episiotomía

episiotomía

(< gr ἐπίσιον ‘pube’ +-tomía)

s f [MED]

Intervención obstétrica que consiste en facer unha incisión na parte lateral da vulva para ampliar o espazo da fendedura vulvar e facilitar así o paso da cabeza do feto no momento do parto. Practícase para evitar unha esgazadura incontrolada do perineo que podería lesionar órganos adxacentes, como o esfínter anal, e tería maior dificultade na cicatrización.

Palabras veciñas

epísemon | episienita | episiloxismo | episiotomía | episódico -ca | episodio | Episodios Nacionales