"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Partido Socialista Português.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partit Socialista Unificat de Catalunya.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás pteridospermópsidas.

    2. Planta fósil da clase das pteridospermópsidas.

    3. Clase de ximnospermas fósiles que viviron desde o Devónico ata o Cretáceo. Eran plantas leñosas, semellantes a fentos. Non tiñan verdadeiras flores, pero si sementes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cimóxeno que, por catálise da tripsina, se hidroliza parcialmente e dá α-quimotripsina e dous dipéptidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantor errante de poesía épica que, na Grecia antiga, recitaba e cantaba poemas homéricos.

    2. Persoa que recita ou canta composicións poéticas populares, del ou ben doutros autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Fragmento dun poema épico, especialmente homérico, que se adoitaba recitar dunha tirada.

      2. Composición poética de carácter épico, recitada ou cantada en público.

    1. Peza musical instrumental que emprega elementos populares e na que prevalece a improvisación. De forma moi libre, utilizouna por primeira vez J. V. Tomašek nos inicios do s XIX. Moitos compositores escribiron, desde aquela, fantasías instrumentais con elementos folclóricos, como Liszt, Dvořák, Saint-Saëns, Albéniz, Brahms, Debussy, Gershwin e Bartók.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á rapsodia ou ao rapsodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cantor errante de poesía épica que, na Grecia antiga, recitaba e cantaba poemas homéricos.

    2. Persoa que recita ou canta composicións poéticas populares, del ou ben doutros autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título xeral da obra de Marcel Proust en que o autor realiza unha crónica da evolución da sociedade francesa desde a guerra de 1870 ata a Primeira Guerra Mundial. Considerada como a culminación da novela do s XIX e un dos puntos de partida fundamentais da do s XX, está composta polas novelas Du côté de chez Swann (1913), À l’ombre des jeunes filles en fleur (1918), Le côté de Guermantes (1920), Sodome et Gomorrhe (1922), La prisonnière (1923), Albertine desparue (1925) e Le temps retrouvé (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen recae nunha herexía da que abxurara. No Tribunal da Inquisición o reo relapso merecía automaticamente o encarceramento e, a partir de mediados do s XIII, era condenado a morte e relaxado.

    2. Que ou quen reincide ou incorre de novo nun pecado do que xa fora absolto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido de estame, algodón ou seda que se caracteriza por ter uns cordóns grosos case sempre no sentido da trama. Fabrícase con fíos finos de urdido e cunha trama grosa con pouca densidade. A súa principal aplicación é na tapizaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo empresarial dedicado, principalmente, á extracción, transporte, transformación e venda de petróleo. Resultado da fusión en 1999 da empresa arxentina YPF e da española Repsol, converteuse nunha das cinco principais petroleiras do mundo. En 1987 coa reorganización do Instituto Nacional de Hidrocarburos naceu Repsol que en 1989 iniciou a súa privatización, acadada en 1997. En Galicia a compañía mantén a refinaría da Coruña, no complexo industrial de Bens-Nostián, que naceu en 1961 como Petroliber. Dedícase principalmente á destilación de crudo, fabricación de coques e asfaltos, e á produción de produtos oxixenados para a xeración de gasolinas sen chumbo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Substancia que se forma pola combinación do 11-cis-retinal coa opsina. Mediante a absorción da luz isomerízase a trans-retinal e posibilita a excitación das células nerviosas dos bastóns da retina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador belga. De formación realista, cultivou, en estilo naturalista, temas simbolistas influído por Baudelaire. Traballou o óleo, o pastel e sobre todo, o gravado. Ademais das súas primeiras obras La Peine de Mort e La Médaille de Waterloo, ilustrou Les diaboliques (1884) de Barbey d’Aurevilly (1879), Le vice suprême de Péladan (1883) e La Grande Lyre de Mallarmé (1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya (6.718 h [2001]). Ten industrias metalúrxicas, químicas, de construción mecánica e de material para a construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección xeneralizada e grave, debida á existencia dun foco infeccioso dentro do corpo, do que, constante ou periodicamente, pasan xermes patóxenos ao sangue circulante e orixinan nel focos infecciosos metastáticos, con fenómenos clínicos obxectivos e subxectivos de enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra (3.197 km2; 283.173 h [2001]). A súa capital é Shrewsbury.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias, da familia das siderocapsáceas, que está integrado por bacilos curtos recubertos por unha cápsula de sales de ferro e magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás siderocapsáceas.

    2. Bacteria da familia das siderocapsáceas.

    3. Familia de bacterias móbiles por flaxelación polar, Gram-negativas e sen espórulas con forma de bacilo curto. Son bacterias acuáticas, abundantes en augas ricas en ferro e magnesio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Figura de construción que consiste en romper a concordancia das regras gramaticais e atender á concordancia de sentido.

    2. Figura que consiste en tomar unha palabra no seu sentido propio e figurado ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO