Matamoro Irago, Eduardo Manuel

Matamoro Irago, Eduardo Manuel

Pintor. Coñecido como Din Matamoro, formouse en Madrid, Nova York e Roma, e desde 1985 vinculouse a Atlántica. Especializado en pintura e gravado, evolucionou desde o neoexpresionismo e incorporou distintos materiais nas súas obras.   Na súa produción destaca a compoñente autobiográfica e a súa estética cambiou coas súas vivencias, que incorporou ás súas obras. Empregou o gran formato cunha figuración distorsionada e cunha importante presenza da materia pictórica con cores fortes e brillantes. Trala súa estancia en Nova York, incorporou elementos do neopop e experimentou con materiais diversos como o látex. Explorou coa luz, a cor e a materia, mesturadas coas alusións ao cine como metáfora da lembranza (Pantallas, 1993). Da súa produción destacan Depuradora (1987), Eigthies (1988-1989), Coiro (1989), El agua se agitó y se puso blanca (1996), Bar (1996-1997) e Un par de versos I (1997). Recibiu a segunda medalla da Bienal de Pontevedra en 1990 e a súa obra está presente, entre outros, no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo, no Museo de Arte Contemporánea de Unión Fenosa e no CGAC.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vigo