episodio

episodio

(

  1. s m [LIT/ARTE]

    Acción secundaria nun poema épico ou dramático, novela ou noutra obra artística.

  2. s m

    Cada unha das partes que constitúen o conxunto da emisión dunha serie ou novela de radio ou de televisión.

    Ex: A telenovela ten máis de cen episodios.

    Confrontacións: capítulo.
  3. s m

    Acontecemento que enlaza máis ou menos con outros formando un todo ou conxunto.

    Ex: O episodio do divorcio dos seus pais foi un dos máis transcendentais da súa vida.

  4. s m [ESPECT/LIT]

    Partes dialogada en que se divide a traxedia grega.

  5. s m [MÚS]
    1. Parte de transición da fuga que non é o elemento máis libre. Atópase entre os desenvolvementos dos temas principais.

    2. Fragmento de carácter libre que separa os temas dunha composición musical.