mocidade
mocidade
(< mozo)
-
s
f
Condición, idade ou estado de mozo.
-
s
f
Parte da vida dunha persoa entre a infancia e a madurez.
Ex: Eu pasei moita fame durante a miña mocidade.
-
s
f
Conxunto de xente moza.
Ex: A mocidade de hoxe non é como a de antes.
Refráns
- A mocidade é a mellar idade.
- A mocidade folgada trae a vellez arrastrada.
- A mocidade moi folgada trae a vellez arrastrada.
- Mocidade ben pasada, vellez larga e descansada.
- Na mocidade e na roupa rachada todo engarra.
- Se a mocidade soubera e a vellez poidera ¡canto máis non se fixera!
- Se o mozo soubese e o vello puidese, non habería causa que non se fixese.
- Sírvete do mancebo e aconséllate ca vello.
- Xente nova e leña verde, todo se volve fume.
- ¡Gárdate, nena, do mozo cando lle apunta o bozo!