"PL" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1539.

  • Agrupación atómica moi inestable que, por descomposición ou reordenación, libera unha gran cantidade de calor. Cómpre distinguir entre grupos de ordenación endotérmica, que en descomposición liberan unha gran cantidade de calor igual á súa entalpía de formación, e os grupos de formación exotérmica, nos que a calor xerada se debe á reacción entre os elementos do grupo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aparello formado por dúas barras metálicas coas puntas opostas e colocadas a unha distancia conveniente, empregado para protexer determinados aparatos, por exemplo transformadores de alta tensión, das sobretensións.

    2. Pequeno xerador eléctrico portátil que produce a corrente eléctrica necesaria para provocar a explosión dun ou máis cebadores eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode explotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de explotar.

    2. Conxunto de instalacións e actividades aplicadas ao funcionamento dunha empresa agrícola ou, por extensión, industrial, ao longo de todo o proceso de produción e comercialización. Segundo o destino dos produtos obtidos, pode ser autárquica, se producen exclusivamente para consumo dos propietarios e dos traballadores dunha maneira directa, ou comercial, se se destina ao mercado e á obtención de beneficios. Segundo o vínculo dos traballadores á explotación e, concretamente ás terras, a explotación pode ser directa ou indirecta. Na directa, o traballador tamén é propietario das terras e, por tanto, da explotación. Cando o propietario e o traballo dunha explotación recaen en persoas diferentes, son indirectas, e nestes casos os traballadores vincúlanse ás terras en virtude duns determinados contratos, entre outros, arrendamentos e parcerías. Pode ter un carácter colectivo, en ocasións co Estado como propietario, como no caso do sovkhoz soviético,...

    3. Utilización de nenos para actividades laborais. A Organización Internacional do Traballo (OIT) adoptou en xuño de 1999 un convenio que prohibiu a escravitude infantil, a explotación sexual e o traballo perigoso, incluído o recrutamento forzoso de nenos para utilizalos en conflitos armados, aplicado aos menores de 18 anos. O convenio esixiu aos países membros a aplicación de medidas eficaces e de sancións penais para aqueles que o incumpriran. Segundo estimacións da OIT, só nos países en desenvolvemento traballan uns 250 millóns de nenos, dos que a metade están a xornada completa e o resto compaxina traballo e escolaridade. Os primeiros intentos de frear a explotación infantil proceden dos reformistas de principios do s XIX, que pretendían paliar os abusos aos nenos no traballo industrial, establecendo normas que limitasen a idade laboral e os horarios. A primeira lei relevante neste sentido ditouse en 1878; establecía a idade mínima para traballar aos 10 anos e limitaba a 12 horas a xornada...

    4. Análise do proceso no que a clase dominante se apropia, en cada etapa histórica, da diferenza que existe entre o valor dos bens no mercado e o valor medido polo traballo incorporado na súa produción. A existencia desta diferencia entre os valores mencionados é a base para a obtención dun excedente; a achega de K. Marx foi a demostración do feito de que este excedente non se distribúe entre a forza de traballo que a xera. No sistema capitalista recibe a denominación de plusvalía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen explota.

    2. Relativo ou pertencente á explotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar proveito dunha fonte de recursos naturais.

    2. Sacar o máximo proveito de algo, normalmente con abuso ou astucia.

    3. Facer traballar a alguén en proveito propio, especialmente de forma abusiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é moi plano ou de moi pouco grosor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta, irmán de Bieito Xerome Feijoo. Autor de dúas glosas, unha en castelán e outra en galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de reproducir obxectos en cortiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico das resinas fenólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plasto das feofíceas, que é rico nun pigmento de cor marrón chamado ficoxantina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. O seu pai, Andrés Fernández Montero, coñecido como Ollos mouros, e o seu avó, coñecido como Guinchote, foron escultores. Formouse baixo a liña de Xoán Antonio García de Bouzas. En 1794, pensionado polo conde de Gimonde, ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coincidiu co seu irmán Tomé, tamén pintor. Foi profesor de debuxo na Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago (1806-1809). A súa obra é mostra do eclecticismo neoclasicista mesturado coas pervivencias barrocas. Antes de 1794 realizou, entre outras obras, a pintura do retablo de Nosa Señora das Dores en Santa María a Real de Conxo. Tralo breve paso pola academia, instalouse en Santiago, onde desenvolveu a fase de madurez da súa pintura (1794-1815) coas decoracións das novas igrexas de San Bieito do Campo e da Capela Xeral das Ánimas. Estas obras caracterizáronse pola presenza dun gran número de personaxes, realizadas a gran tamaño, cunhas composicións baseadas na diagonal coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación de tecido fibroso.

    2. Afección ocular que se dá a miúdo nos bebés prematuros que se someten nas primeiras horas de vida a altas concentracións de osíxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Foi presidente da Old Walter-Colour Society (1831-1855) e un dos máximos representantes da escola paisaxística inglesa. Especializouse na pintura de mariñas. Recibiu unha medalla de ouro no Salon de 1824.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plasmodio de agregación reticular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pluma filamentosa que ten como función fundamental servir de illante térmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto constituído por organismos vexetais, fundamentalmente algas microscópicas, que son os produtores primarios do medio. Presenta capacidade de fotosíntese e é de grande importancia para a alimentación doutras formas de vida acuática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación mestra da termodinámica do non-equilibrio que describe procesos multidimensionais e continuos que son aleatorios e markovianos mediante un conxunto de variables macroscópicas q. A ecuación de Fokker-Planck ten unha importancia crecente na física estatística, sobre todo no estudo dos fenómenos cooperativos e nas transicións de fase, e a dinámica da maioría dos procesos irreversibles dáse por unha ecuación de Fokker-Planck.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Pamplona (870-905), fillo de García I. De nome Fortún Garcés, foi aprisionado en Al-Kastil polo emir Muhammad I de Córdoba, onde permaneceu ata a súa liberación no 879. No 905 renunciou á coroa, que semella cedeu en favor do seu bisneto García de Pamplona, e profesou como monxe no mosteiro de Leyre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo electrónico que se emprega para detectar e medir un pequeno fluxo de fotóns. Baseado no efecto fotoeléctrico, ideouno W. Zworykin en 1936. Consta dun fotocátodo e dun multiplicador de electróns, composto de diversos dinodos e dun ánodo. Traballa no baleiro para evitar as perdas de electróns por colisións cos átomos. Os electróns que inicialmente emite o fotocátodo aceléranse polo campo eléctrico que existe entre aquel e o primeiro dinodo, sobre o que inciden, o que provoca a emisión dun número máis elevado de electróns. Estes aceléranse sucesivamente baixo a acción do campo eléctrico que existe entre dinodo e dinodo, de tal maneira que se reparte en cada dinodo do mencionado proceso multiplicador. Finalmente, os electróns recóllense polo ánodo e dan lugar a unha corrente no circuíto exterior. A ganancia que se obtén polo efecto multiplicador é superior a 106. Emprégase para medir niveis moi baixos de radiacións de infravermellos próximo, do visible e do ultravioleta.

    VER O DETALLE DO TERMO