"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen caracteriza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao que é propio para caracterizar.
-
-
Dar carácter, pór en evidencia ou constituír o trazo característico dunha persoa ou dunha cousa.
-
Expoñer ou describir os trazos característicos de algo ou de alguén para individualizalo.
-
Interpretar un actor un papel de xeito que se recoñeza o personaxe representado.
-
Pintar ou vestir a un actor para que presente as características do personaxe que ten que representar.
-
Posuír uns trazos característicos determinados.
-
Adquirir unha aparencia física determinada que encarne un personaxe concreto, ao que se quere representar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que se ocupa da descrición tipolóxica da personalidade.
-
-
Parte da psicoloxía que estudia o carácter e a personalidade do home.
-
Conxunto de trazos particulares que constitúen o carácter dunha persoa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á caracteroloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Desenvolvemento dinámico do carácter ou da personalidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
karakul.
-
-
Relativo ou pertencente aos carádridos.
-
Ave da familia dos carádridos.
-
Familia da orde dos caradriformes, integrada por aves limícolas de tamaño medio, coas patas longas e delgadas; carecen de dedo posterior e, se o teñen, é moi rudimentario. Teñen o pico curto, recto e en punta. Pertencen a esta familia as avefrías e as píllaras.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás caradriformes.
-
Ave da orde dos caradriformes.
-
Orde de aves, ligadas a medios húmidos, da superorde dos neognados á que pertencen as familias dos álcidos, burínidos, carádridos, chionídidos, dromádidos, escolopácidos, esterocoráridos, falarópidos, glareólidos, hematopódidos, láridos, recurvirróstridos, rincópidos, rostratúlidos, tinocóridos e dos xacánidos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paulo IV.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exclamación que manifesta dor, anoxo ou sorpresa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inflamación infecciosa circunscrita da pel, localizada nun folículo piloso. Caracterízase por unha tumefacción acuminada e por unha pequena lesión provocada pola necrose da pel, que contén os restos do aparello piloso-sebáceo. Os axentes causantes habituais son estafilococos pióxenos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de arbustos ou pequenas árbores caducifolias da familia das fabáceas, que teñen follas pinnadas, estípulas que moitas veces se transforman en espiñas, e flores xeralmente amarelas. Son orixinarios das zonas áridas de Asia oriental e cultívanse como plantas ornamentais.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo, narrador e xornalista romanés. En 1888 dirixiu os teatros nacionais de Bucarest. En dúas ocasións negóuselle o acceso á Academia Romanesa pola súa actitude política e polo contido crítico das súas comedias. Estableceuse en Berlín en 1904. Publicou O noapte furtunoas ǎ (Unha noite tempestuosa, 1878), Conu Leonida faţ ǎ reactiunea (O señor Leonidas e a reacción, 1879), O scrisoare pierdut ǎ (Unha carta perdida, 1884), e o drama N ǎ pasta (A calumnia, 1890), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos caraítas.
-
Membro da seita caraíta.
-
Secta xudía que proclama a libre interpretación da Biblia e rexeita a tradición rabínica e oral (Mišna e Talmud). O movemento xurdiu en Persia no s VIII con ‘Anan ben Dawid. Os seus seguidores chamáronse ananitas. A súa doutrina consolidouna Binyamin de Nähāvänd (s IX), autor do primeiro libro de observancia, que lle outorgou o nome definitivo de caraísmo (do hebreo qara’, ‘recitar’). Famosos pola austeridade dos seus costumes e pola observancia estrita das prescricións da Biblia, os caraítas, que sufriron os ataques do xudaísmo ortodoxo, estendéronse de Persia a Palestina e, logo da toma de Xerusalén (1099), emigraron a Exipto; de alí expandíronse por todo o mundo islámico e polos países eslavos. Desde os s XIX habitan, na súa maioría, (5.900 individuos en 1961) en Rusia, Ucraína (na península de Crimea) e Lituania; o resto vive en Israel, na colonia de Matsliah, aínda que manteñen continuamente conflitos coas...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tapa picante, típica das Islas Canarias, feita con fígado de vacún picado, asado e macerado en mollo verde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
café.
-
-
Alga da orde das carais.
-
Orde única das caroficeas, formada tan só pola familia das caráceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino que probablemente vén do grego kara (χαρά ‘alegría’) e lampo (λάμπω ‘brillar’), xa que logo, ‘que resplandece de alegría’. Aínda que non aparece ningún santo con tal nome no santoral romano, segundo as fontes eclesiásticas, trátase dun mártir antioquense do s V e que, polo tanto, non ten relación con san Campio de Entíns, mártir en Roma de quen o cardeal Zelada conseguiu mandar as reliquias a Galicia. Este santo celébrase no barrio de Vista Alegre, en Santiago de Compostela, o primeiro domingo de xullo, e tamén na illa da Toxa.