nómos*

nómos*
s m [LIT/MÚS]

Composición musical da Grecia antiga de carácter austero e de forma lírica, acompañada coa frauta ou a cítara (nómos citaródico), relacionada co culto de Apolo. Semella que ao comezo foi unha invocación do deus (monódica, sen división estrófica) que introducía o recitado dunha pasaxe épica. Terpandro fixo o esquema completo en sete partes. A partir do s V a C aproximouse gradualmente ao ditirambo.

Palabras veciñas

nomólogo -ga | nomoloxía | nomós* | nómos* | nomoteta | nomotético -ca | non