"Omo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 696.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en nomoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estuda as leis e a súa interpretación.
-
-
División administrativa no antigo Exipto. A súa existencia documéntase desde a Prehistoria ata finais da época faraónica. Na fase histórica continuou tendo un papel importante pese ao reducido do seu territorio, que comprendía unha serie de núcleos habitados ademais da capital, onde radicaban o templo da divindade principal da provincia e os servizos administrativos centrais, presididos polo nomarca. Desde o final das dinastías VI a XII tiveron un papel máis relevante, especialmente durante o Primeiro Período Intermedio. Foron unidades autónomas durante boa parte da historia faraónica e tenderon a independizarse conforme se debilitaba o poder da coroa.
-
División administrativa de primeira orde de Grecia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composición musical da Grecia antiga de carácter austero e de forma lírica, acompañada coa frauta ou a cítara (nómos citaródico), relacionada co culto de Apolo. Semella que ao comezo foi unha invocación do deus (monódica, sen división estrófica) que introducía o recitado dunha pasaxe épica. Terpandro fixo o esquema completo en sete partes. A partir do s V a C aproximouse gradualmente ao ditirambo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Membro dunha comisión lexislativa que aprobaba ou rexeitaba as modificacións da lexislación de Atenas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao nomós.
-
CIDADES
Cidade da oblast’ de Tula, Rusia (142.000 h [1997]). Xurdida en 1930 co nome de Bobriki, o seu nome oficial, de 1934 ao 1961, foi o de Stalinogorsk.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Dnipropetrovs’k, Ucraína (76.000 h [estim 1987]). Cidade portuaria no río Samara, conta con industrias metalúrxicas e de envasado de augas minerais.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado en Las Hurdes e bañado polo río Hurdano, afluente do Alagón (1.768 h [2001]). É un termo predominantemente agrícola, con oliveiras e patacas, e gandeiro, onde destaca o gando cabrún.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia intermedia na biosíntese da metionina.
-
-
Relativo ou pertencente aos movementos dos ollos.
-
Nervio motor ocular común que inerva os músculos oculares externos, excepto o recto externo e o oblicuo superior, así como o esfínter pupilar e os músculos ciliares do ollo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
oculomotor.
-
CIDADES
Cidade do estado de Oyo, Nixeria (730.000 h [1996]). É unha cidade agrícola onde destacan os cultivos de cereais, cacao e algodón. Conta tamén con industrias téxtiles.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, xurista e xornalista. Militou e desempeñou altos cargos na dirección da Juventud Federalista, rama xuvenil do Partido Republicano Federal. Foi inspirador e redactor do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico, así como un gran defensor do federalismo galego. Dirixiu o diario La República (1884-1885) e defendeu a democracia republicana e o federalismo autonomista como forma de estado. Escribiu Los derechos individuales son legislables? e El Parlamentarismo (1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao microorganismo cunha forma que varía moi pouco ao longo do seu ciclo vital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Peixe mariño perciforme de 25-35 cm de lonxitude, que pode alcanzar os 60 cm, de corpo oblongo e comprimido, co perfil superior da cabeza curvado, fociño curto e chato, grandes ollos de cor rosácea e aletas pectorais máis longas que as pélvicas. É de cor rosa con reflexos prateados nos costados e ten unha mancha escura no inicio da liña lateral, mancha que nos ollomoles pequenos non se atopa. Son animais hermafroditas, que sofren unha inversión sexual cando alcanzan unha certa idade. Reprodúcense a finais de verán, sendo os ovos e as larvas peláxicos. Vive en cardumes, nos fondos areosos, preto dos cantís rochosos entre os 40 m, os individuos máis novos, ata os 300 m de profundidade, os individuos adultos. É omnívoro, aínda que a súa alimentación é principalmente carnívora (pequenos peixes, moluscos e crustáceos). É un peixe moi común nas costas europeas, desde a zona tropical do Océano Atlántico ata Noruega e tamén o Mar Mediterráneo. Péscase con palangre e liña, ainda que tamén se pode...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada na década de 1980, que introduciu novas técnicas e habilidades escénicas no panorama teatral galego. En 1993 fusionouse con Tranvía Teatro para dar lugar á compañía Ollomoltranvía. Da súa produción destacan Moleques (1991) ou Fas e Nefas, dirixida por Xan Cejudo (1991)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro fundada en 1993 como resultado da fusión das compañías Ollomol Teatro Submarino e Tranvía Teatro. Nas súas obras, os propios actores executaban música en vivo e desenvolvían un xeito plástico de entender o labor teatral. Dos seus espectáculos destacan Commedia, un xoguete para Goldoni (Premio da crítica de València 1995, Premios Compostela, 1993 e Premio da Asociación de Espectadores de Alicante, 1995), Raíñas de pedra (1994, Premio Compostela 1995), O rei nú (1996), Escola de bufóns (1997, Premio María Casares), Qui pro quo (1998, Premio María Casares, 2000), Ñikiñaque (2000, Premio María Casares, 2001) e Policía (2000), que foi a última montaxe antes da súa disolución.
-
CAPITAIS
Capital do kraj de Olomoucký, República Checa, situada preto do río Morava (103.293 h [2001]). Conta con importantes industrias metalúrxicas, alimentarias e químicas. Do s XIII ao s XVII foi alternativamente con Brno, capital de Moravia. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral de San Wenceslau, comezada no s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Kraj de República Checa (5.140 km2; 642.465 h [2001]). A súa capital é Olomouc.