Tenzin Gyatso

Tenzin Gyatso

Dalai Lama. Aos 4 anos foi identificado como a decimocuarta reencarnación do bodhisattva Avalokiteśvara e en 1940 foi proclamado soberano do Tibet e xefe das comunidades budistas do país. Durante a invasión chinesa de 1950 asinou o Acordo de Pequín que garantía a autonomía do Tibet (1951), pero tras a posterior ocupación chinesa viuse obrigado a refuxiarse no N da India. Recibiu o Premio Nobel da Paz en 1989 pola súa loita por atopar unha resolución pacífica ao conflito do Tibet e da súa falta de dereitos humanos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Taksret