"Manuel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 824.

  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista en lanzamento de peso, gañou once veces o campionato de España en pista cuberta (1993-2003) e dez ao aire libre (1993-1998, 2000-2003). Foi subcampión de Europa en pista cuberta en 2000, obtivo a medalla de bronce nos campionatos do mundo en pista cuberta de 2001 e foi campión de Europa en pista cuberta en 2002.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor. Formouse na Barcelona modernista de finais do s XIX. Modificou as formas naturais por medio da modelaxe e a xeometrización do volume para conseguir expresar o movemento por medio dunha síntese dos sucesivos momentos que o constitúen. Se nas esculturas de vulto redondo expresou a sensación de peso vital e a ambientación en atmosferas concretas, nos relevos creou o espazo cunha sensibilizada concordancia entre as gradacións do volume e os grafismos suavemente matizados. Cultivou tamén a pintura, a ourivería e a poesía. Da súa obra destaca Bacant (1934) e Autoretrat.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador e escritor. Considerado como un dos máis destacados historiadores e ideólogos do galeguismo do s XIX en Galicia, a súa obra tivo unha gran transcendencia na formación dos intelectuais e políticos galegos do s XX. Estudiou o bacharelato en Santiago de Compostela, onde frecuentou o Liceo de la Juventud, e en Ourense. En 1851, seguindo os desexos do seu pai, comezou os estudios de medicina e farmacia, que posteriormente abandonou, e trasladouse a Madrid. Na capital comezou a súa colaboración con diversas publicacións periódicas, como La Iberia e Las Novedades. Nesa época iniciaba tamén a súa faceta como escritor e publicaba, entre outras obras, os contos Luisa (1852) e Un can-can de Mussard (1853); as novelas Desde el cielo (1854), El regalo de boda (1855) e Don Diego Gelmírez (1859); os libros de viaxes Viaje pintoresco por la ría de Vigo (1855) e El castillo de Bayona de Galicia (1856), e unha ducia de poemas entre os que destaca “A nena das soidades”, o primeiro que escribiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. É autor de numerosas novelas, relatos e textos dramáticos. No apartado dramático cómpre salientar Os algareiros (1976) e O cazador de perdices (1977), finalistas do Premio Abrente de Ribadavia. Da súa produción en prosa destacan A fuxida (1980), Un ano e un día (1980), A chamada escura dos caborcos (1981), finalista do Premio Blanco Amor de Novela, A espada na auga (1981), Beiramar (1983, Premio Blanco Amor de Novela), Os chapurros (1983), Os lóstregos e a carballeira (1986, Premio Casa de Galicia nas Palmas), Detrás do silencio (1986, Premio Manuel Casado Nieto), As florestas do Mañuema (1988), Un ano e un día (1990), Os culpables (1993), Diario de inverno (1994), Todo o peso do ceo (1997), Dos camiños de arrieiros aos pazos da Ulla (2000) e O tempo en ningunha parte (2003). Recibiu o Premio Modesto R. Figueiredo en 1976, 1977, 1978 e 1981.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Propagandista societario. Participou no obreirismo coruñés e dirixiu a sociedade de oficios varios La Heterogénea. Foi un dos fundadores do agrarismo de carácter libertario nos arrabaldes da Coruña e participou na creación de Unión Campesina (1907). Fundou a Asociación Galaica de Instrución Racionalista 13 de Octubre en Cuba e, a finais da década de 1920, retomou a actividade agraria creando no período republicano a Unión Mutualista Campesina no contorno coruñés e nas bisbarras das Mariñas e Bergantiños. Foi pioneiro do asociacionismo veciñal nos barrios do extrarradio, alentando o colectivo Unión de Barrios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Foi mestre de capela da catedral de Tui desde 1892. Na catedral tudense hai máis de 50 pezas súas, arranxos doutros autores e transcricións varias, entre as que destacan o Himno triunfal a la Santidad de León XIII, Tantum Ergo (1870) e Trisagio a la Santísima Trinidad (1880). Foi o instrutor musical de Xosé A. Veiga Paradís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador, irmán de Francisco Xavier Martínez Santiso. Foi maxistrado e escribiu o primeiro tomo da Historia de la ciudad de Betanzos (1892), deixando inédito o segundo, Descripción de la ciudad y sus monumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e escritor. Foi xuíz de Instrución en diferentes poboacións e fiscal de Audiencia en Salamanca. Alternou a súa profesión coa investigación histórica e arqueolóxica. Colaborou no Boletín de la Comisión de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense con artigos como “Vocablos gallegos del dialecto salmantino” e “El Autor del Pórtico del Paraíso”, e escribiu La Cuestión agraria en Galicia: redención de foros y subforos: una solución equitativa (1912) e Fueros municipales de Orense (1912). Foi membro da Real Academia Galega, da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi xefe de servizo de Medicina Interna do Hospital Universitario de Val d’Hebrón, membro de diversas comisións ministeriais da especialidade de Medicina Interna e vicepresidente da Sociedad Española de Medicina Interna. Recibiu o Premio José Trueta a la Investigación (1988), o Premio Farreras Valenti da Sociedad Catalana de Medicina Interna e o Premio Janssen-Cilag de investigación biomédica en SIDA.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Estudiou teoloxía e ingresou nun mosteiro dominicano. En 1884 foi destinado a Filipinas como misioneiro e alí publicou a revista semanal manuscrita La Sabatina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre. Entre 1874 e 1876 colaborou no xornal La Luz. Foi un dos fundadores, en 1880, xunto con Enrique García, da Escola Fröbel de Pontevedra. Participou no Congreso Rexional Pedagóxico de 1887 en Pontevedra, onde defendeu que a educación tiña que ser a mesma para homes e para mulleres, así como a necesidade da incorporación da muller á escola. Publicou algunhas traducións do francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Óptico e político, irmán de Sebastián Martínez-Risco Macías e curmán de Vicente Risco. Foi deputado por Ourense nas Cortes por Acción Republicana (1931) e por Izquierda Republicana (1936). Exiliouse en Francia, onde continuou co seu labor científico e docente. Escribiu Estudios generales sobre aberración esférica de orden superior (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e relixioso dominicano. Adoptou para os seus proxectos o estilo barroco que desenvolveu por completo en Santiago de Compostela. Formouse con F. de Casas Novoa, con quen construíu a igrexa conventual de Santa María de Belvís e proxectou tamén dous tramos do claustro e o refectorio do convento. En San Martiño Pinario construíu a portada do mosteiro, cara a 1751, así como as escaleiras de entrada á igrexa e á cámara do claustro da portería. En 1753 trazou os planos para o colexio de San Xerome e proxectou os dous claustros posteriores do Hospital Real de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo francés. Director da revista Annales de Géographie, foi un grande especialista en xeomorfoloxía. Escribiu Traité de géographie physique (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre e escritor. Cultivou a poesía e escribiu, entre outras, as farsas El exprés Ferrol-Gijón o los sueños, sueños son, De Ferrol marcha a París una hermosísima miss, Villahonrosa e La hora feliz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de   Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Din Matamoro, formouse en Madrid, Nova York e Roma, e desde 1985 vinculouse a Atlántica. Especializado en pintura e gravado, evolucionou desde o neoexpresionismo e incorporou distintos materiais nas súas obras.   Na súa produción destaca a compoñente autobiográfica e a súa estética cambiou coas súas vivencias, que incorporou ás súas obras. Empregou o gran formato cunha figuración distorsionada e cunha importante presenza da materia pictórica con cores fortes e brillantes. Trala súa estancia en Nova York, incorporou elementos do neopop e experimentou con materiais diversos como o látex. Explorou coa luz, a cor e a materia, mesturadas coas alusións ao cine como metáfora da lembranza (Pantallas, 1993). Da súa produción destacan Depuradora (1987), Eigthies (1988-1989), Coiro (1989), El agua se agitó y se puso blanca (1996), Bar (1996-1997) e Un par de versos I (1997). Recibiu a segunda medalla da Bienal de Pontevedra en 1990 e a súa obra está presente, entre outros, no...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Instalouse en Galicia, onde cultivou unha pintura realista. Destacan os seus retratos Antonio Rosón (1993), Castelao, S.M. El Rey Don Juan Carlos I (1993), Manuel Fraga Iribarne e Ramón Piñeiro (1995), ademais das súas visións urbanas recollidas na mostra Retratos e Perspectivas Urbanas, das que sobresae Vista de Bilbao. Recibiu o Premio Nacional de Pintura de Venezuela (1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi fundador e director do xornal El Eco Villalbés. Interesouse pola historia da súa terra natal e publicou en xornais rexionais. Das súas obras destacan El partido de Villalba en la guerra carlista (1904), Estudio histórico sobre algunos monasterios antiguos en el norte de Galicia. Sede britoniense y el origen de Mondoñedo (1905) e El asedio de Villalba (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Elector de Baviera (1679-1726). Despois da morte do seu fillo Xosé Fernando en 1699, designado herdeiro de Carlos II, aliouse con Luís XIV de Francia na Guerra de Sucesión Española (1702-1714). Desposuído dos seus estados trala Batalla de Blenheim (1704), recobrounos polos tratados de Rastadt (1714) e Baden (1715).

    VER O DETALLE DO TERMO