"llo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1518.

  • Nome co que se designa a un animal imaxinario que se utiliza para burlarse das persoas que pretenden cazalo. Ex: É tan parvo que unha noite intentou cazar un cocerello.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cría do porco que aínda mama ou que vén de deixar de mamar hai pouco tempo.

    2. Mazaroca de millo que aínda está verde e bota un líquido abrancazado semellante á cor do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente das terras situadas entre o Douro e o Miño. As súas armas levan, en campo de prata, un león rampante, da súa cor e coroado, bandado como o de Benavides e a banda axadrezada de ouro e goles; bordo de azul, con oito cruces baleiras como as de Calatrava.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mamífero de ata 77 cm de lonxitude e 2 kg de peso, de ollos grandes, redondos e negros, orellas longas de coloración uniforme, cola curta e patas traseiras máis grandes, adecuadas para desprazarse con saltos. A pelaxe é curta e de cor gris acastañada, agás o ventre que é branco. O extremo das patas presenta uns pelos longos que axudan a obter unha marcha silandeira. Son animais gregarios e sedentarios que comparten os tobos; preto deles están as latrinas, dispostas en sitios conspicuos nos que os excrementos sinalan os territorios familiares. Aliméntanse, principalmente, de plantas herbáceas, as máis das veces das familias das poáceas e das asteráceas, aínda que tamén se poden alimentar de poliñas, gromos, sementes e froitos. Durante a dixestión dos alimentos ten lugar a cecotrofia. Cada animal consome diariamente ata 500 g de plantas. Teñen ciclos de actividade curtos ao longo de todo o día, pero os desprazamentos máis longos teñen lugar durante o solpor, e non lles gusta o vento nin a...

    2. Lagomorfo de pelame amarelo cinsento, cunha mancha rubia na parte superior do pescozo. Vive en bosques e claros da selva sudafricana e da rexión dos Grandes Lagos.

    3. cobaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e xeógrafo. Ingresou na Academia militar de Guadalajara, onde obtivo o grao de tenente de enxeñeiros en 1839. Serviu ás ordes do xeneral Espartero na guerra contra os carlistas; ao seu remate recibiu a cruz da orde de San Fernando e o ascenso a capitán. En 1844 destinárono como agregado ao exército francés que desenvolvía a campaña de conquista de Alxeria. En 1846 incorporouse á dirección xeral de Enxeñeiros, dende a que comezou os traballos do Atlas de España a escala 1:200.000 (46 follas publicadas a partir de 1847). En 1866, un ano despois de acadar o ascenso a coronel, pediu o retiro do exército para dedicarse á investigación. Entre as súas obras destaca Reseña Geográfica de España y de sus provincias de Ultramar (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo dun broncista portugués establecido en Madrid, foi discípulo de Francisco Rizi. Converteuse no representante máis importante da escola madrileña do s XVII. En 1683 foi nomeado pintor do rei e en 1686 pintor de cámara. Decorou o teito da sancristía da catedral de Toledo (1671) e realizou os frescos da igrexa dos Agustinos de Zaragoza (1683). Elaborou un gran número de retratos entre os que sobresaen os de Carlos II. A súa obra máis importante foi La Sagrada Forma (1685), conservada na sancristía do mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado nas abas de Sierra Arana e drenado polo río Cubillas e polos seus afluentes (2.035 h [1996]). A principal actividade económica é a agricultura, na que destacan o cultivo de cereais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Obxecto ou anaco de mal aspecto que queda colgando de algo. Ex: Levaba a roupa chea de colgallos.

    2. Porción de pel ou doutro tecido que se emprega para facer un transplante ou cubrir unha ferida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Avultamento pronunciado que presentan a simple vista os xenitais masculinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves insectívoras da familia dos apódidos ao que pertence o cirrio salangana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carlos Lorenzini.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto formado pola gónada masculina dalgúns mamíferos e o escroto que a envolve.

    2. Denominación que reciben as orquídeas, debido á presenza dun ou varios tubérculos. A mesma voz orquídea procede do grego ὅρχις que significa testículo; isto fixo que as orquídeas adquirisen connotacións sexuais para a medicina popular ou para as relacións sociais.

    3. ariedade de uva ou de cereixa autóctonas galegas que se caracterizan por ser de gran tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fernando Collor de Mello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro da Convención, da que foi elixido presidente en 1793, e do Comité de Salvación Pública. Trala toma de Lyon (1793), que se levantara en contra da Convención, foi enviado por Robespierre para executar as decisións que adoptara a Convención, feito que provocou unha durísima represión. Participou no golpe de estado de Termidor (27.7.1794), en oposición á política de Robespierre; sen embargo, non evitou a acusación de complicidade con Robespierre, feito polo que foi expulsado á Guyana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Discípula de Étienne-Maurice Falconet, realizou os bustos de Falconet, Voltaire, Diderot e Catarina II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo e empresario teatral. Entre as súas obras destaca The Jealous Wife (A esposa celosa, 1761) e The Clandestine Marriage (A voda clandestina, 1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen come moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entidade local básica da organización territorial do Estado. Posúe personalidade xurídica e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins e conta cun territorio sobre o que exerce a súa xurisdición. En Galicia defínese como a agrupación das parroquias. Unha das súas entidades de poboación ostenta a condición de capital do concello, onde se localiza a casa do concello, sede das oficinas e da corporación municipal.
      Funcións dos concellos
      Os concellos posúen unha serie de competencias para a xestión dos seus intereses, entre as que se inclúen a prestación de servicios públicos (recollida de lixo e saneamento, abastecemento de auga, apertura e conservación de vías, etc), a ordenación económica e territorial (contan con competencias de ordenación urbanística e deles depende a concesión de licencias de apertura de establecementos destinados a calquera tipo de actividade económica), de orde pública (posúen en moitos casos policía local, principalmente destinada a garantir...

    2. Conxunto de persoas que ten ao seu cargo o goberno municipal formado polo alcalde e os concelleiros.

    3. Antiga organización institucional de parroquias rurais que contaban con autonomía fronte á administración municipal, integrada polos cabezas de familia. En Asturias e nalgunhas comarcas adscritas á provincia de León perviven como corporación das entidades locais menores, e coinciden basicamente coas circunscricións parroquiais.

    4. Edificio que acolle as dependencias municipais.

    VER O DETALLE DO TERMO