesora de La Voz del alumno, do Centro Galego de La Habana, foi dirixida por Xosé Antonio García Antón. Reapareceu en 1949 baixo a dirección de Ariel de los Ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que algo perda a humidade ou pase a estar seco.

    2. Deixar sen auga.

    3. Tornar seco ou perder a humidade.

    4. Morrer ou perder o verdor unha planta por falta de humidade.

      1. Deixar de emanar ou correr un líquido.

      2. Deixar de dar leite.

      3. Deixar de fluír un líquido do corpo.

    5. Madurar os froitos.

    6. Enfraquecer.

    7. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo seneca.

    2. Individuo do pobo seneca.

    3. Pobo da familia lingüística iroquesa que formaba parte da confederación das cinco nacións. Viven nalgunhas reservas de Oklahoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa de moita sabedoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, filósofo e político. Os seus mestres eclécticos iniciárono na práctica de doutrinas austeras e exerceron sobre el unha influencia intelectualmente moi profunda que configuraron o seu estoicismo, humanizado polo sentimento e a unidade de estilo e de pensamento que liga a súa obra. Comezou a carreira de dereito que abandonou pola envexa de Calígula. Consagrouse á filosofía e ás letras, frecuentou a alta sociedade e converteuse en home desexado pola xente refinada. Foi acusado de adulterio e condenado a morte polo Senado, pero Claudio impediu que a sentenza se cumprise, e foi exiliado a Córsega. Volveu como preceptor de Nerón e comezou a súa época política. Ao desatarse a crueldade de Nerón retirouse dos asuntos públicos, pero non atopou a tranquilidade que desexaba. Suicidouse por orde do emperador. Nas súas obras rompeu co período ciceroniano e empregou unhas frases en que predomina a brevidade, a repetición, a asimetría e a antítese, cun estilo cheo de observación psicolóxica....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Córdoba? - Roma 37 d C) Retórico e historiador, pai de L. A. Séneca. En Roma, frecuentou os oradores máis célebres e escribiu unha obra histórica, que se perdeu, sobre os feitos acontecidos na urbe, desde a fin das guerras civís ata a súa época. Escribiu Oratorum et rhetorum sententiae divisiones colores, sobre as formas de retórica do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Servosistema que ten unha saída constituída por un sistema mecánico. Actúa sobre unha máquina ou un sistema regulado en que a variable controlada é unha posición mecánica. Adoita ter unha amplificación do sinal de comando para o accionamento da máquina. Os servomecanismos poden ser puramente mecánicos ou ben electromecánicos (electromagnéticos ou electrónicos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Caixa montada sobre un chasis provisto dunha roda lateral e cun asento que, fixada a un dos lados dunha motocicleta, permite aumentar a súa capacidade.

    2. Motocicleta provista de sidecar.

    VER O DETALLE DO TERMO