"ISM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1586.

    1. Movemento que procura, a través do diálogo, a unidade mundial entre as igrexas para acadar a vontade de Cristo de constituír a Igrexa de Deus. Os primeiros intentos de movemento ecuménico iniciáronse no s XIX por iniciativa das igrexas reformadas. En 1920 o cristianismo ortodoxo incorporouse ao movemento ecuménico protestante. Non obstante , o fenómeno ecuménico apenas tivo repercusión ata a celebración do Consello Mundial de Igrexas (1948). Anteriormente xa se celebraran algunhas convencións, como a Conferencia Universal Cristiá sobre a Vida e o Traballo (1925) ou a Primeira Conferencia Mundial da Fe e a Orde (1927), pero sen demasiado éxito. A Igrexa católica mantívose á marxe do movemento ata a celebración do Concilio Vaticano II (1962-1965). Nese concilio, convocado por Xoán XXIII, a Igrexa católica tiña como principais retos a renovación da vida eclesial e a definición do papel da Igrexa ante os grandes desafíos da vida moderna. Trala morte do papa (3.6.1963), Paulo VI, o seu sucesor,...

    2. Condición de universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de efectista.

      1. Recurso ou procedemento efectista

      2. Acción e efecto que en calquera obra artística busca xerar un impacto estético e visual forte, que impresione o público. Conséguese mediante a utilización de estratexias como a esaxeración ou determinados recursos técnicos. O afán de entusiasmar o espectador con esta práctica anteponse á calidade da obra, da dirección, da interpretación ou do espectáculo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de egocéntrico.

    2. Actitude psicolóxica que leva a constituírse, un mesmo, no centro do universo e a considerar as cousas en tanto que son dalgunha utilidade propia. O individuo é incapaz de se poñer no lugar do outro para considerar desde alí os fenómenos. O egocentrismo, normal en nenos de catro a seis anos, no adulto chega a ser propio dos débiles e dos que presentan atrasos afectivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Excesivo amor a un mesmo que fai atender unicamente o interese propio, mesmo en prexuízo do dos demais.

    2. Teoría ética que considera o propio interese como o fin da acción moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manía de falar de si mesmo ou de afirmar a propia personalidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude ou tendencia política que persegue acadar unha alta porcentaxe de participación nas eleccións e uns bos resultados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio dos fenómenos eléctricos producidos polas pilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Magnetismo producido por unha corrente eléctrica.

    2. Parte da electricidade que estudia conxuntamente os fenómenos eléctricos e magnéticos, unificándoos nunha síntese teórica única. Historicamente, os resultados experimentais básicos conseguiunos cara ao 1820 H. C. Ørsted e A. M. Ampère, que descubriron os efectos magnéticos da corrente eléctrica e puxeron de manifesto a íntima relación existente entre os dous conxuntos de fenómenos. O efecto contrario, é dicir, a produción de corrente eléctrica a partir do magnetismo, coñecido como indución electromagnética, foi descuberto por M. Faraday no ano 1831. J. C. Maxwell conseguiu a síntese teórica de todo este labor experimental e resumiu o comportamento das accións electromagnéticas en catro ecuacións, coñecidas como ecuacións de Maxwell. O campo electromagnético componse de dúas entidades físicas, o campo electrostático E e o campo de indución magnética B . En cada punto do espacio están definidos os dous vectores E e B...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Movemento artístico disidente do neoplasticismo. Promoveuno Theo van Doesburg coa publicación dun manifesto en De Stijl (1926), no que expoñía as súas diverxencias co dogmatismo do neoplasticismo de P. Mondrian e defendía o uso da composición diagonal do ángulo recto.

    2. Teoría psicolóxica de Wilhem Wundt e dos seus seguidores, en particular de Edward Tichener, que establece como obxecto da psicoloxía o estudo dos elementos e dos compostos que integran a consciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Actitude de quen ou do que é favorable ás elites.

    2. Doutrina ou sistema que defende a existencia das elites e exalta o seu papel na sociedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina panteísta que afirma que todo procede de Deus por emanación. Na psicoloxía metafísica clásica oponse ao creacionismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ano lunar do calendario xudeu composto por trece meses lunares, en lugar dos doce ordinarios. Engádeselle un mes suplementario de trinta días co obxectivo de restablecer a concordancia entre os anos lunares e os solares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Adición dun certo número de días á duración dun ano para que coincida o desenvolvemento dos anos lunares cos solares.

    2. Ampliación dun texto por medio dunha frase ou dun parágrafo engadidos, xeralmente, ao final. É un exemplo típico a oración que, na liturxia, segue ao Noso Pai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teoría filosófica que mantén que as expresións éticas son emotivas xa que manifestan sentimentos morais. Ao non ser proposicións empíricas, non se pode comprobar se os imperativos éticos son verdadeiros ou falsos, polo que deben ser analizados desde a perspectiva da linguaxe para saber qué sentimento enuncian. Desenvolvérona autores de tradición anglosaxona, membros do chamado positivismo lóxico, entre outros, A. J. Ayer, Moritz Schlick e C. L. Stevenson. Para Schlick, todo o problema ético redúcese a unha cuestión de feito: averiguar cómo empregan as distintas comunidades os termos bo e malo, pero non se pode afirmar o que deben significar desde un punto de vista normativo. Falar do desexable non ten sentido pois non é algo verificable e só podemos falar de cousas desexables para algún fin, pero nunca desexables en si mesmas. C. L. Stevenson mantivo unha concepción instrumentalista da ética, de xeito que os termos éticos non se utilizan descritivamente (ó non ser posible definir o bo en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica que se basea na crítica da experiencia pura para a eliminación dos supostos metafísicos. Desenvolvérona R. Avenarius e E. Mach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina filosófica relativa á natureza do coñecemento que nega a posibilidade de calquera tipo de coñecemento que non proveña da experiencia, en particular da experiencia sensorial. Forma parte de sistemas filosóficos moi diversos. Os primeiros en adoptar posicións netamente empíricas foron Sexto Empírico e as escolas estoica e epicúrea. Aristóteles presenta tamén algúns trazos marcadamente empíricos. Entre os ss XVII e XVIII desenvolvérono autores ingleses como A. J. Locke, G. Berkeley e D. Hume, en oposición ao racionalismo e á teoría das ideas innatas de R. Descartes, B. Spinoza, G. W. Leibniz, N. Malebranche e C. Wolff. Para os empiristas non habería nada no intelecto que non pasara antes polos sentidos e o método de investigación científica sería o matemático-indutivo. Pensadores como Locke distinguen dúas formas de experiencia: a externa ou puramente sensorial, as impresións; e a interna, os actos mentais referidos á asociación de ideas, a memoria e a imaxinación, entre outras. No...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de enantiomorfo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Práctica social que consiste en buscar unha situación laboral vantaxosa grazas a influencias ou a algunha recomendación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. isión da natureza e da sociedade propia dos creadores da Encyclopédie, que rexeitaba o dogmatismo e a tradición establecida, baseándose no racionalismo e no empirismo, e que pretendía acadar a obxectividade crítica mediante a unión entre a ciencia e a técnica. Xurdiu como variante radical da Ilustración e definiu os ideais dun grupo da burguesía francesa, integrado por industriais, comerciantes, artistas, técnicos, científicos e administradores. Ordenaba as realidades de forma que constituían unha totalidade coherente e comprensible. O seu humanismo e a súa actitude antiteolóxica levounos a un materialismo antimetafísico nas ciencias naturais e na teoría do coñecemento (sensismo). No campo socioeconómico, acolleu algunhas doutrinas e directrices fisiocráticas xunto cos postulados de liberdade de produción e de comercio. As súas teorizacións políticas asentáronse sobre os principios da soberanía nacional, liberdade individual do cidadán e igualdade xurídica. O seu interese por atopar...

      1. Posesión do conxunto dos coñecementos humanos ou de campos moi variados.

      2. enciclopedismo pedagóxico

        Afán desmedido por aprenderlles aos alumnos elementos de moitas ciencias coa pretensión de enchelos de múltiples coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento ascético de orixe xudeocristiá que condenaba o matrimonio e prohibía comer carne e beber viño, incluso na celebración da Eucaristía.

    VER O DETALLE DO TERMO