"Far" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 541.

    1. Relativo ou pertencente ao rastafarianismo.

    2. Seguidor do rastafarianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento relixioso nacido en Xamaica a comezos da década de 1930. Baseado nas profecías da Biblia, nas aspiracións da comunidade negra e nas ensinanzas de Marcus M. Garvey, ten unha orientación política fundamentada na non aceptación dos valores impostos pola ideoloxía dominante. Tomou o seu nome de Ras Tafari Makonne (nome do emperador etíope Haile Selassie), protector da civilización africana. Consideran que a raza negra é descendente dos antigos israelitas. Basean todos os seus actos en pasaxes bíblicas e celebran dúas cerimonias: un razonamento, onde se reunen, fuman herba e discuten cuestións relixiosas e sociais, e un binghi ou festa onde se danza, canta e fuma durante varios días. Dos seus símbolos destacan as trenzas rastas e o fumar ganja (cannabis) ou herba sagrada. Durante a década de 1960 acadou gran popularidade, tanto en Xamaica coma no exterior, debido a relación entre a música reggae e a relixión. A música sagrada dos rastafari denomínase...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución creada por Filipe V pola Pragmática de 1737, co nome de Real Colegio de Farmacéuticos coa finalidade de dedicarse ao cultivo e adiantamento da farmacia, química, botánica e historia natural. Ten a súa orixe na Congregación y Colegio de Boticarios de Madrid, baixo a advocación de san Lucas e de Nosa Señora da Purificación, documentado no s XVI e en 1939 tomou o seu nome actual. As súas institucións separáronse e o Real Colegio de Farmacéuticos comezou en 1751 as primeiras leccións de botánica, xerme da facultade de farmacia. Utilizando o seu local e laboratorio, Fernando VII creou en 1804 o Colegio de Farmacia de San Fernando. Dedícase ao estudo da farmacia fomentando diversas publicacións. Concede a Medalla Carracido para premiar servizos excepcionais á farmacia. Está dividida nas seccións de Química y Física, Biología, Tecnología y Farmacogenómica, Tecnología Farmacéutica; Farmacología y Farmacoterapia, Salud Pública, Alimentación y Medio Ambiente, Historia e Legislación y...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Decidir mediante o azar a quen lle vai tocar algo.

      1. Discutir ou pelexar dúas ou máis persoas.

      2. Chamar a atención a alguén levantando a voz.

    2. Esgazar unha vela ou unha bandeira a causa da violencia do vento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nasofarinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nasofarínxeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación da rinofarinxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Expedición de caza maior que se fai, especialmente, en territorios selváticos de África.

    2. Expedición que ten por finalidade fotografar animais salvaxes no seu medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á dinastía saffárida.

    2. Membro da dinastía fundada por Ya’quīb ibn al-Layt al-Saffar en Siyistān (863). A dinastía recoñeceu a ‘Amr ibn al-Layt (879-903?), irmán e sucesor de Ya’quīb, como soberano de Jurasan, Fārs, Siyistãn e Sind. ‘Amr ibn al-Layt tentou arrebatarlle Transoxiana aos samánidas pero caeu prisioneiro preto de Balj e foi enviado ao califa, quen o mandou executar. Os seus descendentes conservaron aínda algún poder en Siyistān baixo a tutela samánida ata comezos do s XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (19.340 h [2001]). Destaca como núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta árabe. De época preislámica, tivo unha vida errante e fóra da lei, e converteuse no heroe da literatura clásica de aventuras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya (9.169 h [2001]). Os principais cultivos son os cereais e as leguminosas de secaño. A industria está diversificada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación que o xudaísmo empregou para referirse á Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sefardís ou á súa lingua.

    2. Individuo da comunidade sefardí.

      1. Comunidade xudía establecida na Península Ibérica (Sefarad) e cada un dos seus descendentes ata a súa expulsión en 1492. O edicto de expulsión, promulgado polos Reis Católicos, marcou a gran diáspora dos xudeus hispanos que non aceptaron o bautismo. Establecidos primeiro en Portugal, marcharon aos Países Baixos e á costa mediterránea despois do edito de Manuel II de Portugal (1496-1497). A finais do s XIX algúns dirixíronse cara a América e, a partir de 1948, cara ao novo Estado de Israel. En 1990, as comunidades sefardís recibiron o Premio Príncipe de Asturias da Concordia.

      2. Grupo xudeu que, sen ser orixinarios de Sefarad, seguiron o rito litúrxico e mantiveron a pronuncia do hebreo.

    3. ariedade de español  que falan os sefardís. Cómpre distinguir dous tipos: un español moi hebraizado na sintaxe e arcaico no vocabulario e na fonética que se utilizaba para as traducións bíblicas e certas obras litúrxicas, e o xudeoespañol, un español do s XVI que apenas sufriu cambios na súa pronuncia e estrutura, pero con influencias léxicas de linguas como o grego, o turco, o árabe, o francés e o italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1122-1130), fillo de Magnus III e irmán e sucesor de Sten I. Defensor da fe cristiá, en 1107 emprendeu unha expedición marítima que o levou a Inglaterra, Lisboa e Xerusalén. Cos seus guerreiros saqueou algunhas cidades do litoral mediterráneo, como Sidón, e volveu por terra a Noriega (1111). Sucedeuno o seu fillo Magnus IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adherencia cicatricial parcial ou completa entre as pálpebras e o globo ocular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e muralista mexicano. A súa pintura mostrou o triunfo da revolución a partir de morfoloxías neorrealistas. Como D. R. Rivera e J. C. Orozco, en 1922 comezou a realizar pinturas monumentais, ao tempo que mantiña unha actividade política directa como secretario da Confederación Sindical Unitaria. Exiliado, percorreu EE UU, Uruguay e Arxentina (1932-1934), poñendo en práctica as técnicas murais máis vangardistas. Pintou os frescos para a Casa del Sindicato de Electricistas (1939, México) e a Escuela Méjico de Chillán (1941-1942, Chile). Durante a posguerra fixo grandes ciclos histórico-simbólicos como La revolución mexicana e La marcha de la Humanidad (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e historiador portugués. Tras catro anos en Roma, trasladouse en 1631 a Madrid. Destacan Epitome de historias de Portugal (1628), El gran iustitia de Aragón don Martín Batista de Lanuza (1650) e Asia Portuguesa (1666).

    VER O DETALLE DO TERMO