"sin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 907.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Polipose intestinal con manchas melánicas de distribución labial, facial e dixital.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadro clínico caracterizado por acrocianose, somnolencia, bradipnea e poliglobulia, debido a unha hipoventilación pulmonar, causada por unha obesidade esaxerada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sínodo convocado na cidade de Pistoia por Scipione de’ Rici do 18 ao 21 de setembro de 1786, por consello do gran duque Leopoldo I de Toscana. Os seus decretos foron a converxencia do galicanismo, do derradeiro xansenismo e do reformismo ilustrado e pretendían ser a formulación dun estatuto dunha Igrexa nacional. Vinte e cinco das súas proposicións foron condenadas pola bula Autorem Fidei, de Pío VI (1749).
-
GALICIA
Militar e escritor. Cultivou preferentemente a novela e da súa obra destaca Combates de vanguardia y retaguardia, Estudios filosófico-político-militares sobre la guerra (1906), Recuerdos de Argelia (1909), Apuntes de Geografía militar (1912) e El marqués de la Romana. Su influencia en los sucesos de Galicia (1917), premiada no certame histórico organizado polo concello de Santiago de Compostela para conmemorar o primeiro centenario da Guerra da Independencia. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
vasopresina.
-
GALICIA
Frade mercedario e escritor. Cofundador de Logos e colaborador de diversas publicacións, como Nós e Misión, e do Seminario de Estudos Galegos, relacionouse co círculo intelectual do galeguismo. Na súa obra tense ocupado de temas relacionados con Galicia e de autores como Airas Nunes, Pero d’Armea, Tirso de Molina e Rosalía de Castro. Publicou a recompilación da poesía de Francisco María de la Iglesia D’o mar e d’a terra (1930) e o estudo A espiritualidade do Cancioneiro da Vaticana (1936), así como o libro de poesías Algas (1959). É tamén autor do estudo biobibliográfico Fray Serafín de Freitas (1956), da biografía Fray Bartolomé de Olmedo, capellán de los conquistadores de Méjico (1961), da extensa Bibliografía mercedaria (1963 e 1968), da colección de artigos sobre Pontedeume Crónicas de mi rincón natal (1977) e do estudo Trahamunda, a santa de Poio (1990), en colaboración con Xosé S. Crespo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cortesá francesa. Coñecida como Marie Duplessis, tratou con membros da clase alta e chegou a ser a muller máis desexada de Francia. Entre os seus amantes estivo o escritor Alexandre Dumas, que a inmortalizou na novela Le dame aux camélias (1848) como Marguerite Gautier.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome que se manifesta con inflamación e atrofia da mucosa da hipofarinxe e coa formación dunhas membranas facilmente rompibles na parte alta do esófago. É causa de disfaxia en mulleres con anemia ferropénica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome italiano que recibe a chaira do Po, desde Ferrara ata o mar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao reflexo do sistema nervioso que se produce por medio de máis dunha sinapse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao polisíndeto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura ou recurso estilístico, oposto ao asíndeto, que consiste en repetir frecuentemente unha conxunción para lle dar máis forza ou enerxía á expresión. Por exemplo, E pinchaba, e brincaba, e corría, e bailaba.
-
-
Que está formado por polisintetismo.
-
Que practica o polisintetismo.
-
Aplícase ao tipo de macla múltiple en que tres ou máis individuos se repiten alternando sobre o mesmo plano de macla, é dicir, que todos os planos desta son paralelos.
-
-
-
Fusión de diferentes partes nunha.
-
lingua polisintética.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma non pneumótica de lexionelose que se manifesta como un síndrome febril agudo que desaparece por si só aos 2-5 días. OBS: Tamén se denomina febre de Pontiac.
-
PUNTA
Punta do litoral atlántico, situada na ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, na parroquia de Goiáns (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico, situada na ribeira esquerda da ría de Muros e Noia, na parroquia de Goiáns (Porto do Son).
VER O DETALLE DO TERMO -
LOCALIDADES
Localidade da parroquia de Goiáns, situada no concello de Porto do Son. É un porto mariñeiro da marxe S da ría de Muros e Noia. Na contorna do dique principal desenvólvese a actividade pesqueira, que se complementa coa do porto deportivo, un dos máis importantes de Galicia. Tamén destaca como centro turístico de verán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á zona distal da sinapse.
-
PERSOEIRO
Pintor francés. Formado con Noël Jouvenet, recibiu influencias de Quentin Varin. Foi a París (1612) e traballou nos talleres de Georges Lallemand, Ferdinand Elle e Alexandre Courtois, onde colaborou con Philippe de Champaigne. En 1624 instalouse en Roma onde admirou a Rafael e Tiziano e pintou dentro dunha estética clasicista obras como Et in Arcadia ego... (1629-1630), Le triomphe de Flora e a serie de Bacchanales encargadas polo cardeal Richelieu. Volveu á corte francesa (1640), como pintor recoñecido e pintou a Dernière Cène para a capela de Luís XIII de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO