"Uri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de levulosa nos ouriños.
-
REXIÓNS
Rexión de Italia setentrional, que comprende as provincias de Savona, Xénova, Imperia e La Spezia (5.421 km2; 1.560.748 h [2001). A capital é Xénova. Constitúe unha rexión marítima que se estende desde Provenza, ao O, ata Toscana, ao L, formada por unha estreita franxa costeira que bordea o mar de Liguria. Protexida polas montañas, goza dun clima de temperaturas suaves, sobre todo na franxa costeira. No interior, coa altitude, os invernos son máis rigorosos. Os ríos son curtos e de réxime torrencial, destacan o Magra e o Roia. É a rexión máis poboada de Italia pero está concentrada maioritariamente na costa. A agricultura está en regresión, só na costa destacan os cultivos intensivos de hortalizas, froitas e flores. As principais riquezas son a industria e o comercio, que teñen como base os portos de Xénova, Savona e La Spezia. Na industria destacan a metalúrxica, siderúrxica, química, alimentaria e o comercio. A actividade turística é tamén importante. Habitada...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sector do Mar Mediterráneo, situado entre a costa italiana, ao N e L, a francesa, ao O, e a illa de Córsega, ao S; e ocupado en gran parte polo golfo de Xénova, no seu extremo setentrional. Comprede parte da Costa Azul e da Riviera italiana.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia anormal de graxa nos ouriños, que pode dar unha cor abrancazada.
-
PERSOEIRO
Director de escena ruso. En 1984 foi expulsado do seu cargo de director do Teatro Taganka e do país. Seguidor de K. S. Stanislavskij, Meyerhold, Vakhtangov e B. Brecht, das súas montaxes destacan Dez días que conmocionaron o mundo (1965), Escoita! (1967), Tartufo (1969), Hamlet (1974), O troco (1976), A casa no embarcadoiro (1980) e Crime e castigo (1983). Dos seus últimos traballos sobresae unha versión de Os irmáns Karamazov.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Changwat de Tailandia (6.200 km2; 743.033 h [2000]). A capital é Lop Buri (31.898 h [1993]).
-
PRAIAS
Praia do litoral atlántico situada entre as puntas Langosteira e Lourido, na parroquia de Moraime (Muxía).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Praia América.
-
ENSEADAS
Enseada da ría de Betanzos situada entre as puntas Armentero e Lourido, na parroquia de Carnoedo (Sada).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da costa atlántica situada entre a praia do mesmo nome e a praia de Arnela, na parroquia de Moraime (Muxía).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira esquerda da ría de Betanzos, situada na parroquia de Carnoedo (Sada).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río que nace no monte Herbeira, na parroquia da Pedra (Ortigueira), e que desemboca na ría de Ortigueira.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Valdoviño baixo a advocación de san Bartolomeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é de cor amarela clara.
-
GALICIA
Relixioso franciscano e arabista. Doutor en Filoloxía Semítica (1968), foi superior dos franciscanos en Marrocos e vigairo xeral do arcebispado de Tánxer. Especializouse na historia marroquí do s XVIII e da súa obra destaca Ensayo historiográfico sobre el sultanato de Sidi Muhammad B. Abd Allah (1757-1790) (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca natural situada ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia, na provincia de Pontevedra, que comprende os concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui. Atópase practicamente inmersa na área metropolitana de Vigo. Recibe o seu nome do río Louro, que rega a comarca xunto co Caselas. Está asentada na Depresión Meridiana sobre un substrato de rochas ígneas chamadas popularmente granito rosa Porriño. A explotación do granito, xunto coa utilización agrícola do val do Louro e Caselas, son as principais actividades económicas desta comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Tui-Vigo, que comprende o concello de Mos e parte dos de Porriño, Tui e Vigo. Está composto por 18 parroquias matrices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Areal da ribeira dereita da ría de Pontevedra, situado entre as puntas de Laxe de Rache e Praceres, na parroquia de Lourizán (Pontevedra).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO