"Jos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1142.

  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor. Puxo a escrita dramática ao servizo da propaganda franquista, gañando en 1953 o Premio Lope de Vega coa obra Murió hace quince días. Tamén foi autor de La hija de Juno (1955), La cárcel sin puertas (1958), El rey ha muerto (1960) ou Alarma (1964).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante. Colaborou con El Ideal Gallego e La Voz de Galicia, e participou na edición de varios libros das editoriais Xerais e Vía Láctea. Colaborou nas revistas Totem, Cimoc, Zona 84 e Skorpio. Ilustrou tamén as guías de Extremadura e Galicia de Caixa Galicia e da Caja de Extremadura e os libros Tres países encantados (1986), de Xoán Babarro e Ana María Fernández, e O cabaleiro inexistente (1988), de Italo Calvino. Gañou o premio de ilustración Ciudad de Dos Hermanas en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na decoración do Palacio Real de Madrid e fixo algúns grupos para o Pesebre de Carlos IV. Nomeado escultor de cámara honorario (1794), interveu na decoración da Casita del Príncipe en El Escorial e na Casa del Labrador en Aranjuez. Foi académico de mérito da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1814) e primeiro escultor de Fernando VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e químico. Catedrático de Química Inorgánica na Universidad de Salamanca (1905) e de Bioquímica na Universidad Central de Madrid (1928). Opúxose á ditadura de Primo de Rivera e participou na fundación de Acción Republicana. Ao ser proclamada a Segunda República (1931), foi conselleiro de Estado, reitor da Universidad Central de Madrid e ministro de Mariña (1931-1933). Co Frente Popular ocupou novamente a carteira de Mariña (1936) e asumiu tamén a presidencia do goberno (1936). Foi ministro sen carteira nos gobernos de Largo Caballero (1936) e de J. Negrín (1939). En 1939 exiliouse a México, onde presidiu o goberno republicano no exilio (1945-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador. Colaborou na revista de cómics Vagalume e ilustrou libros infantís, como Contos pra nenos (1978), Pericles e a balga (1984) de Xohana Torres, O buzón dos nenos (1985) de Úrsula Heinze, e Primeiro libro con Malola (1985) de X. Babarro e A. M. Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Participou na fundación das JONS e, trala Guerra Civil, foi nomeado por F. Franco conselleiro nacional da FET y de las JONS e delegado da Confederación Nacional de Ex-combatientes. Ocupou a carteira de Traballo (1941-1957), desde a que puxo en marcha unha ampla lexislación social de carácter nacional-sindicalista: leis sobre o seguro de enfermidade, a hixiene e seguridade no traballo, e a introdución das pagas extraordinarias. En 1978 opúxose á instauración da democracia en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Da súa produción destacan Un hombre (Premio Nadal 1946), Los cipreses creen en Dios (1953), Un millón de muertos (1961), Ha estallado la paz (1966), Condenados a vivir (Premio Planeta 1971), El escándalo de Tierra Santa (1977), El escándalo del Islam (1982), La duda inquietante (1988) e Nuevos cien españoles y Dios (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Diplomático e escritor francés. Publicou traballos de erudición e narracións de carácter stendhaliano. Da súa produción destaca Essai sur l’inégalité des races humaines (1853-1855), en que introduce unha interpretación das civilizacións fundamentada nas razas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xornalista alemán. Formado nas universidades de Bonn, Berlín e Heidelberg, ingresou no Partido Nacional Socialista en 1922 e en 1926 converteuse no xefe do partido na área de Berlín. Fundador e director do periódico Der Angriff (1927-1933), foi elixido membro do Reichstag en 1928. Responsable do aparato propagandístico nazi (1929), promoveu unha campaña de odio contra os grupos non arios, como xudeus e eslavos. Nomeado por A. Hitler ministro de Educación Popular e Propaganda (1933), utilizou os medios de comunicación e o sistema educativo como medio de propaganda das ideas nazis. Membro do consello de ministros desde 1938, foi elixido como sucesor por A. Hitler (1944). Suicidouse xunto á súa familia un día despois do suicidio de A. Hitler. Foi autor de Del Kaiserhof zur Reichskanzlei (Do Kaiserhof á Chancelería do Reich, 1934) e Tagebücher 1942-1943 (Diarios 1942-1943, 1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico estadounidense. Estudiou nas universidades de Lexington e Dallas, e doutorouse en 1966. Traballou no Hospital Xeral de Massachusetts e no Instituto Nacional do Corazón na Universidade de Dallas. Estudiou os factores xenéticos que interveñen no metabolismo do colesterol xunto con Michael F. Brown, co que compartiu no ano 1985 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina por estas investigacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo musical representante da chamada movida viguesa, nado en 1982 en Vigo e formado inicialmente polo dúo Germán Coppini (voz e textos) e Teo Cardalda (composición e instrumentos). Tras vencer na primeira edición do Concurso de Maquetas organizado por Rock Especial en 1983, ampliou a súa formación coa incorporación de Pablo Novoa e Luis García, que se encargaron do labor instrumental. Fixo célebres temas como “No mires a los ojos de la gente”, “Malos tiempos para la lírica”, “Lágrimas”, “Estoy enfermo”, “Hansel y Gretel”, “Colecciono Moscas” e “Cena recalentada”. Da súa discografía destaca Golpes Bajos (1983), A santa compaña (1984) e Devocionario (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Catedrático de Historia, dirixe a Fundación 10 de Marzo e coordina a revista DEZ.EME. Das súas publicacións destacan As CC OO de Galicia e a conflitividade laboral durante o franquismo (1995) e O dez de marzo, unha data na historia (1997), en colaboración con Víctor Santidrián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Realizador cinematográfico. Licenciado en Ciencias Políticas e xornalista, en 1986 fundou Estudio 13, compañía produtora coa que fixo unha serie de documentais sobre a cidade de Santiago de Compostela, nos que colaborou como guionista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e xornalista. En 1885 introduciu en La Habana a fotografía instantánea, feito que lle permitiu recoller imaxes da Guerra da Independencia da illa. Traballou como reporteiro gráfico en La Caricatura, La Lucha, El Fígaro e La Discusión (1888-1903). Redactou artigos para as revistas Cuba e América, amais doutras publicacións estranxeiras. Traballou na comisión que investigou o afundimento do Maine e moitas das súas imaxes apareceron nos libros de xeografía e historia de Carlos de la Torre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista. Director de Coordinación Editorial e de Comunicación do Grupo Zeta e editor e conselleiro delegado do diario electrónico Xornal.com, exerceu tamén como xefe de área en El Correo Gallego e como director de La Voz de Galicia. Ademais, foi director editorial do Grupo Voz e profesor na Universidade da Coruña. Publicou Galicia ante la CEE (1983) e dirixiu o Manual básico de economía en galego (1993 e 1998). Recibiu o Premio Galicia de Xornalismo de Información Económica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo desde 1980. Ingresou na orde franciscana en 1948. Na provincia franciscana de Santiago foi vicerrector e reitor do colexio franciscano, e prefecto provincial de formación. Foi delegado episcopal de relixiosos na arquidiocese de Santiago. Consagrado bispo de Lugo (1980), converteuse no primeiro bispo nomeado a partir do acordo entre o goberno español e a Santa Sé (1976), pola que se derrogou a intervención da administración española no nomeamento de bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director teatral e actor de cine e teatro. Alumno de J. Lecoq e de J. Grotowsky, foi un dos introdutores en España do teatro de Handke, Kafka, Weiss, Büchner e Brecht. En 1978 asumiu a dirección do Centro Dramático Nacional e en 1994 creou o Teatro de la Abadía. Das súas producións teatrais destacan Informe para una academia (1972), Juicio al padre (1985), Ay, Carmela! (1987), Bodas de sangre (1986) ou Quimera y amor de Don Perlimpín con Belisa en su jardín (1990). En 1988 e 1995 obtivo o Premio Nacional de Teatro. Como actor cinematográfico participou nos filmes Pascual Duarte (1975), polo que obtivo un premio á mellor interpretación masculina en Cannes, Cría cuervos (1976), Parranda (1976), Remando al viento (1978) ou Beltenebros (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e realizador. Realizou estudios de Ciencias Políticas e Ciencias da Información. Director de Estudio 13, foi produtor executivo da película El Pórtico de la Gloria, realizador de De Jaca a Compostela, Las calles de Dublín e Phoenix Park, e produtor de Música en Compostela. Escribiu Londres e Vigo, calles y rincones e Bodegas de Galicia (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Encargouse da dirección provincial do SERGAS entre 1991-1993. Foi concelleiro e alcalde de Mos, polo Partido Popular, e deputado por Pontevedra ao Parlamento de Galicia na V lexislatura (1997-2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e galerista. Destacado acuarelista, cultivou a paisaxe campesiña e mariñeira. En 1942 realizou a súa primeira exposición de acuarelas no Casino Ferrolano e desde 1972 realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas por toda Galicia e España. Recibiu o Primeiro Premio de Óleo e Acuarela (A Coruña, 1943 e 1956) e o Primeiro Premio de Óleo da V Exposición de Arte Seu (A Coruña, 1945).

    VER O DETALLE DO TERMO