Mocidade

Mocidade
[PUBLIC]

Revista editada en Santiago de Compostela a partir de 1991 baixo os subtítulos “Voceiro nacional de Galiza Nova” e “Revista de Galiza Nova”. Foi o órgano de expresión de Galiza Nova, a agrupación das Mocidades do BNG. De ideoloxía nacionalista, a redacción constituíuna a Comisión Permanente da organización. Incluíu noticias, reportaxes, banda deseñada, crónicas e entrevistas, sempre cunha óptica política e social.