Goebbels, Joseph Paul
Político e xornalista alemán. Formado nas universidades de Bonn, Berlín e Heidelberg, ingresou no Partido Nacional Socialista en 1922 e en 1926 converteuse no xefe do partido na área de Berlín. Fundador e director do periódico Der Angriff (1927-1933), foi elixido membro do Reichstag en 1928. Responsable do aparato propagandístico nazi (1929), promoveu unha campaña de odio contra os grupos non arios, como xudeus e eslavos. Nomeado por A. Hitler ministro de Educación Popular e Propaganda (1933), utilizou os medios de comunicación e o sistema educativo como medio de propaganda das ideas nazis. Membro do consello de ministros desde 1938, foi elixido como sucesor por A. Hitler (1944). Suicidouse xunto á súa familia un día despois do suicidio de A. Hitler. Foi autor de Del Kaiserhof zur Reichskanzlei (Do Kaiserhof á Chancelería do Reich, 1934) e Tagebücher 1942-1943 (Diarios 1942-1943, 1948).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rheydt, Renania -
Deceso
Lugar : Berlín