"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
de enxugar.
-
Que está moi delgado.
-
-
-
Acción de enxordecer.
-
Proceso no que se produce a perda de sonoridade dunha consoante por encontrarse en posición final ou por influencia doutra consoante veciña. Este fenómeno pode corresponder a un cambio histórico ou a unha alternancia sincrónica, debida a variacións combinatorias. Para o primeiro caso pódese mencionar, por exemplo, o enxordecemento dos fonemas sibilantes medievais sonoros do galego (/ʃ/, /Z/ > /ʃ/; /s/, /z/ > /s/; / s· / , /ż/ > / s· / ); e para o segundo, o enxordecemento que se adoita facer en posición implosiva do b, en palabras como absurdo ou absoluto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra de sílex ou doutro material, froito dun tallado casual que lembra as ferramentas realizadas polo home no Paleolítico. Pode localizarse en terreos do Terciario, feito que permitiu que no s XIX algúns estudiosos a considerasen froito da actividade humana e situasen nese período a orixe da especie. Posteriormente, os traballos de G. d’Ault du Mesnil e Louis Capitan demostraron que se debían a fenómenos naturais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta naturalizada que habita e depende dos campos de cultivo ou doutros ambientes antrópicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa externa do blastoderma dos vertebrados, da que derivan o ectoderma e o mesoderma, que posteriormente darán lugar á epiderme, ao sistema nervioso e aos órganos dos sentidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repregamento cutáneo perpendicular que se estende dende a raíz do nariz á extremidade interna da cella. Cobre o ángulo interno e a carúncula do ollo. Común en determinados grupos humanos, como o dos mongois, pódese presentar como consecuencia de anomalías xenéticas, como na síndrome de Down.
-
PERSOEIRO
Pintor ceramista grego. Realizou vasos de figuras vermellas decorados con escenas de xénero e mitolóxicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estoico grego. Como escravo asistiu ás clases de Mucinio Rufo e expulsado de Roma polo Emperador Domiciano no ano 90, asentouse en Epiro. Transformou o estoicismo nunha doutrina moral que lle dita ao home regras prácticas de conduta, sen pretender a súa fundamentación teórica. A súa teoría dividiuse en física, lóxica e ética, aínda que a ética foi a área máis desenvolvida. Preconizou a liberdade interior e afirmou que o único xeito de consecución da felicidade era a través da confianza absoluta na providencia de orixe divina. O seu ideal era vivir conforme á natureza, polo que afirmou que aquel que fose impasible sería feliz, todopoderoso e perfecto. A súas teorías recolleunas o seu discípulo e historiador, Lucio Flavio Arriano, nos Discursos de Epicteto e no Encheiridion.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de calcio, aluminio e ferro, de fórmula Ca2(Al,Fe)3Si3O12(OH). Cristaliza no sistema monoclínico con cristais alongados e tamén en masas, fibras ou gránulos. A súa dureza é 7 e o seu peso específico 3,3-3,6. A súa cor pode ser verde amarelada, marrón ou negra. O epídoto e a clinozoisita constitúen unha mesma especie, o límite de separación entre eles fixouse na porcentaxe do contido de ferro; ata un 10% é clinozoisita e máis do 10% é epídoto.
-
PERSOEIRO
Bispo de Pavia. Conseguiu reconciliar o rei visigodo Eurico co Emperador Xulio Nepote e deulle asilo a Teodorico, rei dos ostrogodos. É o patrón dos prisioneiros de guerra. Na iconografía leva como atributo unha cadeas rotas. A súa festividade celébrase o 7 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Salamina e doutor da Igrexa. Fundou un mosteiro en Eleuterópolis, que dirixiu durante trinta anos, e no 367 foi elixido para a sé metropolitana de Salamina polos bispos da illa de Chipre. Combateu cos seus escritos a doutrina herética do antropomorfismo defendida por Oríxenes, que se estendera por Exipto e Xudea. Entre as súas obras salientan Ancoratus e Panarion, con citas e escritos perdidos doutros autores. Na iconografía leva vestiduras pontificais, coma os bispos orientais, ou roupas ascéticas, como os ermitáns; como atributo persoal, leva os pés descalzos ou un cadáver ao seu lado. A súa festividade celébrase o 7 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao ser vivo que se desenvolve sobre unha planta. Nos países temperados e fríos, a comunidade epífita componse principalmente por liques, brións e fentos de escaso desenvolvemento, mentres que nos países ecuatoriais e, principalmente nas pluvisilvas, os vexetais epifíticos acadan un desenvolvemento desacostumado, tanto polo gran tamaño que acadan como pola diversidade da súa morfoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da bioxeografía que estudia a xénese e o desenvolvemento das áreas de distribución das especies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corpúsculo intracelular, refrinxente e rico en proteínas e glicoproteínas, que se localiza nas cianobacterias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade do Proterozoico con categoría de eratema (ou era).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Epiprotozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intervención obstétrica que consiste en facer unha incisión na parte lateral da vulva para ampliar o espazo da fendedura vulvar e facilitar así o paso da cabeza do feto no momento do parto. Practícase para evitar unha esgazadura incontrolada do perineo que podería lesionar órganos adxacentes, como o esfínter anal, e tería maior dificultade na cicatrización.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Maxistrado grego encargado de diversos traballos públicos. O epístato dos pritaneos dirixía no s V as sesións das asembleas, bulé (βουλ ή ) e eclesia ( ἐ κκλησία), o das obras públicas ocupábase da supervisión das obras públicas e dos templos e o da academia coidaba dos xardíns.
-
-
Carta ou misiva que se escribe a alguén.
-
Composición, a miúdo en verso e con métricas diversas que, elaborada en forma de carta, trata diversos temas, case sempre filosóficos, morais, satíricos ou relixiosos. Adoita estar dirixida, de maneira formal, a unha ou varias persoas particulares, reais ou imaxinarias. Escribiuse, xeralmente, coa intención de que tivese unha ampla difusión, de aí o seu interese xeral a causa dos temas que trata. A epístola de contido literario cultivouse a partir de Horacio (Epistola ad Pisones). Ademais das do Novo Testamento, destacan as de Cicerón, Petrarca, Garcilaso de la Vega, Luís Vives, Ben Jonson, John Gay, Alexander Pope, Jonathan Swift e Antonio de Guevara.
-
-
Cada unha das vinte e unha cartas atribuídas aos diversos apóstolos que forman parte do Novo Testamento. Clasifícanse en dous grandes grupos: paulinas e católicas. Denomínanse cartas paulinas as catorce epístolas atribuídas a san Paulo (ós romanos, dúas aos corintios, aos gálatas, aos efesios, aos filipenses, aos colosenses, dúas aos tesalonicenses, dúas a Timoteo, a Tito, a Filemón e aos hebreos). A Carta de Santiago (50?) preséntase como escrita polo apóstolo “irmán” do Señor. A Carta de Xudas, de datación discutida (69?), ten como autor o irmán de Santiago. A Primeira Carta de Pedro redactouna Silvano, probablemente antes do ano 67, e a Segunda Carta de Pedro foi escrita, probablemente, por un discípulo do apóstolo. A análise literaria das tres Epístolas de Xoán indica que se trata da obra do autor do cuarto evanxeo, polo que a data da súa redacción debería situarse arredor dos anos noventa.
-
Texto do Novo Testamento (xeralmente dalgunha das Epístolas) que se le na misa ou se canta antes do Evanxeo. OBS: Escríbese sempre en maiúscula.
-
-
Lado dereito do altar dende o punto de vista dos fieis. O seu nome fai referencia ao lugar onde se lía a Epístola durante a celebración da misa, segundo o rito romano anterior ao Concilio Vaticano II.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poema castelán do s XVII atribuído de maneira sucesiva a Francisco de Rioja, Rodrigo Caro e Francisco Medrano, pero que Dámaso Alonso atribúe a Andrés Fernández de Andrada. Escrito en tercetos encadeados, invita a valorar o home como resultado das súas propias obras e a considerar a caducidade dos bens terreais.