"OCI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 818.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cigoto bacteriano parcialmente diploide, que é o resultado dun proceso de transferencia dunha parte da información xenética dunha célula doadora á información xenética presente nunha célula receptora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de transición dos mielocitos, intermedia entre estes e os leucocitos granulosos, de núcleo igual aos destes últimos, pero sen ser lobulado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fumigante que se utiliza, mesturado co dicloropropeno, para a desinfección dos terreos de cultivo en horticultura intensiva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula de certos insectos que contén lévedos e bacterias (neste caso denomínase máis propiamente bacteriocitos) en simbiose. A súa microflora proporciona nutrientes que lle son indispensables. A súa distribución é irregular en certos tecidos, como o intestino, formando acumulacións denominadas micetomas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Circuíto electrónico disposto en forma dunha unidade compacta miniaturizada, en que os diferentes compoñentes se montan sobre unha pequena placa, xeralmente cerámica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cirurxía que se realiza sobre estruturas tan pequenas que o cirurxián necesita da axuda dun microscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Célula vexetativa resistente, pequena e redonda, con paredes celulares moi grosas. Os microcistos poden asociarse e conformar os denominados corpos frutíferos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito de tamaño inferior ao normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eritrocito pequeno, esférico e facilmente hemolizable.
-
-
Presenza de microesferocitos no sangue.
-
esferocitose hereditaria.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leucocito novo da serie granulocítica, situado entre o promielocito e o polinuclear adulto. Habitualmente non está presente no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presenza de mielocitos no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de contracción que se produce nos músculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento celular contráctil que é propio das esponxas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cigoto dos mixomicetos que resulta da fusión de dúas mixamebas de sexo distinto de dúas mixoflaxeladas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
Condición, idade ou estado de mozo.
-
Parte da vida dunha persoa entre a infancia e a madurez.
-
Conxunto de xente moza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Santiago de Compostela a partir de 1991 baixo os subtítulos “Voceiro nacional de Galiza Nova” e “Revista de Galiza Nova”. Foi o órgano de expresión de Galiza Nova, a agrupación das Mocidades do BNG. De ideoloxía nacionalista, a redacción constituíuna a Comisión Permanente da organización. Incluíu noticias, reportaxes, banda deseñada, crónicas e entrevistas, sempre cunha óptica política e social.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización xuvenil do Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei fundada en 1922. Ocupouse da formación premilitar e ideolóxica da mocidade alemá desde que Hitler ocupou o poder (1933).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Quintela de Leirado baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO