"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andrea di Pietro della Gondola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sitio cuberto onde se garda a herba seca ou a palla e os apeiros de labranza.
-
-
Terreo onde se acaba de segar o cereal e en que quedan restrollos deste.
-
pallal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘garda’.
-
-
Casa pequena cuberta de palla.
-
Terra en que se fixo a seitura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que comprende nove parroquias matrices e oito anexas, dos concellos de Guntín e Lugo.
-
GALICIA
Escritora e profesora. Formada na Universidade de Santiago de Compostela, completou os seus estudos en Lisboa. Colaborou nas publicacións Grial, Dorna, Nordés, Festa da palabra silenciada e A Nosa Terra, onde estudou a obra de R. Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e Luís Seoane, entre outros, e participou das características propias da poesía galega da década de 1980, que se concreta nunha obra profunda e intimista. Publicou os libros de poesía Entre lusco e fusco (1980), con composicións de tipo social en que canta o amor ausente; Sétima soidade (1984, Premio de Poesía Esquío), en que analiza a comunicación, os aconteceres da vida cotiá e novamente a soidade; Livro das devoracións (1996) e Poemas (2000). Tamén publicou o libro de ensaio Rosas na sombra. A poesía de Luís Pimentel (1991) e participou nos volumes colectivos Palabra de muller (1992), Daquelas que cantan...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Eclesiástico e escritor. Doutourado en Filosofía e Teoloxía, foi lector na catedral de Lugo desde 1638 e director da arquiconfraría da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes. Escribiu numerosas obras, das que destaca Argos Divina Sancta María de Lugo de los Ojos grandes. Fundación, y Grandezas de su Iglesia, Sanctos naturales, Reliquias, y Venerables Varones de su Ciudad, y Obispado, Obispos y Arçobispos que en todos Imperios la governaron (1700).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiadora. Doutorouse en Historia e é catedrática de Historia Medieval na Universidade de Santiago de Compostela. Investigou sobre a presenza monástica en Galicia e sobre a mentalidade colectiva e o papel da muller na evolución histórica. Das súas obras destacan El monasterio de Sobrado: un ejemplo de protagonismo monástico en la Galicia Medieval (1979), A Vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500) (1993) e Ilduara, una aristócrata del siglo X (1998), e con Ermelindo Portela Silva El Bajo valle del Miño en los siglos XII y XIII: economía agraria y estrutura social (1971), Galicia na época medieval (1991) e De Galicia en la Edad Media, sociedad, espacio, y poder (1993). Recibiu o premio de Investigación da Xunta de Galicia (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido en 1816 por Fernando VII a Manuel Xosé de Pallares e Correa e Gayoso e Somoza , señor da casa-torre de Outeiro, rexedor perpetuo de Lugo e cabaleiro da orde de Carlos III. O primeiro conde de Pallares morreu sen descendencia e o título pasou a Manuel de Taboada e Pallares , II conde de Pallares. Este deixoulle o condado a Manuel Vázquez de Parga e Somoza e Pallares (Vilalba 1828-Madrid 1908), político e xurista, que foi deputado e senador vitalicio a partir de 1877. O IV conde de Pallares foi Manuel Ramón Vázquez de Parga e de la Riva e Somoza (Lugo 1862-?), quen recibiu o título en 1902. Luis Vázquez de Parga y Iglesias , de orixe madrileña, foi o V conde de Pallares. Catedrático e escritor, foi doutor en Filosofía e Letras, membro da Real Academia de la Historia e director en funcións do Museo Arqueológico Nacional (1966). O VI conde de Pallares foi Luis...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (2.701 h [2001]). A súa economía baséase nos cultivos da vide, oliveira e ervellas de ceratonia, así como na industria química.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Artes (Carballo). Ten planta rectangular e dous andares, cun engadido perpendicular nunha das esquinas. Foi construído en cachotaría agás os vans, os esquinais e a cheminea, que foron realizados en cantaría. Na fachada principal destaca o escudo de armas dos Villardefrancos, Bermúdez, Castro, Pardiñas e Moscoso, enmarcado nun frontón. Conserva un hórreo, unha capela e unha fonte.
-
-
Acto ou dito propio dun pallaso.
-
Acción ou dito falto de seriedade, e que pode resultar ridículo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Siderólito en que predomina a olivina.
-
-
Artista cómico, maquillado dun xeito esaxerado e vestido estrafalariamente, que nos circos representa pantomimas, fai acrobacias ou interpreta música para divertir o público. Pódense dividir en dous tipos: o clown, que interpreta o papel de listo, e o augusto, que fai de tonto.
-
Que ou quen ten un comportamento pouco serio.
-
-
DINASTIAS
Dinastía india que reinou en Kānci (actual Kānchīpuram), desde principios do s V a finais do s IX. Orixinaria do Deccan, os seus membros impulsaron o comercio e expandíronse limitadamente polo SL de Asia. Foron eclipsados pola dinastía támil dos Chola.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Libelista italiano. Escribiu obras sacras, escenas retóricas, narracións bíblicas obscenas, novelas políticas antiespañolas e libelos satíricos. Apresárono en Venecia por un libelo contra o papa, a Igrexa e os xesuítas, Il corriere svagliato, e outro libelo contra Urbano VIII, La baccinata, foi a causa da súa detención e decapitación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e prelado italiano. Foi nomeado cardeal en 1659 polo Papa Alexandre VII. Escribiu numerosas obras literarias, filosóficas, teolóxicas e históricas, das que destaca a traxedia Ermenegildo (1644), Istoria del concilio di Trento (1656-1657), unha xustificación da política da Igrexa católica na época; e o estudo Trattato dell’arte e dello stile del dialogo (1662).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
palloza.
-
-
Lugar cuberto que se emprega para gardar a palla, a herba seca ou os apeiros de labranza.
-
Amoreamento de forma cónica que se fai con palla mallada ou con herba seca na eira da casa.
-