"Ya" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 670.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo reino de Sumatra (ss VII-XIV). Baixo a dinastía Sailendra, viviu un período de grande esplendor (ss IX-XII) e converteuse nun poderoso imperio marítimo e mercantil. En 990 iniciou a guerra contra Xava, que rematou coa vitoria de Srīvijaya (1007). Palembag, a súa capital, foi un gran centro do budismo, e os Sailendra fixeron construír o templo de Borobudur, en Xava. En 1377 caeu baixo o dominio do imperio de Madjapahit, de Xava Oriental.
-
PERSOEIRO
Xenetista. Fixo numerosos estudos sobre o proceso de evolución das plantas, as propiedades xenéticas das novas especies e a variación dos cromosomas. Escribiu Chromosomal evolution in higher plants (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política, filla de Ahmet Sukarno. Dirixente indonesia do Partai Demokrasi Indonesia Perjuangan (PDI-P), nacionalista e laico, foi vicepresidenta (1999-2001) e presidenta (2001-2004) de Indonesia, nomeada en substitución de A. Wahis, que foi destituído tras ser acusado de corrupción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu ḥ ãfa ẓ a de Iraq (17.023 km2; 1.124.200 h [estim 1991]). A súa capital é Al-Sulaymānīya (364.096 h [1987]).
-
PERSOEIRO
Revolucionario e nacionalista chinés. Coñecido tamén como Sun Wen, en 1894 fundou a Asociación para a Restauración da China, ingresou na sociedade secreta das Tríades e foi a Occidente (1895). En Xapón fundou a Tongmenghui (Asociación da Alianza, 1905), que en 1912 transformou no Guomindang. En 1911 foi elixido presidente da república en Nanjing. Posteriormente constituíu en Shanghai, e despois en Cantón (1918), un goberno revolucionario que tiña como programa os Tres Principios do Pobo: nacionalismo, democracia e benestar social.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Xava Oriental, na illa de Xava, Indonesia (2.743.400 [1996]). Está situada na costa N da illa, na desembocadura do Surabaya, que toma o nome de Kali-Mas, no estreito de Madura. É a segunda cidade do país e un gran núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deus solar da mitoloxía india, reinterpretado fondamente en función da teoloxía védica do sacrificio. É a face da verdade, signo daquilo que non ten signo ningún e forma daquilo que non ten forma ningunha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réptil que pertence ao xénero Phrynosoma, da familia dos iguánidos, que é de cor gris e de extremidades curtas.
-
PERSOEIRO
Caudillo bérber. Lugartenente de Mūsà ibn Nu ṣ ayr en Ifriqiya. Foi gobernador de Tánxer e dirixiu a expedición musulmá, en abril de 711, á Península Ibérica. Derrotou os visigodos na Batalla de Guadalete en xullo de 711 e proseguiu ata Toledo en 713 e, xunto con Mūsà ibn Nu ṣ ayr, máis cara ao N. Ao chegar a Zaragoza foi chamado polo califa de Damasco al-Walid.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do megye de Komárom, Hungría (72.000 h [2000]). É un centro comercial e industrial ao NO de Budapest.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ma ḥ oz de Tel-Aviv, Israel (348.100 h [1998]). Situada na desembocadura do Yarkon, na costa mediterránea, é a cidade máis grande de Israel. Fundada en 1909 como vila independente da vila árabe de Yafō (Jaffa), englobouna en 1948. Nela concéntrase a metade da industria de Israel.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade dependente da Corporació Catalana de Radio i Televisió que engloba as canles de televisión TV3, Canal 33 e TVC Satélite. TV3 comezou as súas emisións, integramente en catalán, o 10 de setembro de 1983. En 1988 iniciou as probas para a creación do Canal 33, que comezou a emitir en 1989. A partir de abril de 1996 TVC Satélite iniciou as súas emisións de carácter internacional.
-
PERSOEIRO
Dalai Lama. Aos 4 anos foi identificado como a decimocuarta reencarnación do bodhisattva Avalokiteśvara e en 1940 foi proclamado soberano do Tibet e xefe das comunidades budistas do país. Durante a invasión chinesa de 1950 asinou o Acordo de Pequín que garantía a autonomía do Tibet (1951), pero tras a posterior ocupación chinesa viuse obrigado a refuxiarse no N da India. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1989 pola súa loita por atopar unha resolución pacífica ao conflito do Tibet e da súa falta de dereitos humanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río situado no Epiro, Grecia, que tras 112 km de percorrido desemboca no Mar Xónico, diante da illa de Corfú.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de carácter relixioso na Grecia antiga. De tipo dionisíaco, estaba relacionada co canto e a danza, propias do culto a Dióniso e converteuse nunha asociación ou confraternidade relixiosa e, despois, nun grupo de comediantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zona volcánica da illa de Lanzarote, situada na provincia de Las Palmas, Canarias. Constituída por 5.107 ha, foi declarada Parque Nacional en 1974. Comprende os termos municipais de Yaiza e Tinajo, en lugares onde foron habituais as erupcións volcánicas durante os ss XVII e XVIII. A zona inferior do parque, formada por lava solidificada, presenta unha superficie maioritariamente plana. O parque está atravesado pola Ruta de los Volcanes, camiño de 14 km que se inicia no denominado Islote de Hilario e que culmina nunha zona de cráteres. A vexetación pouco abundante está constituída fundamentalmente por toxos. A fauna tamén é escasa, con dominio dos réptiles, sobre todo o lagarto.
-
CIDADES
Cidade do ken de Yamaguchi, na illa de Honshū, Xapón, situada na badía de Tokuyama, no Seto-naikai (109.671 h [estim 1994]). Antiga cidade feudal, o establecemento dunha estación de subministración de carbón para barcos en 1904 foi seguido dunha rápida expansión industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do ken de Ōsaka, na illa de Honshū, Xapón, situado na ribeira esquerda do río Ishi, 20 km ao SL de Ōsaka (119. 363 h [estim 1994]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Motociclista. Foi campión do mundo de 50 cc, con Bultaco, en 1978 e 1981. Sufriu un grave accidente en 1984 que o afastou da competición.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do ken homónimo, situada na illa de Honshū, Xapón (325.790 h [1997]). Ten industria metalúrxica, siderúrxica, química e de construción de maquinaria.
VER O DETALLE DO TERMO